Noticias FGA

Noticias Web FGA .- Comezou a Liga con resultados dispares para os equipos galegos

Noticias FGA

Comezou a Liga con resultados dispares para os equipos galegos

A Liga nacional tanto da División de Honra como da Primeira división, daría comezo nesta fin de semana con resultados dispares para os nosos representantes
Na máxima categoría tanto RIA Ferrol en mulleres como Sociedad Gimnástica de Pontevedra en homes principiarían as súas fases ca mente posta en conservar a categoría nunha liga cada vez máis competitiva.
En canto a resultados o RIA non puido evitar ocupar a cuarta posición no seu complicado cadrangular que se desenvolvería en Zaragozana e que malia os varios trunfos parciais e as excelentes actuacións das galegas Paula Ferreiros 2ª nos 400 m. e Lucía Sicre 3ª nos 800 m. acabarían sumando un total de 130,5 p. sendo superadas por Playas de Castellon, Simply Scorpio-71 e Unicaja Atletismo. As departamentais ocupan a 13ª posición da xeral
A preto de 325 km. os homes da Gimnástica enfrontábanse en Getafe a un non menos complicado encontro cuxo obxectivo a priori estaba posto en evitar o último lugar. Para elo os pontevedreses batiríanse co Unicaja acadando a terceira posición con 15 puntos de diferenzan sobre os xienenses que lles achega ata a 12ª posición da clasificación xeral con 150 puntos. Por parte dos galegos destacarían Manuel Hurtado e Santi Ferrer  3º nos 3000 m. e na Pértega, así como as segundas posicións de Anxo Blanco e Victor en triplo e peso.
Xa na primeira división masculina e no encontro disputado en Vigo entre o Celta e o Narón os locais completarían un excelente cadrangular cedendo tan só ante o Atlético Salamanca. Os celestes lograrían  impoñerse en sete probas que os leva ata unha fantástica 6º posición da clasificación xeral cun total de 182 puntos e con moi boas sensacións para o seguinte encontro. O Narón como era de agardar no seu regreso, faría un moi serio encontro malia que tería que ceder ante uns riváis superiores. Con todo elo,  a súa puntuación de 138,5 danlle a 14ºposición
Os trunfos celestes corresponderían para Luis del Río nos 800 m, Gonzalo Basconcelo nos 1500 m. e nos obstáculos, El Mehdi El Nabaoui nos 3000 m., Miguel Cajaraville en pértega, Nacho Fernández en martelo, Jose Fernández na marcha, sendo as victorias por parte dos naroneses para David de la Fuente nos 400 m., Santiago Luis Coba en lonxitude e triple e Francisco Javier Michenel en xavelina,
Pola súa banda non menos interesante sería o encontro feminino disputado no CGTD  de Pontevedra ca presenza do equipo da Gimnástica como local e o A. Femenino Celta quenes compitirían xunto o CEAT Tenerife e o Piálagos que sería finalmente o gañador deste encontro. Por parte dos equipo galegos, as viguesas ocuparían unha formidable segunda posición que as leva ata o 5º lugar da xeral con 197,5 puntos e confirmando -ó igual que os homes- as súas serias opcións á loita polo ascenso á División de Honra. Pola súa banda as pontevedresas cumplirían o seu obxectivo de ser terceiras neste encontro diante das tiñerfeñas o que lles permite sumar 145 puntos e ocupar a 12ª posición da clasificación xeral.
Destacarían polo Celta os trunfos de Bea Viteri en pértega, Olaia Guisela en lonxitude, Marta Fernández nos 400 m.v., Alice Marie Genevieve nos 800 m. e nos 3000 Obst., Enma Valencia en 100 m.v. e da velocista Nedian Nori Vargas nos 100 e nos 200 m. Lucía Seijas en altura e  Andrea González en xavelina sumarían trunfos para as gimnásticas.

