Noticias FGA

Noticias Web FGA .- 22/10/2014 . Búscanse atletas interesados en competir no Encontro Amistoso Escola Naval de Marín - Combinado Galego

 
 
Actualidade do Atletismo Galego
22/10/2014 . Búscanse atletas interesados en competir no Encontro Amistoso Escola Naval de Marín - Combinado Galego
O vindeiro venres 7 de novembro terá lugar nas pistas da Escola Naval de Marín o clásico encontro amistoso da Escola Naval de Marín e a Federación Galega de Atletismo. A FGA fai un chamamento público para que aqueles atletas galegos que desexen participar nalgunha das seguintes probas que se ofertarán: 100, 200, 400, 1000, peso, altura, lonxitude, 4x100 e 4x1 voltaenvien un correo á Directora Técnica manifestando o seu desexo de acudir ao citado encontro. A todos os atletas participantes se lle regalará unha camiseta técnica da selección galega. Os interesados deben enviar un email antes do vindeiro venres día 24 a direcciontecnica@fgatletismo.com

 

Noticias Web FGA .- 21/10/2014 . Presentacion da II Edicion Carreira Solidaria: Contra o Cáncer. Corre por Ferrol

 
 
Actualidade do Atletismo Galego
21/10/2014 . Presentacion da II Edicion Carreira Solidaria: Contra o Cáncer. Corre por Ferrol

Esta mañá no concello de Ferrol levouse a cabo a presentación da II Edición da carreira solidaria: CONTRA O CANCRO, CORRE POR FERROL 
En cuxo acto estiveron presentes Noelia Barcia Umbon (membro da aecc de Ferrol), Susana Martínez Galdos (concelleira de deportes do concello de Ferrol), a presidenta da aecc de Ferrol Isabel Caamaño Cebreiro e David Serantes Fraga (representante da organización da carreira). 
Dende a organización animámosvos a participar nesta carreira solidaria con toda a vosa familia.    Regulamento  - INSCRIBETE AQUI

 

Noticias Web FGA .- 21/10/2014 . AVISO LICENZAS 2014/15. A FGA estrea unha nova aplicación

 
 
Actualidade do Atletismo Galego
21/10/2014 . AVISO LICENZAS 2014/15. A FGA estrea unha nova aplicación

A partir do vindeiro luns 20 de outubro, ás 10,00 horas, poderase dilixenciar o pago das licenzas de adestradores, xuíces, atletas independentes e de clubes non galegos, así como a licenza de clubes de nova creación na seguinte plataforma:http://licenzas.carreirasgalegas.com/  As licenzas dos atletas pertencentes a clubes galegos deberán ser feitas na plataforma da RFEA https://isis.rfea.es/sirfea2/   Con esta nova creación á FGA simplifica os procesos administrativos por vía telemática.

 

Noticias Web FGA .- 15/10/2014 . Exame Xuíz Territorial 2014

 
 
Actualidade do Atletismo Galego
15/10/2014 . Exame Xuíz Territorial 2014

O domingo 14 de decembro realizarase o exame para o ascenso á categoría de Xuíz Territorial de Atletismo. 

Todala información na tua Delegación Territorial ou no correo comitegalegoxuices@gmail.com

Exames de anteriores convocatorias aquí. 

Cando teñamos máis información a publicaremos na web.   ¡ ANIMATE !

 

Noticias Web FGA .- 15/10/2014 . AVISO LICENZAS 2014/15 Atletas independientes, xuices e adestradores. A FGA estreará unha nova aplicación a partir do día 20

 
 
Actualidade do Atletismo Galego
15/10/2014 . AVISO LICENZAS 2014/15 Atletas independientes, xuices e adestradores. A FGA estreará unha nova aplicación a partir do día 20

A partir do vindeiro luns 20 de outubro, ás 10,00 horas, poderase dilixenciar o pago das licenzas de adestradores, xuíces, atletas independentes e de clubes non galegos, así como a licenza de clubes de nova creación na seguinte plataforma:http://carreirasgalegas.com/licencias/.  As licenzas dos atletas pertencentes a clubes galegos deberán ser feitas na plataforma da RFEA https://isis.rfea.es/sirfea2/   Con esta nova creación á FGA simplifica os procesos administrativos por vía telemática.

