Mensaje de error

Deprecated function: The each() function is deprecated. This message will be suppressed on further calls en menu_set_active_trail() (línea 2386 de /homepages/34/d469596304/htdocs/drupal/includes/menu.inc).

Boa actuación dos nosos atletas a fin de semana pasada

As competicións da semana pasada para as nosas atletas esta vez comezaban o mércores coa disputa dunha emotiva xornada atlética en Vigo ao celebrarse o “XIV Trofeo Alfonso Posada” onde Lia Caride competiu na proba de 100 ml obtendo a 3ª posición da súa serie cun tempo de 13’’50 e na proba de 400ml conseguiu a 4ª posición cunha marca de 1:02.54. Por outra banda, Lucía Sicre participou nos 800ml quedando en 3ª posición cun tempo de 2:22.22. Nos 1500 ml estivo presente Carmen Carrera que acabou en 5ª posición cun rexistro de 4:53.52 e na proba de lanzamento de xavelina (600g) Karolina Puchmertlova rematou en 3ª posición cun lanzamento de 34.49m.

E, o xoves, en Pontevedra tivo lugar o “Trofeo Cidade de Pontevedra” onde Lia Caride volveu a competir nos 100 ml quedando en 10ª posición cun tempo de 13’’84 mentres que a súa compañeira Lucía Sicre acabou en 6ª posición con 13’’50. Nos 400ml, Lia rematou en 3ª posición cun tempo de 1:02.69 e Lucía en 2ª posición cunha marca de 1:00.45. E, por último, nos 1500ml Irene Barreiro acabou en 1ª posición cun tempo de 4:44.40 mentres que Carolina Santos rematou en 2ª posición cunha marca de 4:47.82, o que supón nova marca persoal e mínima para o campionato nacional sub18.

Por outra parte, o venres tivo lugar o II Trofeo Nacional de Atletismo “Nocturna de Gandía” onde Celia Muñoz conseguiu a 3ª posición na final dos 100ml cun tempo de 12’’30 e Marta Pla acabou en 3ª posición dos 400ml cun rexistro de 57’’98.

E xa na xornada atlética do sábado disputouse a 7ª Xornada da XII Copa Deputación de Lugo onde Aldara Ruiz conseguiu o 12º posto na proba de 600ml cun tempo de 1:58.95 e Adrián Rivadulla fíxose coa victoria cunha marca de 2:00.46.

Por outra parte, Los Corrales de Buelna acolleu o seu Gran Premio onde participou a nosa saltadora Rocío Díaz conseguindo a victoria na proba de salto de altura cunha marca de 1.50m, mentres que en Oviedo celebrouse a 3ª Jornada Campeonato de Asturias sub20, sub23 e Master onde na proba de martillo 4kg competiu Lucía Majo obtendo a 3ª posición cunha marcha de 31.73m.

Ademáis, en Salamanca tivo lugar o Trofeo Ciudad de Salamanca onde Paula González obtivo a 5ª posición na final dos 100 metros valos cun tempo de 14’’02, mentres que Lia Caride participou nos 400 metros valos realizando unha marca de 1:09.00. Talia Pérez conseguiu a 6ª posición nos 200ml cunha marca de 24’’50 mentres que nos 100ml quedou en 10ª posición cun tempo de 11’’98.

E, por último, na xornada vespertina disputouse o Campeonato de España de Federaciones Autonómicas sub18 onde participaron tres atletas do clube defendendo a elástica galega. Ricardo Negrete acadou a 6ª posición nos 1500ml cun tempo de 4:04.68, Laura rico finalizou en 5ª posición en lanzamento de xavelina cunha marca de 36.02m e Alicia Barreiro formou parte do relevo 4x400m mixto que finalizou en 5ª posición cun rexistro de 3:40.61.

O domingo a localidade catalana de Tarragona acolleu o “Campionat de Catalunya Absolut” no cal competiron atletas do noso clube. Ona Alonso competiu nos 800 ml conseguindo a 6ª posición cun rexistro de 2:16.81. En 5000ml participou fora de concurso a fondista Marina Bagur Olives, acadando a 5ª posición cun tempo de 16:44.57. E na proba de lonxitude Elena Llobera proclamouse campioa catalana absoluta cunha mellor salto de 5.89m.

Por outra banda, en Lugo tivo lugar o Campionato Xunta de Galicia Sub10-sub12-sub14 en Pista ao Aire Libre, onde estivo presente a nosa canteira.

En categoría sub 10 Marcos Mauriz acabou en 11ª posición nos 500ml cunha marca de 1:46.27 mentres que o seu compañeiro Lucas Jiménez finalizou  en 14ª posición na proba de salto de altura cunha marca de 0.99m e en 8ª posición na proba de peso cun lanzamento de 7.38m.

En categoría sub12, nos 500ml Noa Seoane acabou en 3ª posición cun tempo de 1:31.73, mentes que Alicia Jove finalizou en 4ª posición con 1:33.75. Na proba de lonxitude Alicia rematou en 14ª posición cun salto de 3.15m e en 60ml Noa acabou en 2ª posición cun tempo de 8.95s. Na proba de 1000ml Lara Fernández conseguiu o triunfo cunha marca de 3:23.91. E, por último, o relevo 4x60m formado por Alicia Jove, Noa Seoane, Lara Fernández e Claudia Garrido finalizou en 3ª posición cun tempo de 36.25s.

E, en categoría masculina, Hugo Veiguela fianlizou en 12ª posición cun rexistro de 1:34.84.

En categoría sub14, Irma Veiguela rematou en 3ª posición na proba de 150ml cun tempo de 20.43s e en 2ª posición nos 500ml cun tempo de 1:20.98. En lanzamento de xavelina estivo presente Olga Sánchez que rematou en 10ª posición cunha marca de 18.63m. En salto de altura Daniela Calvo finalizou en 5ª posición cun salto de 1.35m, mentres que Adriana Castiñeira conseguiu a 7ª posición cun salto de 1.32m. Asimismo, Adriana comeptiu en 80 metros valos acadando a 5ª posición cun tempo de 16s.

E, en categoría masculina, Bruno Castro acabou en 5ª posición nos 80ml cun tempo de 11.28s e en 4ª posición nos 80 metros valos cunha marca de 15.56s.

Ademáis, ao longo desta fin de semana disputouse o Campeonato Absoluto de Madrid onde Diana Jiménez acabou en 3ª posición no salto con pértega cunha marca de 3.91m, facendo así unha nova marca persoal. Asimismo, Iris de Castro conseguiu o subcampionato cun lanzamento de 40.42m na proba de lanzamento de disco.

¡Noráboa a tod@s!