Noticias FGA

Noticias Web FGA .- Marcas, récords, distincións e títulos nunha fin de semana moi fructífera

Noticias FGA

Marcas, récords, distincións e títulos nunha fin de semana moi fructífera

Interesantísima e positiva fin de semana a que nos deixarían as distintas actuacións que se viñeron desenvolvendo por parte dos nosos atletas tanto a nivel galego, nacional como a nivel internacional.
Para comezar, contamos ca participación do atleta do C.D. San Paio a Estada El Mehdi El Nabaouiquen se estrearía ca selección nacional tomando parte no Campionato Mundial de Campo a Través ISF (Escolar Sub-18) que se desenvolvería na capital francesa de París. A súa estrea non puido ser máis meritoria xa que entraría nun fantástico posto dazaoito da xeral, (oitavo se temos en conta os da súa idade) e contribuiría a que o combinado nacional ocupara por equipos a cuarta posición.
Si esto pasaba en París, na localidade californiana de Palo Alto, Carmela Cardama debutaría na distancia dos 10.000 m. a comezos deste mes, invertindo un excelente rexistro de 33:36.73 o que a converten nunha das mellores marcas españolas sub-23 de todos os tempos e que a fan liderar o ránking nacional.
Xa noutro escenario, importante presenza de galegos na localidade lusa de Río Maior para tomar parte no seu XXVII Gran Premio Internacional de Marcha na que de novo os nosos marchadores acadarían excelentes resultados. Roberto Vieiro do C.A. Santiago proclamaríase vencedor nos 5 km. con 22:16 (MMP) ó mesmo que a pontevedresa Antía Chamosa quen cun rexistro de 47:51 no só gañaría a proba dos 10 km., senón que ademáis este resultado supón un novo récord galego sub-20 e sub-23 que mellora o que ela mesma tiña e que a fan liderar o ránking RFEA sub-20.
Tariku Novales, sería outro dos nomes propios da fin de semana por partida dobre. O de Noia proclamaríase o sábado Campión de España sub-23 no Trofeo Ibérico que se disputou en Braga logo de establecer un rexistro de 29.31.65 que o sitúan ó fronte do ránking nacional da súa categoría. Da mesma maneira sería premiado na Gala Anual da RFEA como mellor atleta sub-23 do ano pasado grazas en parte, a ese importante subcampionato de Europa sobre os 5.000 m. logrado na localidade italiana de Grosseto. Nesta mesma gala sería homenaxeado o XXXI G.P. Cantones de Marcha Atlética Cantones da Coruña da súa edición do ano pasado, como mellor proba a nivel organizativo de ruta.
Xa en canto a actividade autonómica desenvolta, interesante xornada a vivida en Pontevedra coCampionato de Galicia de Probas combinadas por clubs e máster na que a Sociedad Gimnástica de Pontevedra acadaría o triunfo nas mulleres correspondendo o subcampionato para o Millaraio. En homes, título para o Atletismo Narón sendo Gimnástica e Millaraio segundos e terceiros respectivamente.
Nos máster da mesma maneira, os triunfos serían para: Cristina Estévez do A.F. Celta con 3.676 p. na W-40, Araceli Salgueiro do Sanmertolomeu con 3.877 p. en W-45, Carlos Ferrer do Atletismo Narón con 4.357 p. na M-55 e de Luis Manuel Eyre do Universidade de Santiago con 2.459 p. na M-65.
As mesmas instalacións do CGTD desenvolverían o domingo o II Trofeo de Marcha Atlética da Deputación de Pontevedra na que se producirían actuacións destacadas como os 26:13.83 de Inés Valentín do Ourense Atletismo nos 5.km.
Por último a capital galega celebraría o Campionato de Galicia de Milla en Ruta ca participación dun importante número de atletas que acollería con excelente aceptación esta edición e na que a xoven promesa Raquel Meaños imporíase na categoría feminina cun rexistro de 5:24 conseguindoGonzalo Basconcelo do R.C. Celta o campiónato galego masculino con 4:27. Xunto eles no caixón do pódio estarían Lucía Sicre, Eva Cid así como Fernando Vales e Luis del Río por parte masculina.

