Enviado por RIA el Mié, 09/19/2018 - 19:53
Noticias FGA
Campaña de formación de xuíces de atletismo
Como todos os anos o Comité Galego de Xuíces organiza por estas datas cursiños preparatorios para a formación de todos aqueles que desexen ser xuíz de atletismo e tomar parte na ampla cantidade de probas que concurren pola nosa xeografía en cada unha das modalidades.
Para este ano as datas son as seguintes:
Exame de ascenso á categoría de Xuíz Nivel 1 o 24 de novembro ás 17:00 horas no Pazo dos Deportes Paco Paz de Ourense. Ver en Google Maps.
Os interesados poden dirixirse á súa delegación territorial da FGA para solicitar información sobre os cursos de preparación.
O pago da cota de inscrición podese facer a través da plataforma de pago ata o 11 de novembro.