A Delegación en Lugo da Federación Galega de Atletismo, co patrocinio do Excmo. Concello de Lugo, organiza o vindeiro sábado 18 de abril en Lugo, en xornada de tarde, o XXXVIII Memorial Gregorio Pérez Rivera, a celebrar no Estadio Gregorio Pérez Rivera de Lugo. A proba disputarase baixo o control técnico do Comité Galego de Xuices.
O nome deste Memorial é en honra dun dos grandes artífices do atletismo lucense moderno e que levou a éste a unha proxección nacional sobre todo na década dos 60, e está considerado a gran festa do atletismo en pista no ámbito provincial. Así clubes de toda a provincia e de toda a xeografía autonómica estarán presentes na que será a posta de largo dunha nova tempada de aire libre.
Como atletas locales destacados estarán presentes Manuel Uriz que fora campion de España no 2013 no lanzamento de xabalina un dos lucenses con maior proxección no panorama atlético nacional na proba, Paula Ferreiros e Miguel Pérez e tamén a monfortina Saleta Fernández, no que será o seu debut cos cores do F.C Barcelona nunha competición na capital do atletismo provincial.
Debido o alto número de inscritos, tivemos que modificar o horario, sendo o horario DEFINITIVO o seguinte:
XXXVIII – Memorial Gregorio Pérez Rivera – Horario – DEFINITIVO
Listado de inscritos e listas de saída:













Onte venres, 17 de abril celebrouse a Asemblea da UFEDEGA (Unión de Federacións Deportivas Galegas) en Santiago de Compostela para a elección da nova Xunta Directiva. 


A Federación Galega de Atletismo recibiu nos últimos días o informe favorable da homologación das pistas do INEF Galicia por parte da Real Federación Española de Atletismo, polo que a instalación xa poderá voltar a acoller numerosas competicións. A ubicación destas pistas é boa, xa que conta cunha importante protección do vento e dun entorno con gran beleza paisaxística. Está prevista a organización de competicións nos vindeiros meses.
Na mañá de hoxe presentouse a I Edicion del Campeoanto de Galicia de Probas Combinadas de Equipos. O acto estivo presentados pola Concelleira de Deportes de Vilagarcia Elena Suarez, quen estivo acompañado polo Presidente da FGA, Isidoro Hornillos e o Delegado da FGA en Pontevedra, Raul Bretal.
A Delegación en Lugo da Federación Galega de Atletismo, co patrocinio do Excmo. Concello de Lugo, organiza o vindeiro sábado 18 de abril en Lugo, en xornada de tarde, o XXXVIII Memorial Gregorio Pérez Rivera, a celebrar no Estadio Gregorio Pérez Rivera de Lugo. A proba disputarase baixo o control técnico do Comité Galego de XuicesO nome deste Memorial é en honra dun dos grandes artífices do atletismo lucense moderno e que levou a éste a unha proxección nacional sobre todo na década dos 60, e está considerado a gran festa do atletismo en pista no ámbito provincial. Así clubes de toda a provincia e de toda a xeografía autonómica estarán presentes na que será a posta de largo dunha nova tempada de aire libre.