Noticias Web FGA .- II Trofeo Escola de Marcha Atlética da Deputación de Pontevedra

Noticias FGA

II Trofeo Escola de Marcha Atlética da Deputación de Pontevedra

Dentro das actividades do Sector de Marcha, e a proposta do coordinador do sector, a Federación Galega de Atletismo organiza o domingo nas pistas de atletismo do Centro Galego de Tecnificación Deportiva a partir das 10:30 horas o II Trofeo Escola de Marcha Atlética da Deputación de Pontevedra.
A este evento acoden un bo número de marchadores pertencentes a todas as categorías no que pretende ser un primeiro test de principio de tempada en pista deste estratéxico sector para atetismo galego.
A modo de historia,  dende fai máis de dez anos ininterrompidos, a Deputacón de Pontevedra ben de estar a subvencioar esta importante Escola Atlética de Marcha baixo cuxa dirección pasarían, por citar a algúns, a Santiago Pérez, Jorge Ignacio Silva, Óscar Fernández ou Carlos Morales que é quen a está a dirixir nesta última etapa máis recente. Da mesma maneira un importantísimo número de marchadores formaríanse na súa estructura acadando múltiples medallas e títulos nacionais así como destacadas actuacións a nivel internacional como a dos atletas Fran Durán, Antía Chamosa, Daniel Chamosa ou Carmen Escaríz.
Para o director da Escola Carlos Morales “O apoio importantísimo da Deputación de Pontevedra neste proxecto está a ser determinante para que a marcha galega se atope a nivel xeral nun posto privilexiado en comparativa con outras Comunidades” da mesma maneira o Presidente da FGA Isidoro Hornillos salienta e destaca “… o magnífico trato e sensibilidade que esta Federación está a recibir por parte da Deputación, non só con este proxecto, se non con todos e cantos se levan a cabo co organismo provincial”. Precisamente os Deputados Chelo Besada e Javier Dios estarán presentes en representación do organismo público neste trofeo.

Noticias Web FGA .- As combinadas piden paso esta fin de semana

Noticias FGA

As combinadas piden paso esta fin de semana

De novo as pistas do CGTD de Pontevedra darán acollida os días 7 e 8 desta fin de semana o IV Campionato de Galicia de Clubs de Probas Combinadas (Sub-16 ata absoluto) así como o XIV Campionato de Galicia Máster da mesma especialidade.
Na relación de equipos masculinos inscritos nesta edición toman parte a Sociedad Gimnástica de Pontevedra que defende o título acadado o ano pasado neste mesmo esciario. Xunto ós actuáis campións, aspiran ó título da mesma maneira o C.A. Millaraio e C.A. Narón. Na categoría feminina, e ante a ausencia do Riazor Coruña gañador o ano pasado, a loita estará entre a Gimnástica de Pontevedra (actual subcampión) e o C.A. Millario.
No que atinxe a categoría de veteranos salientamos a presenza da campioa do ano pasado Angeles Bernárdez do Samertolomeu na categoría Máster 45.

