Mensaje de error

Deprecated function: The each() function is deprecated. This message will be suppressed on further calls en menu_set_active_trail() (línea 2386 de /homepages/34/d469596304/htdocs/drupal/includes/menu.inc).

Intensa fin de semana e bos resultados para as nosas atletas.

                                                                   

O sábado 28 de xaneiro celebrouse a "XIII Copa Deputación de Lugo- 2ª Xornada". O resultados das nosas atletas foron os seguintes:

  • Lucía Blanco Méndez 9"26 nos 60 mv.
  • Diaou Diallo Chao 11,86 m en triple salto.
  • Erika Martínez Tilve 37,82 m en lanzamento de martelo 4 kg.
  • Adriana Suárez López 29,29 m en lanzamento de martelo 3 kg.
  • Marta Gómez Pico 24,17 m en lanzamento de martelo 3 kg.

 

 

   

A localidade de Jumilla (Murcia) foi a sede do "Campeonato Regional de Marcha en Ruta 2023", celebrada o sábado 28 de xaneiro e onde a nosa atleta Iria Rivas Iglesias cruzou a liña de meta no posto 13, acadando un rexistro de 53'16".

 

 

               

A atleta Rocío Díaz Granda competiu por partida doble esta fin de semana. Na mañá do sábado 28 de xaneiro competiu no "XXIX Campeonato de Cantabria Absoluto de Invierno" na localidade de Santander e onde acadou un salto de 1,60 m na proba de altura.

Na tarde do mesmo día viaxou ata a cidade de Oviedo para tomar parte no "Campeonato de Asturias Master y de Combinadas y Control P.C.", onde logrou un salto de de 1,61 m na proba de altura.

 

 

 

Na tarde do sábado, a localidade catalá de Sabadell foi a sede do "Míting Internacional de Catalunya en Pista Coberta". A nosa atleta Marta Pla Botella parou o cronómetro nun tempo de 2'10"18 na proba dos 800 ml.

 

 

 

                                        

A pista cuberta de Gallur foi a sede do "Campeonato de Madrid Absoluto PC" e onde na tarde do sábado, a nosa atleta Diana Jiménez Díaz logrou o a medalla de ouro na proba de pértiga cun salto de 3,66 m.

 

 

 

 

Boas noticas as que nos chegan dende Pombal, localidade do país veciño que celebrou onte os "Campeonatos Nacionais de Clubes em Pista Coberta - Apuramento" e onde a nosa atleta Elena Llobera Miró conseguiu o billete directo para o Campeonato de España Absoluto de Pista Cuberta na proba de lonxitude, ó acadar un salto de 5,98 m.

 

 

Na mañá de hoxe, tivo lugar na localidade vizcaína de Ortuella o "Campeonato de España de Campo a Través Individual y Federaciones". O duro circuito de "Las Balsas" foi o escenario deste campeonato, onde catro atletas do noso club competiron representando as súas respectivas Federacións. Os resultados foron os seguintes:

Categoría Absoluto Femenino

Marina Bagur Olives 31ª clasificada.

Ana Carvajal Herrera 66ª clasificada.

Sofía Fernández Castro 72ª clasificada.

 

Categoría Sub20 Femenino

Carolina Santos Villalón 60ª clasificada.

 

 

¡Parabéns a todas!