Noticias Web FGA .- Comeza a liga de clubs para os equipos galegos

Noticias FGA

Comeza a liga de clubs para os equipos galegos

Logo da disputa o pasado fin de semana do Campionato de Galicia de Clubs na que as distintas formacións porían a punto a súa maquinaria atlética, arrinca o verdadeiro test co comezo do Campionao de España da mesma modalidade tanto na División de Honra como na Primeira División.
Con aspiracións e metas distintas, seis equipos galegos tomarán parte nesta importante cita nacional na que a Sociedad Gimástica de Pontevedra (en Honra masculina e Primeira feminina), RÍA Ferrol – CCA, Real Club Celta, Atletismo Femenino Celta e Atletismo Narón serán os nosos representantes.
Na División de Honra un ano máis teremos o RÍA Ferrol – CCA nas mulleres e Sociedad Gimnástica de Pontevedra nos homes cuxas aspiracións a priori, deben partir por apuntalar a súa permanencia un ano máis na máxima categoría. Neste primeiro encontro moi complicado para os pontevedreses, terán que desprazarse ata Madrid para enfrontarse ós locais do Moratalaz, e que xunto o Fent Cami Mislata e o Unicaja integran este primeiro grupo que xa superarían ós galegos na clasificación xeral ligueira do ano pasado.
Pola súa banda as ferrolanas compitirán en Zaragoza nun encontro igual de complicado onde se medirán a tres potentes equipos, dous dos cales tomarían parte na fase de loita polo título de liga, o Playas de Castellón (que remataría terceiro) e o Simply – Scorpio 71 (sétimo clasificado). O obxectivo pasa por intentar vencer ó Unicaja e acadar dous puntos neste primeiro encontro.
Xa na Primeira División masculina, Balaídos será sede dun cuadrangular no que o Real Club Celta enfrontarase ó Atlético Salamanca, o Perciana – Extremadura e o Club de Atletismo Narón que volta a primeira división. A priori os salmantinos descendidos de honra o ano pasado e os extremeños que disputarían a fase de ascenso, parten como favoritos máis os vigueses terán moito que decir logo da inxección de moral de ter acadado o título autonómico. Pola súa banda o Narón loitará pola suma dalgún punto que lle permita evitar a última praza neste duro encontro para os “azulóns”.
Na categoría feminina outro duelo será o que manteñan os equipos galegos da S.G.Pontevedra e doA.F Celta que xunto ó Piélagos e o CEA Tenerife medirán as súas forzas nas pistas do CGTD de Pontevedra. O Piélagos, recén descendido na División de Honra, parte como favorito sendo os tinerfeños, a priori, os riváis máis accesibles para que tanto Celta como Gimnástica sumen puntos.

Noticias Web FGA .- Reestruturación interna das funcións do equipo da F.G.A.

Noticias FGA

Reestruturación interna das funcións do equipo da F.G.A.

O presidente da FGA, Isidoro Hornillos, nomeu a Carlos Castro Secretario Xeral da FGA, cargo que ostentaba Dolores Rojas, que asumirá dende hoxe a Dirección da Xerencia. Estos trocos propiciarán unha reestructuración das funcións do persoal federativo.
Carlos Castro, atleta especialista nos 400 metros (47.92), licenciado en Educación Física (Universidade da Coruña) e Diplomado en Maxisterio na mesma especialidade (Universidade Europea de Madrid), deixa o cargo que ocupaba durante os últimos anos na Dirección do Departamento de Carreiras Galegas en Ruta, baixo cuxo periodo produciríase un notable medre do volume de probas federadas.
Dolores Rojas, licenciada en Psicoloxía (Universidade de A Coruña), Máster en Dirección e Xestión de Entidades Deportivas (Universidade de Vigo), posúe unha ampla experiencia na xestión federativa, tendo asumido a presidencia do Comité Galego de Xuíces e a Secretaría Xeral da FGA. Ex atleta, tamén de velocidade, forma parte na actualidade do Panel de Marcha da Asociación Internacional de Federacións de Atletismo (IAAF). Entre as súas actuacións como xuíz, salienta a participación en diversos Xogos Olímpicos, Mundiais e Campionatos de Europa, sendo unha das máximas responsables da organización do G.P. Internacional Cantones de Marcha Atlética de A Coruña.
O presidente da FGA agradece o esforzo feito por parte de Dolores Rojas e Carlos Castro, nas súas anteriores competencias, desexándolles éxitos nas novas funcións.

