Noticias FGA

Noticias Web FGA .- Lolo Penas e Solange Pereira vencedores na XXXVIII Carreira Popular de San Martiño

 
 
Actualidade do Atletismo Galego
Lolo Penas e Solange Pereira vencedores na XXXVIII Carreira Popular de San Martiño
Disputouse unha nova edición da Carreira Popular de San Martiño, e van xa 38. As once da mañá, o ourensán Alejandro Fernández vencedor o ano pasado e que este ano por mor de unha lesión non pudo disputar a proba daba a saída a unha numerosisima carreira na que se misturan, como xa ven sendo habitual, os atletas federados cos populares. Finalmente, victoria para Lolo Penas con un tempo de 30.39. O atleta do New Balance fora o ano pasado  segundo precisamente detrás do propio Alejandro. Completaron o podium Hassan Leikhili, a 5 segundos, e terceiro foi Carlos Villamor a 19 segundos. Nas mulleres, victoria para Solange Pereira (35.01) que refrenda así o seu bó estado de forma non só nas millas mais tamén en probas de maior distancia, seguida de Ester Navarrete a 13 segundos e Raquel Suarez Pedrosa, en terceira posición.  Resultados

 

Noticias Web FGA .- III Liga EScolar Federada - Feiraco

 
 
Actualidade do Atletismo Galego
III Liga Escolar Federada-Feiraco

Ferrol, Vigo e Lugo foron as sedes de III Liga Escolar Federada-Feiraco disputada esta fin de semana. A chuiva que caeu con intensidade durante toda a fin de semana non impediu que atletas benxamins, alevins e infantis de diferentes clubs tomaron contacto coa pista por primeira vez na recente tempada. Os encontros mais disputados foron os de Ferrol e Vigo con granparticipación en tódalas categorías o que levou nalgúns casos a ter que espera ata última proba do relevo para confirmar os equipos que subirían o podium. Os primeiros atletas clasificados en cada unha das categorías en cada provincia pasan directamente a fase final que se disputará no mes de xaneiro no Pazo dos Deporte en Coruña, clasificaranse tamén ata 8 equipos con as millores puntuacións do total de equipos completos participanten en cada unha das categorias.

Fotos: Facebook AVA e Marineda

 

Noticias Web FGA .- Ferrol, Vigo e Lugo na IIII Liga Escolar Federada-Feiraco e Xermade, Muxía e Ourense en probas populares, sedes da actividada atlética da fin de semana

 
 
Actualidade do Atletismo Galego
Ferrol, Vigo e Lugo na IIII Liga Escolar Federada-Feiraco e Xermade, Muxía e Ourense en probas populares, sedes da actividada atlética da fin de semana

Fin de semana completo a nivel atlético. Os mais pequenos, benxamins, alevins e infantis, disputarán a primeira fase da III Liga Escolar Federada-Feiraco en Ferrol, Vigo e Lugo. A nivel de probas populares salientar a V Carreira Popular de Xermade o sábado para a que ainda estades a tempo para inscribiros na páxina de carreiras galegas (www.carreirasgalegas.com). Xa o domingo será o turno da I Carreira Pedestre Concello de Muxía e unha das probas con maior tradición no calendario galego a XXXVIIII Carreira Pedestre Popular de San Martiño en Ourense. Estaremos, tamén atentos á participación galega no Cross de Atapuerca

 

Noticias Web FGA .- III LIGA ESCOLAR FEDERADA-FEIRACO

 
 
Actualidade do Atletismo Galego
III LIGA ESCOLAR FEDERADA-FEIRACO

AVISO: Dada a renuncia de varios equipos participantes por non cumplir co criterio de puntuar con 2 atletas por proba dase a opción dos equipos inscritos inicialmente podan participar con un mínimo de 6 atletas en categoría benxamín e alevin e 8 en infantil, sin dereito a pasar á fase final. O plazo de inscripción ampliarase atá mañá às 20:00h.

 

Noticias Web FGA .- 10/11/2014 . III LIGA GALEGA ESCOLAR FEDERADA

 
 
