Noticias Web FGA .- Concentración do Sector de Velocidade da FGA

Noticias FGA

Actualidade do Atletismo Galego
Concentración do Sector de Velocidade da FGA

A proposta do responsable do sector de velocidade da Federación Galega de Atletismo José Carlos Tuñas, convócase a un total de corenta atletas a tomar parte na Concentración Técnica que acontecerá os vindeiros dias 3,4 e 5 de Novembro en Lugo.

A Concentración na que se desenvolverán distintos adestramentos, contará ca presenza do campión e plusmarquista de España dos 400 m.l. Oscar Husillos, así como a de distintos ponentes especialistas que dende o seu campo e actuación, darán  un enfoque multidisciplinar da  especialidade nas charlas previstas.

Para tomar parte na mesma compre confirmar a presenza ou ausencia antes das 14.00 horas do 28 de Outubro