Noticias Web FGA .- Destaco papel dos universitarios galegos no seu nacional

Noticias FGA

Destaco papel dos universitarios galegos no seu nacional

Andujar daría collida esta fin de semana o Campionao de España Universitario, cita a que acudiron un bo número de atletas galegos en representación de varias universidades.
A nivel xeral colleitarían un total de setemedallas nas que destacan os títulos de Okutu e Leticia Gil en Lonxitude con 7.56 m. e 5.82 m. así como a de Frank Casañas en Disco con 55.13 m.
Por Universidades e actuacións, os resultados quedaron así:
Universidade de Vigo
  • Jean Marie Okutu, campión de España Universitario en lonxitude con 7.56 m.
  • Leticia Fernández, medalla de prata nos 1500 m. con 4:24.04
  • Sergio Paredes, 4º no martelo con 52.51 m.
  • Miguel Cajaraville,  4º en pértega con 4.50 m.
  • Marta Fernández,  7ª nos 400 valados con 1:05.11
  • David Abalde (3º/1ªsemf.) dos 400 m. con 49.60
Universidade da Coruña
  • Antía Martínez, medalla de prata nos 100 m.v. con 15.10
  • Anxo Blanco, 4º en triple con 14.93
  • Javi Cancela, 7º nos 100 m. con 11.02
  • Paula Iglesias, 8ª nos 400 m. con 58.10
Universidade de Santiago
  • Fernando Vales medalla de bronce nos 800 m. con 1:51.46
  • Javi García, 6º con 10.97 en 100 m. e 8º nos 200 m. con 22.58
  • Xiana González, 6ª nos 200 m. con 26.70
  • Iago Núñez, 7º nos 110 m.v. con 15.27
  • Miriam Otero, 8ª nos 200 m. con 27.18
  • Alexander Barreiro, 9º en Triple con 14.20 m.
  • Luis del Rio (6º/1ª smf) dos 800 m. con 1:54.14
  • Santiago Rozas (4º/2ª Smf.) dos 110 m.v. con 15.89
Outras universidades con presencia galega
  • Leticia Gil Pérez (Complutense de Madrid), Campiona de España en lonxitude con 5.82 m.
  • Frank Yennifer Casañas (U. Católica de San Antonio) Campión de España en disco con 55.13 m.
  • Carlos Revuelta (UNED), medalla de bronce en martelo con 61.28 m.
  • Marcos Cintrón (UNED), 5º en 10.000 marcha con 47:41.16

 