Actualidade do Atletismo Galego
10/11/2014 . III LIGA GALEGA ESCOLAR FEDERADA

Finalizado o plazo de inscricción estes son os equipos participantes en cada unha das provincias: 
Provincia A Coruña (sede Ferrol): Benxamin femenino (Ría Ferrol, Millaraio, Riazor, Club Atletismo Sada, Fontes do Sar e Afflelou Narón); benxamin masculino (Ría Ferrol, Millaraio, Riazor, Club Atletismo Sada, Fontes do Sar e Afflelou Narón); Alevin feminino (Ría Ferrol, Millaraio, Riazor, Club Atletismo Sada, Fontes do Sar, Afflelou Narón e Atletismo Noia); Alevin masculino (Ría Ferrol, Millaraio, Riazor, Club Atletismo Sada, Fontes do Sar, Afflelou Narón, Atletismo Noia e Marineda); infantil femenino (Ría Ferrol, Millaraio, Riazor, Club Atletismo Sada, Fontes do Sar, Afflelou Narón, Atletismo Noia, Marineda e A.G.Athletes) e infantil masculino (Ría Ferrol, Millaraio, Riazor, Club Atletismo Sada, Fontes do Sar, Afflelou Narón e Marineda). 
Provincia de Lugo (sede Lugo): Benxamin feminino ( Lourenzá, Lucus e Maristas); Benxamin masculino (Lourenzá, Franciscanos, Lucus e Maristas); alevin femenino (Lourenzá, Franciscanos, Lucus e Maristas); alevin masculino (Lourenzá, Franciscanos, Lucus e Maristas); infantil femenino (Lourenzá, Franciscanos, Lucus e Maristas) e infantil masculino (Lourenzá, Franciscanos, Lucus e Maristas) 
Provincia de Ourense (sede Ourense): só está inscrito o Ourense Atletismo en tódalas categorías agás a infantil masculino. 
Provincia de Pontevedra (sede Vigo): benxamin feminino (San Narciso, Vila de Cangas, Sociedad Gimnástica, San Miguel de Oia, AVA, Atletismo Cuntis e San Bartelomeu); benxamin masculino (San Narciso, Vila de Cangas, Sociedad Gimnástica, San Miguel de Oia, AVA, Atletismo Cuntis, San Bartelomeu e Beade); alevin feminino (San Narciso, Vila de Cangas, Sociedad Gimnástica, San Miguel de Oia, AVA, Atletismo Cuntis, San Bartelomeu,Beade, Atletismo Estrada, A. Mazí, A. Porriño); alevin masculino (San Narciso, Vila de Cangas, Sociedad Gimnástica, San Miguel de Oia, AVA, Atletismo Cuntis, San Bartelomeu, Beade, Atletismo Estrada e A. Porriño); infantil femenino (San Narciso, Vila de Cangas, Sociedad Gimnástica, San Miguel de Oia, AVA, Atletismo Cuntis, Beade, Atletismo Estrada, A. Mazí,) e infantil masculino (San Narciso, Vila de Cangas, Sociedad Gimnástica, San Miguel de Oia, Atletismo Cuntis e A. Porriño). 
Lembramos que tódolos equipos teñen que participar con dous atletas por proba, non permitindose a participación fóra de concurso, e teñen que cubrir tódalas probas agás nos infantis que poden deixar unha proba sen cubrir. A organización agradeze que si os clubes participantes non cumplen estes requisitos envien un mail á direcciontecnica@gmail.com para darse de baixa e facilitar así o desenvolvimento da proba (en cor amárelo os equipos dados de baixa atá o día de hoxe). 
Os sistema de puntuación establecerase outorgando ao primeiro atleta N puntos, ao segundo N-1, ao terceiro N-2 e así sucesivamente. Os relevos puntuarán doble. O equipo que obteña maior número de puntos proclamarase campión provincial. En caso de empate analizarase os primeiros postos conseguidos para establecer o campión. En caso de persisitir o empate serán analizados os segundos postos, etc. 
Lembramos que clasificaranse para a fase final autonómica a disputar en Xaneiro no Palacio de Deportes de A Coruña os campións de cada unha das provincias e os catros (ou cincoen Infantil masculino por non haber participación en Ourense) con millores puntuacións do total. 
NOTA : A fase de Lugo celebrárase domingo 16 
Regulamento – Horario – Cadencia Altura -Pértega
Permitirase a altura mais baixa posible sempre é cando se manteñan as cadencias sinaladas 

 

Noticias Web FGA .- Vencedores XXXV Carreira Popular de Negreira, VIII Vigo+11 e II Carreira Contra o Cáncer Corre por Ferrol

 
 
Actualidade do Atletismo Galego
Vencedores XXXV Carreira Popular de Negreira, VIII Vigo+11 e II Carreira Contra o Cáncer Corre por Ferrol

Miles de participantes desafiaron á primeira baixada das temperturas nas carreiras populares que se dipsutaron esta fin de semana. Nunha das carreiras decanas do calendario e última proba do II Circuito de Carreiras Populares da Diputación da Coruña, a XXXV Carreira Popular Negreira venceu o keniata Yusuf Kibut con un tempo de 30.15 en homes e Mª Jesús Gestido que despois da sua maternidade e con novo club, o Atletismo Vila de Cangas volve con forza. Na VIII Vigo+11 foron Manuel Hurtado do New Balance e Sandra Mosquera do Comesaña quen parece totalmente recuperada da sua lesión os primeiros en cruzar a liña de meta. Xa II Carreira Contra o Cáncer Corre por Ferrol, con case o doblo de participantes que na primeira edición, os primeiros foron Brais Canosa do Atletismo NArón e Paula Mayobre do Bikila.

