No día de hoxe, a pista Universitaria de Elviña na Coruña, volveu ser o escenario dun Campionato Galego, nesta ocasión disputouse o Campionato Xunta de Galicia Sub 16 de aire libre.
As nosas "Balas Rojas" fixeron unha gran competición, acadando os seguintes resultados:
Marta Gómez logrou a 7ª posición na proba de martelo, cun lanzamento de 30,35 m.
Adriana Suárez acadou a 8ª posición na proba de martelo cun mellor lanzamento de 29,02 m.
Desiree Manso acadou a 7ª posición nos 300 m, cun rexistro de 44"99.
Irma Veiguela proclamouse campiona galega na proba de 600 m, cun rexistro de 1'35"62 (MMP) e logrando a mínima para participar no Campionato de España.
Daniela Alonso rematou na 5ª posición da final B dos 600 m, cunha marca de 1'58"10.
¡¡Parabéns rapazas!!