Noticias Web FGA .- A milla busca ós seus campións

Noticias FGA

A milla busca ós seus campións

A Federación Galega de Atletismo e o Club Atletismo Santiago organizarán, co patrocinio do Concello de Santiago de Compostela, o Campionato de Galicia de Milla en Ruta absoluto e das categorías Sub-18, Sub-20, Sub-23 e Máster, así como o Campionato de Galicia de 1 Km. en Ruta das categorías Sub-10, Sub-12, Sub-14 e Sub-16 o vindeiro domingo 8 de abril.
Será a Praza de Galicia de Santiago de Compostela o punto de saída dos preto de 600 inscritos quenes tomarán parte nas distintas probas programadas a partir das 10:00 horas. Paralelamente tamén celebrarase a I Milla Urbana “Portas de Compostela”.
Entre os que figuran na relación de participantes (a día de hoxe) atópase o campión absoluto do ano pasado na edición de O Pino, Alberto Chaves, quen defenderá título, tendo fronte el a Gonzalo Basconcelo do Celta, Iván Vales do C.A. Santiago ou mesmo o lucense Iván Manso do Lugo Running como rivais de consideración.
Na categoría feminina, a campioa da edición do ano pasado Leticia Fernández do ADAS non se atopaba na relación de inscritos (por hoxe) malia que sí estaba confirmada a participación da medalla de bronce de O Pino 2017, Ariana González do Trega.

Noticias Web FGA .- A tregua dos festivos, dará un novo impulso ó calendario

Noticias FGA

A tregua dos festivos, dará un novo impulso ó calendario

Unha vez rematados estes días festivos na que a frenética axenda atlética tomaría un certo respiro, comezamos unha nova e apretada axenda de campionatos e competicións que arrincarán nesta segunda fin de semana do mes de abril.
Para comezar o día 7 e 8 desenvolverase nas pistas do CGTD de Pontevedra o Campionato de Galicia de Probas Combinadas que terá nas súas modalidades de clubs e máster ós seus protagonistas. Estas mesmas instalacións darán acollida o domingo outro importante evento como é o II Trofeo Escola de Marcha Atlética. Da mesma maneira o domingo, a capital galega será escenario da disputa do Campionato de Galicia de Milla en Ruta e 1 km. ca presenza e participación dos mellores especialistas da distancia.
Xa en clave estatal teremos o Campionato de España de Fondo en Pista, Trofeo Ibérico cuxa sede será a localidade portuguesa de Braga, e a nivel internacional contamos ca participación de El Mehdi El Nabaoui no Campionato do Mundo de ISF de Campo a Través que se disputa en París do 2 ó 7 deste mes. Por último as distintas fases en pista do XOGADE,  a IV Carreira Popular de Dous en Dous de Carballo, e o Control de Marcas que organiza a Delegación de O Barco de Valdeorras o vindeiro sábado, completarán estas interesantes xornadas
Todas estas novas serán ampliadas ó longo desta semana.

