Esta fin de semana celebrouse, no Centro Deportivo Municipal Gallur de Madrid, o "LIX Campeonato de España en Pista Cuberta".
A nosa atleta Elena Llobera competiu na proba de lonxitude, pulverizando a súa MMP cun salto de 6,14 m e acadando un excelente 4º posto.
Nos 800 ml Marta Pla logrou a 5ª posición na súa serie cun rexistro de 2'13"11.
Xa na nosa terra, na tarde de onte tivo lugar o "XLVI Campionato Xunta de Galicia Sub20 en Pista Cuberta" na pista de Expourense e onde as nosas atletas acadaron uns estupendos resultados con catro medallas de ouro.
Carolina Santos competiu nos 800 m finalizando na 1ª posición cun rexistro de 2'18"90. Tamén nos 800 ml, a nosa atleta Isabel Rodríguez finalizou na 7ª posición cunha marca de 2'39"66 o que supón MMP.
No triplo salto, Diaou Diallo gañou a medalla de ouro cun salto de 12,54 m.
Pola súa banda, Lucía Blanco, acadou un rexistro de 9"43 nos 60 mv o que permitiulle subir ó máis alto do podio.
Como colofón a esta excelente xornada, a nosa atleta Xiana Lago, colgouse a medalla de ouro na proba de peso cun lanzamento de 13,23 m.
Hoxe pola maña, a pista de Expourense acolleu o "Control FGA Pista Cuberta". A atleta Daniela Alonso competiu nos 300 ml acadando unha marca de 49"86.
¡¡Parabéns rapazas!!