Enviado por RIA el Mar, 10/02/2018 - 15:24
Noticias FGA
Licenzas 2018/2019: Normativa e novidades
Acábase de publicar a normativa de licenzas para a tempada 2017/2018, agardándose un incremento na tramitación das mesmas que continúe ca línea alzista dos últimos anos.
Como principal novidade para este ano, e no cumprimento da nova regulamentación europea de protección de datos de carácter personal, estáblecese a obligatoriedade do asinado do consentimento do tratado de datos, requisito sin o cal non se poderá tramitar ningún tipo de licenza.
Outra das novidades importantes e da que xa vimos informando, corresponde a caducidade das licenzas que pasarán a ter unha cobertura de 14 meses (ata o 31 de decembro 2019). Con esta medida preténdese adaptar a vixencia das mesmas ó ano natural que se fará plenamente no ano 2020.
Por último a equiparación das cuotas dos atletas individuais a do resto de federados constitúe outro apartado novedoso para esta nova campaña.