Noticias Web FGA .- Recital dos máster galegos no Campionato de Europa

Noticias FGA

Recital dos máster galegos no Campionato de Europa 

Como de fantástico papel pódese considerar o balance dos atletas galegos que se desplazaron ata a madrileña pista cuberta de Gallur para tomar parte nos Campionatos de Europa Master que se viñeron desenvolvendo dende os días 19 a 24.
Un total de vinte e seis medallas, das cales doce serían de ouro, cinco de prata e nove de bronce, acreditaría a gran actuación dos nosos que se complementaría  ca consecución de nada menos que once novos récords de Galicia, dous récords de España e un récord Mundial
Como resumo e dando comezo pola velocidade, esta modalidade tería en Miguel Gómez ó seu protagonista xa que o atleta do Celta marcaría un rexistro na proba dos 200 m. M-35 de 22.80 que lle permitirían acadar a medalla de bronce. Do mesmo xeito sería integrate do relevo que acadaría a prata nos 4×200 m.
Nos valados destacadas actuacións dos nosos representantes xa que tanto Emma Valencia do A.F.Celta na W-35 con 9.16 como o atleta do Marineda Atletismo Miguel López na categoría M-60 cun rexistro de 9.51 proclamaríanse campións continentais. Con este ultimo rexistro ademáis, o atleta coruñés establcería un novo récord de España da súa categoría.
Nas probas de medio fonfo e fondo, gran actuación de Esther Pedrosa que acadaría nada menos que tres medallas de ouro na categoría máster 55 cos seus títulos nos 1.500 m. con 5:10.92, 3.000 m con 10:59.33 e a modalidade de Campo a Través o que convirten na gran trunfadora dos nosos representantes.  Ramón Serantes do Marineda Atlático repetiría podio cos seus bronces na categoría M-45 tanto dos 1.500 m. con 4:17.60 como nos 3.000 m con 9:12.72.  Continuando cos 1.500 m . prata para Javier Toro do Verxel Nutrición na categoría M-60 con 4:49.18 e fantástico de novo Pepín Rioseco do Egovarros quen lograría un novo éxito que engadir ó seu dilatado palmarés ó impoñerse nos 1.500 M-75 con 5:34.55. e establecendo, de paso, unha nova plusmarca nacional da distancia.
Xosé Lois Otero do Universidade de Santiago sumaría un novo metal para os galegos ca súa prata nos 3.000 m. M-65 na que invertiría un rexistro de 10:46.84. Gustavo Platas do Verxel Nutrición pola súa banda, sería bronce nos 3.000 m. M-35 con 8:39.01
Nos saltos, Raquel Lameiro do ADAS Proinor colleitaría a prata na categoría  W-40 en triplo con 10.85 m. sendo o bronce para o cangués do Clube A Silva Basi Bernárdez quen con só tres saltos lograría o metal na M-40 con 12.70 m.
Continuando cos lanzamentos,  Francisco Gúzman do Celta proclamariase campión de Europa no disco M-40 con 45.43 m. sendo a súa vez medalla de bronce no peso con 14.43 m. No concurso de lanzamento de martelo Javier Cid do ADAS Proinor sumaría unha prata na categoría M-40 con 46.59 m.
Xa na xavalina, nada menos que catro ouros para os nosos lanzadores das que destacamos os títulos de Mónica Yánez do ADAS Proinor na W-40 con 36.94 m.; Emilia Mesa do Ourense Atletismo na W-65 con 28.55 m., Luis Nogueira do ADAS Proinor na M-65 con 55.75 m. (récord do campionato). Capítulo  aparte representa a actuación de Felicia Moldovan do Simple Scorpio-71 quen na categoría W-50 e cun mellor lanzamento de 47.53 lograría o Récord do Mundo da súa proba.
Por último, a Marcha tería en Conchi Campos a outra das protagonistas ó lograr a de Cuntis nada menos que o título europeo na proba dos 3 km marcha con 16:20.36 así como o bronce na de 5 km. con 28:04. Na categoría masculina dous bronces para José Fernandez Nieves do Celta na categoría máster 35 nos 3 km. con 13:26.78 e na dos 5 km. con 23:00.

Noticias Web FGA .- Axenda atlética para esta fin de semana

Noticias FGA

Axenda atlética para esta fin de semana

Interesante axenda de competicións é o que nos depara o calendario autonómico e internacional para esta fin de semana.
En Madrid continúa ata o sábado a competición do Campionato de Europa Máster de Pista Cubertana que os atletas galegos están a acadar excelentes rexistros sobre os que vimos falando a través das Redes Sociais e cuia información ampliaremos próximamente nesta web.
Dende a pista cuberta de Madrid, ímonos ata o VII Trofeo Deportivo Aurum de aire libre que se desenvolverá en Ourense a partires das 18.00 horas do sábado 24 e que xuntará a un importante número de atletas no que representa unha das primeiras citas de aire libre importantes da tempada.
No apartado de tecnificación segue a desenvolverse a concentración de velocidade que o responsable do sector José Carlos Tuñas está a dirixir durante esta fin de semana nas Pistas do Campus Universitario de Ourense e cuia finalidade é a de facer un seguimento directo ós millores especialistas do sector.
Xa para rematar a VII Carreira Pedestre Concello de Camariñas, que se desenvolverá o domingo, abrirá o importante Circuito de Carreiras Populares da Costa da Morte formado por un total de dez probas e que esta edición se achega xa a súa sétima edición.

