Mensaje de error

Deprecated function: The each() function is deprecated. This message will be suppressed on further calls en menu_set_active_trail() (línea 2386 de /homepages/34/d469596304/htdocs/drupal/includes/menu.inc).

Fin de semana repleto de competicións

"Pruebas de Control FNA Pista Cubierta"

Módulo Zizur Mayor (Navarra)

Venres 7 de xaneiro de 2022

A nosa atleta  Yaiza Sanz Calvo compite mañá día 7 de xaneiro nas probas de lonxitude e 60ml no módulo Zizur Mayor de Navarra.

 

"III Control Pista Cuberta S.G.Pontevedra - C.A.Sada"

Pista Cuberta de Atletismo, Ourense

Sábado 8 de xaneiro de 2022

O sábado celebrase o "III Control de Pista Cuberta" en Ourense onde estarán dúas das nosas balas vermellas. Nas probas de 60 metros valos e 200 metros lisos contaremos coa presenza de Antía Rodríguez Queimaño e, na proba de peso de 4kg estará Xiana Lago Andrade.

 

"I Control Autonómico Absoluto y Máster de Carreras"

Salamanca

Sábado 8 de xaneiro de 2022

Na tarde do sábado teremos presenza de tres atletas do noso clube en Salamanca. Por un lado, Inés Celorio Talía Pérez tomarán a saída na proda de 60 e 200 ml e, por outro lado, Ana Camino Lacarte correrá os 400 ml.

 

"Control Absolut en Pista Coberta"

Sabadell

Sábado 8 de xaneiro de 2022

En Sabadell contaremos coa presenza de Laura Alonso da Costa na proba dos 400 metros lisos e  de Elena Llobera  na proba de lonxitude.

 

"LXXVIII Cross Internacional Juan Muguerza"

Elgoibar

Domingo 9 de xaneiro de 2022

O domigon pola mañá disputaráse o "LXXVIII Cros Internacional Juan Muguerza" en Elgoibar, ata onde se desplazarán 7 atletas do noso clube. Por un lado, as 10:20h correrá na categoría cadete femenino Aroa Amado sobre unha distancia de 2452m. Por outra banda, as 10:50h correrán as atletas xuvenís Carolina Santos  e Carmen Carrera unha distancia de 3449m. E, por último, as 11:10h tomarán saída Ricardo Negrete, Joel Novoa, Diego Sánchez e Marcos Pérez sobre unha distancia de 5535m.

 

"Control Absolut en Pista Coberta"

Sabadell

Domingo 9 de xaneiro de 2022

Na tarde do domingo teremos a presenza nas pistas de Sabadell de Ona Alonso Camps na proba dos 800 metros listos.

 

¡Moitísima sorte a todos e todas!