Noticias Web FGA .- Cor celeste no Campionato Galego de Clubs

Noticias FGA

Cor celeste no Campionato Galego de Clubs

Balaídos vibraría esta fin de semana ca disputa do XX Campionato de Galicia de Clubs que xuntaría ós mellores equipos galegos na procura do primeiro título importante por clubs do aire libre nun campionato de dez no organizativo e no deportivo.
Tanto o RÍA Ferrol como a Sociedad Gimnástica de Pontevedra, que defendían o título acadado o ano pasado nas pistas ferrolanas da Malata, veríanse superados por un Celta moi motivado neste primeiro ensaio xeral de cara a ese inminente comezo do Campionato Nacional de Clubs que dará comezo a vindeira fin de semana.
As dez e trinta minutos comezaba esta vixésima edición na que por sectores, o Club Atletismo Santiago amosaba as súas intencións grazas o triunfo de Javi Cancela nos 100 m. que sería contestado polos primeiros postos tanto de Adrían López do A. Narón dos 200 m. como de Pedro Juncal do Real Club Celta nos 400 m.
No medio fondo e fondo reparto de puntos entre os dous aspirantes con victorias para Carlos Porto da Gimnástica nos 1.500 m. e de Gonzalo Basconcelo do Celta nos 3.000 m. Elían Nuna pola súa banda, lograría un dos dous triunfos individuais para o Narón impoñéndose  nos 800 m. e correspondendo o outra victoria para unha das agradables sorpresas da tempada, Demba Sanyang nos 400 m.v.
Nos 110 valados Miguel Pérez do LUCUS Caixa Rural domiñaría a proba na que partía como favorito ó igual que Alejo Ares do ADAS nos obstáculos.
Nos sector dos concursos de lanzamentos, incontestable hexemonía pontevedresa grazas ás victorias de Manuel Vila en xavelina, Francisco Javier Guzmán en disco e Víctor Gallego en peso. Tan só o celeste Nacho Rodríguez sería quen de impoñerse no concurso de martelo. Máis repartido estaría os saltos con triunfos da Gimnástica de David e Santi Ferrer na lonxitude e pértega. Alberto Elena do Celta en triplo, e Xavier Esteban do LUCUS en altura imporíanse no resto de probas deste sector. Xa nos relevos dominio da Gimnástica e do A.Naron no curto e longo.
Na marcha, os santigueses acadarían a súa segunda victoria grazas a Roberto Vieiro quen sumaría uns moi bos nove puntos que xunto ó resto de actuacións, faría que os santiagueses acadaran un podio histórico nestos campionatos cun total de 115 puntos. No máis alto de ese podio, un ano máis, estarían os atletas do Real Club Celta cunha puntuación total de 137,5 p. rebasando ós da Gimnástica (segundos) por seis puntos e medio.
O Ría cedería ante o ímpetu das locais
Si en homes o triunfo sería moi laborioso non menos o sería na categoría feminina na que as celestes sumarían o seu terceiro título por clubs desbancando da segunda posición do “ránking” ás compostelanas do CUA de Santiago quenes con tres (o último acadado no ano 2002) lideraban o segundo lugar.
Nesta categoría os triunfos estarían máis concentrados entre as dúas aspirantes ó título. Así a velocidade contaría ca importante aportación da celeste Nediam Vargas que gañaría os 100 m.l.  contribuindo ó triunfo do relevo curto cun excepcioal rexistro de 47.57. Xunto a venezolana, importante victoria de Andrea Pais tamén nos 400 m.l. sendo Paula Ferreiros pola súa contra do RÍA, a gañadora nos 200 m.
No medio fondo e fondo reparto de primeiros postos con Lucía Sicre do RÍA dominando claramente nos 800 m., ó igual que farían Sandra Mosquera do ADAS nos 1500 m. e Celia Pérez do A.F. Celta nos 3000 m.
A local Enma Valencia daría uns puntos valiosísimos para as aspiracións do seu club na proba dos 100 m.v., contestando de contado o RÍA co triunfo de Lía Caride nos 400 valados. Alice Marie Genevieve nos 3000 m. Obstáculos, Iria Rivas en Marcha, Olaia Guisela Becerril na lonxitude, Eva Quimaño en altura,  Bea Viteri en pértega, e a victoria no 4×400 serían argumentos moi contundentes para apuntalar a victoria celeste con 152 puntos totais. Capítulo aparte merece Irene Gómez quen lograría un magnífico rexistro de 53.18 m. en martelo que serviríalle para estrear victoria nesta competición a nivel individual e para acadar o récord galego sub-18, sub-20 e sub- 23 do concurso.
Por parte do Ría pouco poideron facer os triunfos tanto de Tania Valverde en triplo como a das ovetenses Gloria García e Aldara Alvárez en peso e disco para contrastar o dominio local,  que acabaría relegándoas ó subcampionato nesta edición cunha puntuación total de 141,5 p. O terceiro lugar sería para a Gimnástica con 114,5 p. e co único triunfo individual de Andrea González na xavelina
Logo das últimas probas a ledicia, os cánticos e as celebracións na ría de obstáculos marcarían o remate dunha xornada moi intensa, na que competitiviade, deportividade e compañeirismo serían a tónica dominante do campionato.

