Noticias Web FGA .- Equipos clasificados para a XV Copa de Clubs

Noticias FGA

Equipos clasificados para a XV Copa de Clubs

Xa temos a relación provisional de clubs que tanto por clasificación directa como por estadillo están chamados a tomar parte na XV Copa de Galicia de Clubs en Pista Cuberta que acollerá Ourense o vindeiro día 13 de xaneiro.
Serán un total de 8 entidades tanto femininas como masculinas as que tomarán parte nesta cita, das cales as catro primeiras clasificadas do pasado Campionato de Galicia de Clubs ó aire libre están seleccionadas de maneira directa. O resto de formacións foron escollidas de entre os que mellor puntuación obtiveron mediante estadillo de marcas da tempada 2017/2018 así como da tempada actual ata o 30 de decembro de 2018 (malia que os seus atletas ano 2018 pertenceran a outro club).
Tanto o Atletismo Feminino Celta en mulleres como a Sociedad Gimnástica de Pontevedra en homes aspiran a revalidar o título do ano pasado acadado nestas mesmas instalacións.
Establécese un prazo de reclamacións ata as 14:00 horas do día 6 de xaneiro
Relación de clubs femininos: Atletismo Femenino Celta, Ría Ferrol, Sociedad Gimnástica de Pontevedra, Asociación Deportiva Atlética do Sil (ADAS), Atlética Lucense, Lucus Caixa Rural Galega, Riazor Coruña e C.A. Santiago (pedentes de posibles reclamacións)
Relación clubs masculinos: Real Club Atletismo Celta, Sociedad Gimnástica de Pontevedra, C.A. Santiago, C.A. Narón, Lucus Caixa Rural Galega, Atlética Lucense, Ourense Atletismo e A.Viguesa de Atletismo (pedentes de posibles reclamacións)