Noticias Web FGA .- Medhi El Nabaoui e Lucía Sicre, protagonistas en Antequera

Noticias FGA

Medhi El Nabaoui e Lucía Sicre, protagonistas en Antequera

Un total de dúas medallas e seis postos de finalistas sería o balance da actuación galega no Campionato de España Sub-18 de Pista Cuberta que esta fin de semana se desenvolvería na cidade malagueña de Antequera.
Sen lugar a dúbidas o principal protagonista por parte dos galegos sería unha vez máis o atleta do Club San Paio A Estrada El Medhi El Nabaoui que parece non coñocer límites. Logo de facer unha tempada na que se proclamaría gañador do Cros Internacional de Atapuerca Sub-18, Campión Nacional Sub-18 de Campo a Través por Clubs e Campión de España de Campo a Través Sub-18 remataría esta fase invernal co título nacional dos 3.000 m. cun rexistro de 8:51.15 que fan incrementar ainda máis o seu xa impresioante palmarés. Con este título ratifica o seu dominio sobre esta distancia que lidera no ránking nacional con esa incríble marca efectuada no galego absoluto de Ourense de 8:33.77 e que fan del toda unha promesa.
A outra das grandes novas viría da man de Lucía Sicre. A ferrolana do RIA que se achegaba con moitas gañas a Antequera, tomaría parte na terceira semifinal dos 800 m. onde se imporía cómodamente con 2:20.13. Xa na final do domingo e competindo como ela sabe, cederaía tan só ante a balear Pinacchio e a extremeña Cepeda, acadando o bronce con 2:16.39. Nesta mesma proba cabe salientar o excelente nivel das galegas xa que nada menos que tres atletas (incluida a medallista) entrarían na final. Irene Barreiro do RIA Ferrol con 2:17.24 ocuparía unha destacadísima cuarta posición cun rexistro de 2:17.24 e na que xa en semifinais establecería unha MMP con 2:16.13. Pola súa banda Paula de la Torre da Gimnástica tamén estaría nese grupo de seis finalistas ocupando a quinta posición da proba cun rexistro de 2:19.10 (MMP en semifinais con 2:18.71)
Notorio comportamento tamén de Sara López da Atlética Lucense quen na proba dos 3000 m. establecería un rexistro de 10:36.40 acabando na sexta posición.
Non menos importante sería a actuación do atleta do C.A. Santiago Victor Mosteiro quen na final dos 60 m. e con 7.11 ocuparía a cuarta posición. Este mesmo atleta xa en semifinais lograría unha MMP con 7.09.
Por último outro dos finalistas galegos sería o representante do Comesaña Sporting Club Diego Barros quen nos 800 m. e cun rexistro de 2:02.63 ocuparía unha meritoria sexta posición. Previamente nas semifinais, onde lograría o pase por tempos, establecería un rexistro de 1:58.45 que representa unha MMP.

