Fin de semana cheo de competición para os nosos e as nosas atletas.

"2ª Xornada XII Copa Deputación de Lugo"

Estadio Gregorio Pérez Rivera (Lugo)

29 de xaneiro de 2022

O sábado pola mañá disputaráse a "2ª Xornada da XII Copa Deputación de Lugo" onde teremos representación da nosa canteira.

Na categoría alevín masculino participarán Hugo Veiguela Tizón Arsenio Romero López nas probas de 60 ml e 500ml e, na categoría alevín femenina, a presenza do noso clube correrá a cargo das atletas Alicia Jove Novo e Noa Seoane Rubiños na probada de 1000ml e na proba de 500ml tomarán a saída Manuela Baeza Rey Carolina Ramil López, quen tamén correra a proba de 60ml. Na proba dos 200ml masculinos contaremos con Adrián Rivadulla Alonso Marcos Pérez Calvo, mentres que na categoría feminina correran Alicia Barreiro López, María Blanco Méndez, Candela Ruiz López  e Lucía Blanco  Méndez. Nos 300 e 60 ml homes tomará a saída Ricardo Negrete Barrioluenga. Na proba de 300ml mulleres correrán as atletas Aldara Ruíz MartínezDesireé Manso López, Noa Grandal Pérez Aroa Amado Prieto, que correrá tamén a proba de 600ml. En 1500ml estaremos representados da mán de Joel Novoa Gayoso e Sergio Fernández Rafales. Por último, na proba de lanzamento de disco e salto de lonxitude participarán Xiana Lago Andrade Rosalinda Ogie Ugo, respectivamente.

"Control B de Pista Cuberta"

CTD Adarraga (Logroño)

29 de xaneiro de 2022

En Logroño celébrase o "Control B de Pista Cuberta" onde contaremos coa presenza de Ana Camino Lacarte na proba dos 200ml.

"I Reunión Atletismo de Invierno"

Centro de Alto Rendimiento de León

29 de xaneiro de 2022

Na "I Reunión Atletismo de Invierno" que se disputará en el CAR de León participará a nosa atleta Inés Celorio Sánchez na proba de 60ml. 

"Campeonato Provincial Absoluto de PC 1ª Jornada"

Velódromo Luis Puig (Valencia)

29 de xaneiro de 2022

En Valencia celébrase o "Campeonato Pronvicial Absoluto de PC 1ª Jornada" onde contaremos coa presenza de Marta Pla Botella na proba do 800ml.

"Control de Marcas Marineda Atlético - ADAS Cupa - Riazor Coruña"

Estadio Gregorio Pérez Rivera (Lugo)

30 de xaneiro de 2022

O domingo celébrase o "Control de Marcas Marineda Atlético - ADAS Cupa - Riazor Coruña" onde contaremos con con Bruno Castro Pereira na proba de 60ml infantil masculino e Xiana Lago Andrade na proba de lanzamento de peso.

"Campeonato de España de Campo a Través"

Campo de fútbol de la Federación Sebastián Barjas (Jaén)

30 de xaneiro de 2022

Este domingo vaise celebrar o "Campeonato de España de Campo a Través" na localidade andaluza de Jaén participará a nosa atleta Marina Bagur Olives coa selección das Islas Baleares na categoría absoluta feminina sobre un percorrido de 10km.

"Control Absolut en Pista Coberta"

Pista Cubierta de Atletismo de Cataluña (Sabadell)

30 de xaneiro de 2022

No "Control Absoluto PC" de Sabadell contaremos coa participación da nosa atleta Ona Alonso Camps na proba dos 800 metros lisos.

"Campeonato de Madrid de Lanzamientos Largos"

Pista Atletismo C.D.M. Aluche

30 de xaneiro de 2022

O "Campeonato de Madrid de Lanzamientos Largos" contará coa participación da nosa atleta Iris de Castro González na proba de lanzamento de disco 1kg en categoría absoluta femenina.

"Reunión FAM 8"

"Reunión FAM 9"

Pista Cubierta de Gallur, Madrid

30 de xaneiro 2022

Este domingo disputaráse na Pista Cubierta de Gallur de Madrid a "Reunión FAM 8 e 9" onde participarán as nosas atletas Talia Mara Pérez Dambrauskas nas probas de 60 200ml  e Yaiza Sanz na proba de salto de lonxitude.

 

 

     

    Ata 5 mínimas nacionais acadadas esta fin de semana

    Este sábado disputouse na Pista Cuberta de Ourense a "XVI Copa Xunta de Galicia de Clubs" onde as nosas balas vermellas deixáronnos unha magnífica actuación, loitando ata o final e conseguindo un maravilloso 3er posto. Ademáis, ata catro atletas fixeron a mínima para os seus respectivos campionatos nacionais de pista cuberta. 

    Por un lado, Carolina Santos nos 800ml, Alicia Barreiro nos 400ml e Carmen Carrera nos 1500ml fixeron a mínima para o Campionato de España sub18. Por outra banda, Diaou Diallo fixo a mínima no triple salto para o Campionato de España sub20.

    Primeira competición de clubes superada con éxito. Gracias por facernos vibrar ata o último momento, por percorrer cada metro da pista, cada salto e cada lanzamento coa intención de deixarvos a pel pasase o que pasase.  Que o vivido o sábado sexa un aprendizaxe máis, esto só acaba de comezar. ¡Noraboa, chicas!