Bo rexistro de Marina Bagur na Mitja Marató de Barcelona

 

                           

 

Na solleira mañá de onte, tivo lugar polas céntricas rúas da capital catalana a "eDreams Mitja Marató de Barcelona".

A representación do noso club correu a cargo da atleta Marina Bagur Olives, que tras unha magnífica competición, cruzou a meta no 16º posto da súa categoría e acadou unha estupenda marca de 1h16´44", o que lle supon MMP. 

¡Parabéns Marina!

Premiación XIX Circuito Escolar Ferrolán de Carreiras Populares e de Campo a Través.

                                

A partires das 13:00 horas do vindeiro domingo 26 de febreiro, terá lugar na Praza de Armas a entrega de trofeos ós atletas e ós centros educativos gañadores do "XIX Circuito Escolar Ferrolán de Carreiras Populares e  de Campo a Través".

Os atletas premiados do noso club son os irmáns Irma e Hugo Veiguela Tizón

Irma é a gañadora do Circuito na categoría Sub 16 femenino e Hugo logrou a terceira posición na categoría Sub 12 masculino.

 

¡Parabéns ós dous irmáns!

Outra fin de semana chea de éxitos para o noso club.

 

 

  

 

                                       

Esta fin de semana celebrouse, no Centro Deportivo Municipal Gallur de Madrid, o "LIX Campeonato de España en Pista Cuberta". 

A nosa atleta Elena Llobera competiu na proba de lonxitude, pulverizando a súa MMP cun salto de 6,14 m e acadando un excelente 4º posto.

Nos 800 ml Marta Pla logrou a 5ª posición na súa serie cun rexistro de 2'13"11.

 

 

 

     

        

Xa na nosa terra, na tarde de onte tivo lugar o "XLVI Campionato Xunta de Galicia Sub20 en Pista Cuberta" na pista de Expourense e onde as nosas atletas acadaron uns estupendos resultados con catro medallas de ouro.

Carolina Santos competiu nos 800 m finalizando na 1ª posición cun rexistro de 2'18"90. Tamén nos 800 ml, a nosa atleta Isabel Rodríguez finalizou na 7ª posición cunha marca de 2'39"66 o que supón MMP.

No triplo salto, Diaou Diallo gañou a medalla de ouro cun salto de 12,54 m.  

Pola súa banda, Lucía Blanco, acadou un rexistro de 9"43 nos 60 mv o que permitiulle subir ó máis alto do podio.

Como colofón a esta excelente xornada, a nosa atleta Xiana Lago, colgouse a medalla de ouro na proba de peso cun lanzamento de 13,23 m.

 

 

 

 

Hoxe pola maña, a pista de Expourense acolleu o "Control FGA Pista Cuberta". A atleta Daniela Alonso competiu nos 300 ml acadando unha marca de 49"86.

 

¡¡Parabéns rapazas!!

Crónica da fin de semana

 

 

O pasado venres tivo lugar, no velódromo Luis Puig de Valencia, o "Campeonato Autonómico de Pruebas Combinadas Sub18 Sub Sub 20 y Control PC".

A nosa atleta Celia Muñoz de Morales Castro tomou parte na proba de 200 ml, onde acadou un rexistro de 26"44.

 

 

Na maña do sábado, as nosas balitas vermellas participaron no "Campionato Pronvicial de Campo a Través Escolar" que discorreu no circuito de Mondego (Sada). 

Acadaron os seguintes resultados:

Categoría Sub-16 femenino

  • Irma Veiguela Tizón 4ª clasificada.
  • Olga Sánchez Romar 27ª clasificada.

Categoría Sub-14 femenino

  • Edurne López Cordero 59ª clasificada.
  • Sara Martínez Campos 62ª clasificada.
  • Sara Fernández Rodríguez 81ª clasificada.
  • Bárbara Requejo Regal 84ª clasificada.

Categoría Sub-14 masculino

  • Alejandro Soto Montes de Oca 37º clasificado.

Categoría Sub-12 femenino

  • Julia Peñas Moriceau 33ª clasificada.
  • Laura Fernández Pérez 40ª clasificada.
  • Lara Pita Cereijo 46ª clasificada.
  • Cecilia Moreira Herce 54ª clasificada.
  • Aroa Goti Vidal 61ª clasificada.

Categoría Sub-12 masculino

  • Hugo Veiguela Tizón 5º clasificado.
  • Lucas Jiménez Vilchez 28º clasificado.
  • Juanra Martínez Martínez Rodríguez 52º clasificado.
  • Fernando Arias Vázquez 53º clasificado.
  • Ángel Martínez Rivera 66º clasificado.