Noticias Web FGA .- O Circo Romano de Mérida laurea a Adrián Ben

Noticias FGA

O Circo Romano de Mérida laurea a Adrián Ben

Mérida daba acollida esta fin de semana a competición máis importante da tempada estatal de campo a través ca disputa do Campionato de España por Autonomías a que Galicia acudíría con varios equipos.
Logo dunha longa viaxe efectuada no día anterior, o domingo arrancaca na fermosa contorna do Circo Romano da capital extremeña, o campionato as 10:30 horas ca saída da categoría Sub-20 feminino sobre un circuíto de 6.000 metros.  Nesta proba a primera das galegas en entrar en línea de meta no posto trixésimo noveno sería Elena Costas e que xunto a actuación do resto de compoñentes que puntuaban (43ª Patricie Viadel, 45ª Antía Rodríguez e 50ª Ana Cerreira) darían ás galegas a novena posición por equipos con 177 puntos nunha proba gañada pola potente selección de Castela e León con 23.
Logo da disputa da primera das probas daríase paso xa as 11:00 h. a categoría masculina onde a nosa selección con 184 puntos acabaría de décima. Aquí e logo de marcar un tempo de 26:09 sobre os 8.000 m. do circuíto, o mellor dos nosos atletas sería Fernando Rial no posto 23º. Xunto el puntuarían: 41º Pablo Monteagudo, 52º Adrián Lage e 68º Elian Nuna.
A proba Sub-23 masculina deixaría os mellores rexistros para os galegos xa que un fantásticoAdrián Ben acabaría esta carreira nunha formidable segunda posición que lle daría o título nacional (polo carácter extranxeiro do gañador Mohamed Katir) invertindo un rexistro de 31.32  sobre os 10.000 m. do circuíto. Xunto ó lucense, boa carreira de Tariku Novales quen chegaría no posto décimo sexto e na que se completaría actuación cos postos de Vicente Suárez no 53º e de Jorge Cortes no 59º. Por comunidades Galicia acabaría na oitava posición con 130 puntos.
Por último na categoría absoluta feminina novo oitavo posto para as nosas representantes na queSandra Mosquera sería a primeira das galegas en entrar na línea de meta no posto vixésimo sétimo. O resto de compoñentes que completarían esos 10.000 m. en postos de puntos serían: 32ª Leticia Fernández, 36ª Esther Navarrete e 48ª Sofía Freaza.
O equipo masculino senior non puido completar participación, sendo  Pablo Miguel García o primeiro dos galegos no posto trixésimo terceiro ocupando Alejo Ares a segunda mellor posición no corenta e tres.

Noticias Web FGA .- El Medhi El Nabaoui principal baza no nacional Sub-20 de Antequera

Noticias FGA

El Medhi El Nabaoui principal baza no nacional Sub-20 de Antequera

Continúa esta fin de semana desenvolvéndose xa un dos últimos campionatos de España de Pista Cuberta, sendo desta vez Antequera, quen acolla ós Sub-18.
Nesta cita tomarán parte preto de corenta atletas galegos os cales acuden con obxectivos distintos, si é certo que comparten a ilusión, motivación e as ganas de competir.
Entre os máis  destacados por marca e ránking Víctor Mosteiro nos 60 m., e logo de facer unha fantástica tempada, acode ca intención de andar preto desos 7.10 que o poderían facer estar nas posicións de honra da proba. Nerea Iglesias do Fontes do Sar pola súa banda tentará mellorar eses 7.87 deste ano.
Manuela Castro do A. Narón intentará salir cun bo sabor de boca dos campionatos mellorando os seus 59.41 nos 400 m. Especial atención a proba dos 800 m. na que a presenza tanto de Lucía Sicrecon 2:16.51 como de Irene Barreiro de 2:16.65 ambas do Ría Ferrol poden deparar gratas sorpresas xa que acuden ca terceira e cuarta mellor marca nacional do ano.
Os 3.000 m. a priori ten reservado o título nacional para o estradense do San Paio El Medhi El Nabaoui. A súa calidade individual e os seus rexistros fan que sexa moi superior ó resto de atletas da súa categoría a nivel estatal. Xa nas mulleres a lucense Sara López loitará por mellorar o seu rexistro de 10:36.86.
Nos valados os tamén lucenses da Atlética Guzmán Carril e Uxía Pereira loitarán para entrar na final da súa proba ó mesmo que Raúl Cortizo da Gimnástica no concurso de altura. De igual modo posibilidades para estar en postos de final para Marco Martínez da Gimnástica, Carlos Álvarez da Atlética Lucense e a internacional Olaia Guisela Becerril do A.F. Celta en lonxitude.
Por último tanto Pablo Tojal da Gimnástica en pertéga con 4.10 m. como Aloia Vilas do Universidad de Santiago en altura con 1.61 terán un excelente escenario para saír con mellores rexistros personais.

Páginas

Suscribirse a RSS - Noticias FGA