Noticias Web FGA .- Vinte anos de emocións e bo atletismo

Noticias FGA

Vinte anos de emocións e bo atletismo

Todo deu comezo fai vinte anos cando un 18 de abril do ano 1999 os mellores clubs galegos de por aquel entón, tomaban parte nas pistas Universitarias de Santiago na primeira edición do Campionato de Galicia de Equipos que daría como gañador na categoría masculina ó club anfitrión, o C.U.A. de Santiago e na feminina o Real Club Celta.
Por aquel entón un xa prometedor e internacional ese mesmo ano en Riga David Gómez con apenas 18 anos, comezaba a forxar ó seu impresioante palmarés olímpico no seu club de sempre, o Celta de Vigo. Xunto el, Carlos Adán (NB-RCC), Carlos de la Peña (CDU), Martín Brea (CDU) ou Laura Ferreiro (RIA Ferrol)  todos eles internacionais, botaban a andar esta primeira edición que co paso dos anos non faría outra cousa que gañar en prestixio, espectacularidade e emoción en cada unha das súas edicións.
Durante estes catro lustros, o RÍA Ferrol sería a formación que lideraría o atletismo galego feminino grazas ó seu traballo teimoso e constante que lle levaría a estar na máxima categoría da Liga Nacional e a acadar nada menos que doce triunfos neste campionato autonómico. Xunto as departamentais o CUA de Santiago (hoxe en día C.D. Universitario), Real Club Celta (hoxe A.F. Celta) e Ourense Atletismo Academia Postal (hoxe Ourense Atletismo) son os conxuntos que poden presumir de contar con algúns títulos nas súas vitrinas.
Si esto acontece na categoría feminina, na masculina é o Celta de Vigo quen con sete campionatos lidera o ránking de victorias  superando a unha Gimnástica de Pontevedra con catro. Dase a paradoxa de que nalgunhas edicións o Celta, malia estar militando na Primeira División, superaba ós pontevedreses instalados na máxima categoría nacional da División de Honra, o que fala da emoción e da incertidume deste encontro na que a home por proba, nada está decidido ata o remate da mesma. Ademáis dos equipos pontevedreses tamén acadarían títulos o Ourense Atletismo Academia Postal, e o CUA de Santiago.
Compre mencionar da mesma maneira ás formacións do ADAS Proinor, Atletismo Narón, LUCUS Caixa Rural Galega, Liceo Casino de Vilagarcía, Atletismo Vila de Cangas, ou Pabellon Súbita de Ourense, (algúns deles xa desaperecidos) como outras dos equipos que nalgunha ocasión subirían ó podio.
En canto ás sedes, Ferrol sería quen acollera en máis ocasións esta cita con cinco celebracións (2004, 2008, 2013, 2015, 2017) seguida de Santiago con catro, Lugo, Ourense e Vigo con tres, e O Barco de Valdeorras con unha.

Noticias Web FGA .- Desenvolta a Comisión Delegada e Xunta Directiva da FGA

Noticias FGA

Desenvolta a Comisión Delegada e Xunta Directiva da FGA

No día de hoxe acontecería no Salón de Actos do Servizo Provincial de Deportes da Xunta de Galicia a xuntanza da Comisión Delegada e  a Xunta Directiva da Federación Galega de Atletismo baixo a participación de boa parte dos seus membros.
Entre os temas máis importates dos que se trataron e aprobaron destaca a actualización dos orzamentos do primeiro cuatrimestre do ano 2018 así como a participación da Selección Galega no IV Campionato de España de Federacións Autonómicas Sub18 que se desenvolverá en Ciudad Real o vindeiro día 09 de xuño.

