Boas noticias as que nos chegan dende Mataró, localidade catalana que celebrou onte un control absoluto onde a nosa atleta Marta Pla Botella conseguiu o billete directo para o campionato de españa absoluto na proba de 800 metros lisos ao parar o crono en 2:07.00, o que significa unha nova marca persoal para ela.
Así mesmo, Elena Llobera Miró volve a superar unha vez máis a franxa dos 6 metros na proba de lonxitude ao saltar 6.13m, moi preto da súa marca persoal.
¡Noráboa chicas!