Mensaje de error

Deprecated function: The each() function is deprecated. This message will be suppressed on further calls en menu_set_active_trail() (línea 2386 de /homepages/34/d469596304/htdocs/drupal/includes/menu.inc).

O "Club Atletismo Ría Ferrol" foi premiado na Gala Centenario da Federación Galega de Atletismo.

"Gala Centenario da Federación Galega de Atletismo"

Auditorio Municipal de Lalín

Venres 17 de Decembro de 2021

Na noite de onte celebrouse a "Gala Centenario da Federación Galega de Atletismo" onde se recoñeceu a traxectoria de atletas, entrenadores, clubes, xuíces, entidades, medios de comunicación e institucións que fixeron e fan posible que o atletismo galego siga medrando ano a ano. 

É un orgullo contarvos que a labor que facemos dende o "Club Atletismo Ría Ferrol" foi recoñecida durante a gala. O noso vicepresidente, Manel Castro, recolleu o premio a unha traxectoria deportiva de máis de 30 anos. Non podemos facer outra cousa que non sexa agradecer todo o apoio mostrado durante todo este tempo a todas aquelas persoas, institucións e patrocinadores que nalgún momento da nosa vida deportiva formaron parte de esta entidade, a quenes seguen loitando por detrás para que sigamos medrando máis e máis, e por suposto, a todos e todas que actualmente manteñen lazos coa nosa entidade. Adestradores, atletas, pais e nais, gracias por facer posible que onte puidesemos estar recollendo este premio e oxalá podamos seguir celebrando recoñecementos xuntos 30 anos máis.

Así de contento recibía o premio o noso vicepresidente, e así estamos todos hoxe. ¡Gracias, unha vez máis, a todos e todas!