Categoría Sub-10 masculino

  • Hugo Cajamarca Díaz 48º clasificado.
  • Mario López Piñón 53º clasificado.
  • Resultados

 

 

 

As pistas de atletismo do barrio madrileño de Aluche foron o escenario do "Campeonato de Madrid de Lanzamientos Largos (Disco Absoluto y Sub20)".

A representanción do noso club correu a cargo da atleta Iris de Castro González, que cun lanzamento de 37,02 m, acadou a 3 posición das participantes.

 

 

Na tarde do sábado tivo na pista de atletismo Las Mestas en Xixón o "Campeonato de Asturias de Invierno de Martillo".

Competiron as atletas María Oliva Amores Fernández, que cun lanzamento de 46,55 m, proclamouse campiona de Asturias e Lucía Majo Villegas que acadou un rexistro de 24,31 m.

 

 

 

Agora viaxaremos ata terras ibicencas, onde na mañá do domingo, na localidade de Buscastell, disputouse o "Campeonato de Baleares absoluto individual-Clubs de Cross 2023" e onde a nosa atleta Marina Bagur Olives proclamouse campiona absoluta.

¡¡Parabéns a tod@s!!

Prata no Campionato Xunta de Galicia de Marcha de Inverno

                                

 

Remata unha exitosa fin de semana para o noso Club con boas noticias dende Ames, onde esta mañá disputouse o "XXXIV Campionato Xunta de Galicia Absoluto Masculino e Feminino de Marcha en Ruta" e a nosa atleta Natalia Rivas Iglesias proclamouse subcampeona na Categoría Absoluta e na Categoría Sub18.

¡Parabéns Natalia!

Exitoso sábado con varias mínimas e medallas d@s nos@s atletas.

 

                                                              

No día de onte, a pista cuberta de Expourense foi o escenario do "XVI Campionato Xunta de Galicia Sub10-Sub12-Sub14 en Pista Cuberta".

O atleta Hugo Veiguela Tizón, da categoría Sub12, participou nas probas de 60 ml, onde acadou un rexistro de 9"59 e nos 500 ml na que finalizou 2º na súa serie cunha marca de 1'35"55.

Boa experiencia para Hugo na súa primeira competición en pista cuberta.

 

 

    

Na solleira mañá do sábado tivo lugar na pista do CGTD en Pontevedra o "Control FGA AL".

As nosas balas vermellas competiron de forma excepcional e acadaron varias mínimas para os diversos Campeonatos de España de Pista Cuberta. Os seus resultados foron os seguintes:

Adrian Rivadulla Alonso logrou unha marca de 1'56"71 nos 800 ml, marca mínima para participar no Campeonato de España de Pista Cuberta na categoría Sub18.

Alicia Barreiro López participou nos 400 ml logrando unha marca de 58"25, marca mínima para participar no Campeonato de España de Pista Cuberta na categoría Sub18.

Irma Veiguela Tizón acadou un rexistro de 1'38"45 nos 600 ml, marca mínima para participar no Campeonato de España de Pista Cuberta na categoría Sub16.

Inés Oitaven Pascual, rexistrou unha marca de 59"25 na proba de 400 ml.

Daniela Alonso Dos Santos competiu nos 300 ml rematando cun rexistro de 48"52.

Ararat Pazos Meixus acadou unha marca de 6'05"67 nos 1500 ml.

 

 

                               

Na tarde de onte, a pista do CGTD en Pontevedra albergou a celebración do "Campionato de Galicia de Inverno Absoluto e Sub23 de Lanzamentos Longos".

A nosa atleta Adriana Reguera González competiu na proba de lanzamento de martelo, finalizando no 6º posto da clasificación absoluta e colgándose a medalla de bronce na categoría Sub23, cun lanzamento de 41,83 m.

 

 

                 

 

Agora viaxaremos ata as Illas Baleares, onde no día de onte tivo lugar o "Campeonato de Baleares Absoluto Individual PI 2023" celebrado na pista de atletismo de Calviá.

A representación do noso club estivo a cargo da atleta Marina Bagur Olives, que competiu nos 3000 ml parando o crono nun tempo de 10'23"62 e que lle permitiu subir o tercer caixon no podio deste campeonato.

 

 

                                       

O Velódromo Luis Puig, na cidade de Valencia, foi o escenario no día de onte do "Campeonato Autonómico Absoluto PC".

O noso Club estivo representado por partida dobre, a atleta Celia Muñoz de Morales Castro acadou un rexistro de 7"91 nos 60 ml e de 26"17 nos 200 ml.

Asimesmo, a atleta Ana Carvajal Herrera competiu na proba dos 1500 ml na que logrou a medalla de bronce cunha marca de 4'43"29.