 

Noticias Web FGA .- 07/11/2014 . Última Hora: Cambio de percorrido Vigo + 11

 
 
Actualidade do Atletismo Galego
07/11/2014 .  Última Hora: Cambio de percorrido Vigo + 11

Por motivos de forza maior a organizacion a organizacion vese obrigada a cambiar o percorrido da carreira popular Vigo +11. O cambio afecta aos 3 primeiros quilómetros e ao circuíto de menores. 
A saída e meta estarán situadas en Praza de Compostela fronte Pizzaría Napolitana, iníciase con xiro cara a Concepción Areal, Monteiro Ríos, Carral, Praza de Compostela (paso por meta), Colón, García Barbón, Isaac Peral, Areal, Concepción Areal, Monteiro Ríos, Cánovas del Castillo, Beiramar, As Ánimas, Tomás A. Alonso, Coruña, Praza de América, López Mora, Camelias, Álvaro Cunqueiro, Camelias, Venezuela, Gran Vía, Urzáiz, Cólo, Praza de Compostela (meta). 
Así mesmo recoméndase a recollida de números o sábado 8 de novembro de 11:00h a 14:00h e de 17:00h a 21:00h na planta de deportes do Corte Inglés. Xunto á entrega de números, 3 profesionais do Centro Podológico Gallego farán un estudo da pisada a todos os participantes que estean interesados

 

Noticias Web FGA .- A XUNTA DE GALICIA INVESTIRÁ MEDIO MILLÓN DE EUROS NA REFORMA DAS PISTAS DE ATLETISMO DO CGTD DE PONTEVEDRA

 
 
Actualidade do Atletismo Galego
A XUNTA DE GALICIA INVESTIRÁ MEDIO MILLÓN DE EUROS NA REFORMA DAS PISTAS DE ATLETISMO DO CGTD DE PONTEVEDRA

Na tarde de onte celebrouse o acto da presentación da reforma integral das pistas de atletismo do Centro Galego de Tecnificación Deportiva de Pontevedra. Estiveron presentes no mesmo, entre outras autoridades, o presidente da Xunta de Galicia, Alberto Nuñez Feijoo, o Secretario Xeral para ou Deporte, José Ramon Lete, o presidente da FGA Isidoro Hornillos, a Directora do CGTD Elena Fernández e a Deputada Provincial Begoña Estévez.
O investimento que realizará o goberno galego será de medio millón de euros. Esta actuación estará dividida en dúas fases, que permitirá a sustitución do pavimento actual por un similar que corrixa as deficiencias existentes, que mellore o acondicionamiento global e que preveña as lesións dos deportistas. O Presidente da Xunta recoñeceu que este centro, que cumpre agora 27 anos de funcionamento, «é de onde saíron os principais deportistas pontevedreses e galegos» e calificouno como «o motor do olimpismo galego».
Por iso xa licitouse a primeira das fases dos traballos, por valor de 70.000 euros, que se empezará a executar en canto permítan as condicións meteorolóxicas, pero que se espera que estea rematada antes de final de ano. Estes traballos, que serán inminentes, favorecerán a todos aqueles deportistas de disciplinas como lanzamento da xavalina, de peso, disco e martelo, así como aos de salto de lonxitude e de altura.
A segunda fase, dotada con 435.000 euros, se licitará na próxima primavera e actuará na totalidade do anel da pista de atletismo, incluíndo o acceso a ría. Estímase que os traballos duren tres meses e que poderían coincidir cos meses de verán. Feijoo despediuse dos deportistas e directivos presentes no acto aseverando que con este proxecto «estamos a cumprir unha vella aspiración» e sinalando que o deporte de base tamén se verá beneficiado con estas melloras
COMPROMISO DO PRESIDENTE COA REFORMA DE BALAÍDOS. No mesmo acto o presidente da Xunta comprometeuse publicamente a facer o investimento anunciado días antes polo Secretario Xeral para o Deporte de 2.000.000 de euros para a reforma do estadio de Balaídos e do módulo cuberto situado baixo as bancadas do campo de fútbol.