Noticias Web FGA .- Balaidos prepárase para un emocionante galego de clubs

Noticias FGA

Balaidos prepárase para un emocionante galego de clubs

A disputa do XX Campionato de Galicia de Clubs este sábado supón un dos primeiros acontecementos importantes do calendario atlético do aire libre da tempada. Con este evento organizado entre outros polo Real Club Celta, e A.F. Celta,  arrinca o calendario de campionatos que terá como escenario as pistas viguesas de Balaídos como xa o fixeran nas edicións do 2005, 2007, e 2009.
O formato competitivo (de atleta por proba)  fai que esta cita pase por ser un dos acontecementos máis emocioantes do calendario oficial de probas dando pé, da mesma maneira, a que os clubs poñan a punto as fichaxes e poidan medir as súas forzas de cara a esa inminente competición de clubs que a nivel nacional dará comezo en poucas datas.
Este ano tanto a Gimnástica de Pontevedra como o RÍA Ferrol terán que defender o título acadao o ano pasado precisamente nas pistas ferrolanas da Malata. Para elo terán enfronte as dúas seccións dos Celta cuxo equipo feminino ven de experimentar un importante medre nas últimas tempadas sendo proba delo o título acadado na Copa de Clubs de Pista Cuberta. As ferrolanas con doce títulos pasan por ser as rivais a bater.
Na categoría masculina de igual modo, loita interesantísima a que se verá entre os celestes o os do Lérez coa hexemonía do Celta en xogo logo de encadear catro títulos consecutivos (do ano 2013 ó 2016) rachados precisamente na edición pasada na que gañaría a Gimnástica sumando o seu cuarto título polos sete dos vigueses.
Da mesma maneira a nivel individual, presenza destacada de bo número de atletas importantes, garante espectáculo e vistosidade a esta competición.
Presentación do Campionato
No día de hoxe tería lugar a presentación na Casa do Deporte de Vigo do XX Campionato de Clubs ca presenza do Xefe do Servizo Provincial de Deportes, Daniel Benavides, así como a do Presidente da FGA, Isidoro Hornillos. Xunto eles estarían Miguel Larrea Delegado da FGA en Vigo, José Ángel Serantes, Presidente do Celta e José Ángel Rodríguez, secretario do club organizador.
Durante o acto acudirían varios medios informativos ós que se lles faría entrega da “Guía do Campionato”. De igual modo tamén estarían diversos atletas, adestradores, xuíces e demáis estamentos arroupando este encontro.

Noticias Web FGA .- Arranca o VI Circuito de Carreiras Populares da Deputación da Coruña

Noticias FGA

Arranca o VI Circuito de Carreiras Populares da Deputación da Coruña

 

No dia de hoxe a Federación Galega de Atletismo asinaría ca Deputación Provincial de A Coruña, o convenio de organización para o desenvolvemento do VI Circuito de Carreiras Populares da Deputación da Coruña que dende o ano 2013 se ven desenvolvendo de maneira inenterrumpida.
Ó igual que ano pasado, trinta serán os Concellos da provinza que integran este circuito cuxa axenda, que se estende entre os meses de abril e decembro, espera acadar nesta sexta edición a cifra de 15.000 participantes, despois de que o ano pasado se chegase case aos 14.000 entre as diferentes categorías (Sub-10, Sub-12, Sub-14,Sub-16, Sub-18, absoluta e máster).
Teo, Vimianzo, Oroso, O Pino, Curtis, Frades, Mazaricos, Outes, San Sadurniño, Zas, Culleredo, Carballo, Cee, Muxía, A Laracha, A Pobra do Caramiñal, Cambre, Ferrol, Carnota, Noia, Cabana de Bergantiños, Ribeira, Brión, Sada, Fisterra, Ames, Rianxo, Negreira, Boiro e Porto do Son serán os municipios que acollerán as carreiras en 2018.
O deputado responsable da área de Deportes, José García Liñares, destaca a “importancia da posta en marcha dun circuíto provincial de carreiras” e agradece a “gran labor de organización e coordinación das probas” que leva a cabo a Federación Galega de Atletismo e que “permite que este circuíto chegue á súa sexta edición como un evento consolidado na ampla axenda deportiva da provincia”.
Pola súa banda o Presidente da FGA Isidoro Hornillos reiteraba “ a importante función xa non só deportiva senón de integración e vertebración social e xeográfica que está a ter este circuito”salientando e agradecendo “ o gran esforzó que está facer a Deputación na organización deste evento durante todos estes anos”
 Carreiras en Teo e Vimianzo esta fin de semana
O circuíto dará comezo este próximo sábado coa VIII Carreira “Batalla de Cacheiras” en Teo, unha proba de 9 quilómetros que discorrerá por camiños históricos do municipio atravesando as parroquias de Bamonde, Oza e Cacheiras e rematará no cumio de Montouto.
O domingo 22 terán lugar as carreiras pedestres dos concellos de Vimianzo e Oroso, nas súas oitava e sexta edición, respectivamente. En ambas probas, os participantes de categoría absoluta terán que percorrer unha distancia de 10 quilómetros. O mes de abril rematará coa celebración da décimo quinta edición da clásica Carreira Pedestre Popular Concello O Pino o próximo día 29.
Os municipios de Curtis, Frades, Mazaricos, Outes e San Sadurniño acollerán as probas durante o mes de maio; Zas, Culleredo, Carballo e Cee farano en xuño; Muxía e A Laracha en xullo; A Pobra do Caramiñal, Cambre, Ferrol e Carnota en agosto; Noia, Cabana de Bergantiños e Ribeira en setembro; Brión, Sada, Fisterra e Ames, en outubro; Rianxo e Negreira en novembro e Boiro e Porto do Son en decembro.