 

Noticias Web FGA .- 14/10/2014 . AVISO LICENZAS 2014/15. A FGA estreará unha nova aplicación a partir do día 20

 
 
Actualidade do Atletismo Galego
14/10/2014 . AVISO LICENZAS 2014/15. A FGA estreará unha nova aplicación a partir do día 20

A FGA informa que para a renovación de altas e baixas de atletas, xuices e adestradores a FGA estreará unha nova aplicación telemática que entrará en funcionamento o vindeiro luns dia 20, polo que rogamos aos interesados en esperar ata esa data. A normativa de licenzas publicarase nesta semana. Adiantamos que trala aprobación da Xunta de Goberno o pasado sábado os prezos das licenzas autonómicas non diferirán con respecto ao ano pasado, soamente as cuotas de licenzas independientes de atletas terán unha baixada de 133 euros a 60 euros. O resto de cuotas de licenzas autonómicas serán as mesmas que na presente tempada. Por outra parte informamos que a RFEA subiu os prezos das súas licenzas, estas cuotas poden consultarse na normativa de licenzas da RFEA e tamén na circular que publicará  a FGA.

 

Noticias Web FGA .- Intensa e longa reunión da Xunta Directiva e Comisión Delegada da FGA

 
 
Actualidade do Atletismo Galego
11/10/2014 . Intensa e longa reunión da Xunta Directiva e Comisión Delegada da FGA
No día de hoxe tivo lugar en A Coruña unha xuntanza da Xunta Directiva e Comisión Delegada da FGA. A reunión con comezo ás 10:45 horas prolongouse ata as 15:15 horas. Nela aprobáronse numerosos puntos do orde do día entre os que cabe salientar: a normativa de licenzas 2014/15 (mantendo as cuotas do presente tempada, con excepción das cuotas de atletas independentes que sufren unha baixada), a normativa de carreiras populares na que salientamos a campaña de captación de novas probas populares con importantes descontos para os organizadores, tamén salientar neste apartado que dende o 1 de novembro todas as probas gozarán dun desconto do 10%, tamén aprobouse os records galegos establecidos ata a data, os orzamentos, e outros documentos. A reunión contou cunha importante afluencia de membros da Xunta de Goberno e con poucas ausencias xustificadas.

 

Noticias Web FGA .- Vencedores nas populares da fin de semana

 
 
Actualidade do Atletismo Galego
Vencedores nas populares da fin de semana

Cristian Muiño do Club Alejandro Gómez e Teresa Castro do Club Atletismo Noia na Carreira Pedestre de Corcubión; Pedro Nimo do Dar2bCorredores Pedro Nimo e Paula Sahelices no CorreSanGranxa do Xexto-Cronoescalada ao Pedroso; Ero Doce do Ría Ferrol e Eusebia Maldonado na Milla de Valdoviño e, finalmente, Solange Pereira na II Carreria de la Mujer vencedores das probas populares do calendario da FGA de esta fin de semana.

 

Noticias Web FGA .- José Carlos Tuñas novo responsable do sector de velocidade

 
 
Actualidade do Atletismo Galego
José Carlos Tuñas novo responsable do sector de velocidade

José Carlos Tuñas será o novo responsable do sector de velocidade. O adestrador coruñes é un dos grandes artífices do éxito da velocidade galega nas últimas tempadas. Mauro Triana, Patricia Carballo, Roi Avellaneda, Denis Galán ou Sergio Rodriguez son alguns dos velocistas adestrados por Tuñas sen esquecer outros como Marta Lolo ou Anxo Blanco en saltos. Dende a FGA queremos agradecer o compromiso e o traballo da responsable do sector nas últimas tempadas Margot Garnelo.

 

Noticias Web FGA .- Publicada a Circular do Cto. Galego de Milla e 1000 metros ruta categorías inferiores

 
 
Actualidade do Atletismo Galego
12/09/2014 . Publicada a Circular do Cto. Galego de Milla e 1000 metros ruta categorías inferiores

O Campionato Galego de Milla en ruta e o Cto. de 1000 metros en ruta de categorías inferiores terán lugar o sábado 27 de setembro en Marín. A organización deste campionato estase volcando para intentar reunir a unha gran cantidade de atletas galegos. No día de hoxe incorporouse á Circular 53-2014 o listado de premios económicos que a organización outorgará aos mellores atletas. Podes consultar as bases facendo click AQUI

 

 

Páginas

Suscribirse a RSS - Noticias FGA