Mensaje de error

Deprecated function: The each() function is deprecated. This message will be suppressed on further calls en menu_set_active_trail() (línea 2386 de /homepages/34/d469596304/htdocs/drupal/includes/menu.inc).

Exitoso sábado con varias mínimas e medallas d@s nos@s atletas.

 

                                                              

No día de onte, a pista cuberta de Expourense foi o escenario do "XVI Campionato Xunta de Galicia Sub10-Sub12-Sub14 en Pista Cuberta".

O atleta Hugo Veiguela Tizón, da categoría Sub12, participou nas probas de 60 ml, onde acadou un rexistro de 9"59 e nos 500 ml na que finalizou 2º na súa serie cunha marca de 1'35"55.

Boa experiencia para Hugo na súa primeira competición en pista cuberta.

 

 

    

Na solleira mañá do sábado tivo lugar na pista do CGTD en Pontevedra o "Control FGA AL".

As nosas balas vermellas competiron de forma excepcional e acadaron varias mínimas para os diversos Campeonatos de España de Pista Cuberta. Os seus resultados foron os seguintes:

Adrian Rivadulla Alonso logrou unha marca de 1'56"71 nos 800 ml, marca mínima para participar no Campeonato de España de Pista Cuberta na categoría Sub18.

Alicia Barreiro López participou nos 400 ml logrando unha marca de 58"25, marca mínima para participar no Campeonato de España de Pista Cuberta na categoría Sub18.

Irma Veiguela Tizón acadou un rexistro de 1'38"45 nos 600 ml, marca mínima para participar no Campeonato de España de Pista Cuberta na categoría Sub16.

Inés Oitaven Pascual, rexistrou unha marca de 59"25 na proba de 400 ml.

Daniela Alonso Dos Santos competiu nos 300 ml rematando cun rexistro de 48"52.

Ararat Pazos Meixus acadou unha marca de 6'05"67 nos 1500 ml.

 

 

                               

Na tarde de onte, a pista do CGTD en Pontevedra albergou a celebración do "Campionato de Galicia de Inverno Absoluto e Sub23 de Lanzamentos Longos".

A nosa atleta Adriana Reguera González competiu na proba de lanzamento de martelo, finalizando no 6º posto da clasificación absoluta e colgándose a medalla de bronce na categoría Sub23, cun lanzamento de 41,83 m.

 

 

                 

 

Agora viaxaremos ata as Illas Baleares, onde no día de onte tivo lugar o "Campeonato de Baleares Absoluto Individual PI 2023" celebrado na pista de atletismo de Calviá.

A representación do noso club estivo a cargo da atleta Marina Bagur Olives, que competiu nos 3000 ml parando o crono nun tempo de 10'23"62 e que lle permitiu subir o tercer caixon no podio deste campeonato.

 

 

                                       

O Velódromo Luis Puig, na cidade de Valencia, foi o escenario no día de onte do "Campeonato Autonómico Absoluto PC".

O noso Club estivo representado por partida dobre, a atleta Celia Muñoz de Morales Castro acadou un rexistro de 7"91 nos 60 ml e de 26"17 nos 200 ml.

Asimesmo, a atleta Ana Carvajal Herrera competiu na proba dos 1500 ml na que logrou a medalla de bronce cunha marca de 4'43"29.

 

 

Nesta ocasión viaxamos ata terras asturianas onde no día de onte, disputouse o "Control de P.C".

Competiron as atletas Diana Jimenez Guerrero na proba de pértiga e na que acadou un salto de 3,65 m e Rocío Díaz Granda na proba de altura, logrando un rexistro de 1,60 m.

 

¡Parabéns a tod@s!