 

Noticias Web FGA .- Constituida a nova Comisión Escolar da FGA

 
 
Actualidade do Atletismo Galego
Constituida a nova Comisión Escolar da FGA

A nova comisión escolar está formada por alguns dos clubs con maior participación na actividade atlética escolar e que representan a cada un das diferentes delegacións. O seu obxetivo principal é responder á necesidade de realizar un seguimiento preciso sobre o desenvolvemento do atletismo escolar. A Comisión está presidida por Juan Pablo Fernández do Millaraio e como vocais os representantes dos clubs Vila de Cangas, Ourense Atletismo, San Narciso, ADAS, Ría Ferrol, Marineda Atlético e Franciscanos de Lugo. A Comisión poderá, tamén, invitar a participar nas súas reunións a persoas ou entidades que, ben pola súa experiencia ou polo seu coñecementos, podan aportar enfoques que enriquezan a a sua labor. 

 

Noticias Web FGA .- Amplia participación na III Liga Galega Escolar Federada-Feiraco

 
Actualidade do Atletismo Galego
Amplia participación na III Liga Galega Escolar Federada-Feiraco

Finalizado o plazo de inscricción estes son os equipos participantes en cada unha das provincias:
Provincia A Coruña (sede Ferrol): Benxamin femenino (Ría Ferrol, Millaraio, Riazor, Club Atletismo Sada, Fontes do Sar e Afflelou Narón); benxamin masculino (Ría Ferrol, Millaraio, Riazor, Club Atletismo Sada, Fontes do Sar e Afflelou Narón); Alevin feminino (Ría Ferrol, Millaraio, Riazor, Club Atletismo Sada, Fontes do Sar, Afflelou Narón e Atletismo Noia); Alevin masculino (Ría Ferrol, Millaraio, Riazor, Club Atletismo Sada, Fontes do Sar, Afflelou Narón, Atletismo Noia e Marineda); infantil femenino (Ría Ferrol, Millaraio, Riazor, Club Atletismo Sada, Fontes do Sar, Afflelou Narón, Atletismo Noia, Marineda e A.G.Athletes) e infantil masculino (Ría Ferrol, Millaraio, Riazor, Club Atletismo Sada, Fontes do Sar, Afflelou Narón e Marineda)
Provincia de Lugo (sede Lugo): Benxamin feminino ( Lourenzá, Lucus e Maristas); Benxamin masculino (Lourenzá, Franciscanos, Lucus e Maristas); alevin femenino (Lourenzá, Franciscanos, Lucus e Maristas); alevin masculino (Lourenzá, Franciscanos, Lucus e Maristas); infantil femenino (Lourenzá, Franciscanos, Lucus e Maristas) e infantil masculino (Lourenzá, Franciscanos, Lucus e Maristas)
Provincia de Ourense (sede Ourense): só está inscrito o Ourense Atletismo en tódalas categorías agás a infantil masculino
Provincia de Pontevedra (sede Vigo): benxamin feminino (San Narciso, Vila de Cangas, Sociedad Gimnástica, San Miguel de Oia, AVA, Atletismo Cuntis e San Bartelomeu); benxamin masculino (San Narciso, Vila de Cangas, Sociedad Gimnástica, San Miguel de Oia, AVA, Atletismo Cuntis, San Bartelomeu e Beade); alevin feminino (San Narciso, Vila de Cangas, Sociedad Gimnástica, San Miguel de Oia, AVA, Atletismo Cuntis, San Bartelomeu, Beade, Atletismo Estrada, A. Mazí, A. Porriño); alevin masculino (San Narciso, Vila de Cangas, Sociedad Gimnástica, San Miguel de Oia, AVA, Atletismo Cuntis, San Bartelomeu, Beade, Atletismo Estrada e A. Porriño); infantil femenino (San Narciso, Vila de Cangas, Sociedad Gimnástica, San Miguel de Oia, AVA, Atletismo Cuntis, Beade, Atletismo Estrada, A. Mazí,) e infantil masculino (San Narciso, Vila de Cangas, Sociedad Gimnástica, San Miguel de Oia, Atletismo Cuntis e A. Porriño).
Lembramos que tódolos equipos teñen que participar con dous atletas por proba, non permitindose a participación fóra de concurso, e teñen que cubrir tódalas probas agás nos infantis que poden deixar unha proba sen cubrir. A organización agradeze que si os clubes participantes non cumplen estes requisitos envien un mail á direcciontecnica@gmail.com para darse de baixa e facilitar así o desenvolvimento da proba. Nos vindeiros días publicarase o horario definitivo en función de as inscriccións.

 

Páginas

Suscribirse a RSS - Noticias FGA