Noticias Web FGA .- A raíña das probas en ruta agarda polos seus gañadores

Noticias FGA

A raíña das probas en ruta agarda polos seus gañadores

O vindeiro domingo día 15 de abril acontecerá unha das grandes probas atléticas de ruta como é o desenvolvemento do Campionato de Galicia de Maratón que coincide ca disputa da a VII Maratón Atlántica A Coruña 42 organizada pola Federación Galega de Atletismo e o Concello de A Coruña.
Esta importante cita, que se achega a súa sétima edición, verá de novo polas principais rúas herculinas a varios centos de participantes disfrutar deste importante evento deportivo e social, que contará este ano ca participación de importantes especialistas á cabeza dos cales se atopan o olímpico portugués Luis Feiteira. En canto a participantes galegos estarán da mesma maneira na línea de saída Pedro Nimo, así como Mónica Granero que defenderá o título acadado o ano pasado, ou mesmo a gañadora do 2016, María Rosario Figueroa.
Ó longo de todas as edicións, a Marathon Atlántica foi escenario dos distintos Campionatos de Galicia malia que como é costume,  celebrarase de maneira parella unha proba de 10 km. que permitirá facer máis asequible a participación a todos cantos desexen tomar parte.
Lembramos que a retirada dos dorsais será hoxe venres 13, de 17:00 a 21.30 horas, e mañá sábado 14, de 10.00 a 21.30 horas, no Departamento de Deportes El Corte Inglés de Marineda City
PALMARÉS FEMININO CORUÑA 42
Ed.
Ano
Data
Atleta
Club
Rexistro
I
2012
15 Abril
María Cabadas
3.10.56
II
2013
21 Abril
María Jesús Gestido
2.40.23
III
2014
27 Abril
Sonia Teijeiro
Ourenrunning
3.05.56
IV
2015
19 Abril
María Rosario Figueroa
3.05.39
V
2016
17 Abril
Charo Figueroa
3.02.37
VI
2017
23 Abril
Mónica Granero
 
2.59.02
 
PALMARÉS MASCULINO CORUÑA 42
Ed.
Ano
Data
Atleta
Club
Rexistro
I
2012
15 Abril
Tewodros Zewdu Asfaw
Etiopía
2.19.47
II
2013
21 Abril
Javier Guerra
Atletismo Bikila
2.12.21
III
2014
27 Abril
Rafael Iglesias
C.A.Adidas
2.15.58
IV
2015
19 Abril
Manuel Penas Blanco
NB Team
2.19.39
V
2016
17 Abril
David Pelisek
Rep. Checa
2.29.27
VI
2017
23 Abril
Javier Paredes
 
2.33.55

Páginas

Suscribirse a RSS - Noticias FGA