 

 

Nesta ocasión viaxamos ata terras asturianas onde no día de onte, disputouse o "Control de P.C".

Competiron as atletas Diana Jimenez Guerrero na proba de pértiga e na que acadou un salto de 3,65 m e Rocío Díaz Granda na proba de altura, logrando un rexistro de 1,60 m.

 

¡Parabéns a tod@s!

 

Intensa fin de semana e bos resultados para as nosas atletas.

                                                                   

O sábado 28 de xaneiro celebrouse a "XIII Copa Deputación de Lugo- 2ª Xornada". O resultados das nosas atletas foron os seguintes:

  • Lucía Blanco Méndez 9"26 nos 60 mv.
  • Diaou Diallo Chao 11,86 m en triple salto.
  • Erika Martínez Tilve 37,82 m en lanzamento de martelo 4 kg.
  • Adriana Suárez López 29,29 m en lanzamento de martelo 3 kg.
  • Marta Gómez Pico 24,17 m en lanzamento de martelo 3 kg.

 

 

   

A localidade de Jumilla (Murcia) foi a sede do "Campeonato Regional de Marcha en Ruta 2023", celebrada o sábado 28 de xaneiro e onde a nosa atleta Iria Rivas Iglesias cruzou a liña de meta no posto 13, acadando un rexistro de 53'16".

 

 

               

A atleta Rocío Díaz Granda competiu por partida doble esta fin de semana. Na mañá do sábado 28 de xaneiro competiu no "XXIX Campeonato de Cantabria Absoluto de Invierno" na localidade de Santander e onde acadou un salto de 1,60 m na proba de altura.

Na tarde do mesmo día viaxou ata a cidade de Oviedo para tomar parte no "Campeonato de Asturias Master y de Combinadas y Control P.C.", onde logrou un salto de de 1,61 m na proba de altura.

 

 

 

Na tarde do sábado, a localidade catalá de Sabadell foi a sede do "Míting Internacional de Catalunya en Pista Coberta". A nosa atleta Marta Pla Botella parou o cronómetro nun tempo de 2'10"18 na proba dos 800 ml.

 

 

 

                                        

A pista cuberta de Gallur foi a sede do "Campeonato de Madrid Absoluto PC" e onde na tarde do sábado, a nosa atleta Diana Jiménez Díaz logrou o a medalla de ouro na proba de pértiga cun salto de 3,66 m.

 

 

 

 

Boas noticas as que nos chegan dende Pombal, localidade do país veciño que celebrou onte os "Campeonatos Nacionais de Clubes em Pista Coberta - Apuramento" e onde a nosa atleta Elena Llobera Miró conseguiu o billete directo para o Campeonato de España Absoluto de Pista Cuberta na proba de lonxitude, ó acadar un salto de 5,98 m.

 

 

Na mañá de hoxe, tivo lugar na localidade vizcaína de Ortuella o "Campeonato de España de Campo a Través Individual y Federaciones". O duro circuito de "Las Balsas" foi o escenario deste campeonato, onde catro atletas do noso club competiron representando as súas respectivas Federacións. Os resultados foron os seguintes:

Categoría Absoluto Femenino

Marina Bagur Olives 31ª clasificada.

Ana Carvajal Herrera 66ª clasificada.

Sofía Fernández Castro 72ª clasificada.

 

Categoría Sub20 Femenino

Carolina Santos Villalón 60ª clasificada.

 

 

¡Parabéns a todas!

Marta Pla acada a mínima para o Nacional Absoluto de Pista Cuberta.

 

Boas noticias dende Valencia, onde no día de onte tivo lugar o "Gran Premio Internacional P.C. Ciudad de Valencia 2023" e onde  a nosa atleta Marta Pla Botella acadou o billete para o Campionato de España Absoluto na proba de 800 ml ó lograr un rexistro de  2'10"33.

Asimesmo, Ana Carvajal Herrera acadou unha marca de 4'51"85 nos 1500 ml.

¡Parabéns!

Sofía Fernández e Carolina Santos seleccionadas para participar no Campionato de España de Federacións de Campo a Través.

                     

As nosas atletas Sofía Fernández Castro e Carolina Santos Villalón foron seleccionadas para representar a Galicia no Campionato de España de Federacións de Campo a Través, que terá lugar na localidade de Ortuella (Bizkaia) o vindeiro 29 de xaneiro de 2023.

¡Parabéns ás dúas!

Circular FGA 17-2023. Anexo Circular FGA 16-2023 Selección de atletas para o Campeonato de España de Federacións de Campo a Través.

Páginas

Suscribirse a Ría Ferrol Concepción Arenal RSS