Sabadell e Getafe, citas para dúas das nosas atletas absolutas

"Control Pista Cuberta de Sabadell"

Pista Cuberta de Sabadell (Barcelona)

Sábado 11 de Decembro de 2021

Mañá sábado día 11 terá lugar o "Control de Pista Cuberta de Sabadell" onde teremos representación na proba dos 60ml femeninos da man da nosa atleta Elena Llobera Miro.

"XXIII Trofeo de Marcha AD Cerro Buenavista"

Getafe

Domingo 12 de Decembro de 2021

Por outro banda, o domingo día 12 o noso clube estará representado no "Trofeo de Marcha AD Cerro Buenavista" que se disputará na cidade de Getafe (Madrid). Ata alí viaxará a nosa marchadora Iria Rivas Iglesias para participar nos 10km marcha absoluto femenino.

A IV Xornada da Deputación da Coruña contará con representación da nosa canteira

"IV XORNADA. PROBAS DE ATLETISMO EN PISTA DEPUTACIÓN DA CORUÑA"

Pistas de Atletismo INEF de Bastiagueiro, Oleiros (A Coruña)

Sábado 11 de Decembro de 2021

O sábado pola mañá disputaráse a "IV Xornada. Probas de atletismo en pista da Deputación da Coruña" onde teremos representación da nosa canteira.

Na categoría benxamín masculino participará Fernando Arias Vazquez nas probas de 50 ml e 500ml e, na categoría alevín masculino, a presenza do noso clube correrá a cargo dos atletas Bruno Castro Pereira Aron Ñacle Purriños, ambos os dous nas probas de 60ml e lonxitude.

Na categoría alevín femenina teremos a presenza das atletas Lara Fernández LópezCarla Rioseco San JoséNoa Seoane RubiñosAlicia Jove Novo e Pilar Sánchez Paz nas probas de 60ml e 500ml.

Cara e cruz para os nosos no Campionato de España de Cross por seleccións

"CAMPIONATO DE ESPAÑA CAMPO A TRAVÉS CSD"

Centro Ecuestre El Asturcón (Oviedo)

O "Campionato de España de Campo a Través por federacións autonómicas" déixanos con sentimentos encontrados.

Por un lado, a magnífica actuación de Ricardo Negrete acadando o 7º posto na categoría Sub16 e sendo o primeiro galego en pasar polo arco da meta e, por outro, o sabor agridulce debido ao lance de carreira que sufriu a nosa atleta Carolina Santos que obligouna a percorrer parte da mesma cun pé descalzo, aínda así, conseguíu ser a terceira galega en cruzar o arco de meta.

Na clasificación por seleccións, Galicia acadaría o 2º posto na categoría Sub16 de homes e o 10º posto na categoría Sub 18 de mulleres. ¡Noraboa!

Irene Bonafonte acada unha fantástica 3ª posición no "LV Cross Internacional de Catalunya"

"LV CROSS INTERNACIONAL DE CATALUNYA CIUTAT DE GRANOLLERS"

Instalaciones Municipales de Granollers

No día de hoxe disputouse o "LV Cross Internacional de Catalunya" onde a nosa atleta Irene Bonafonte acadaría unha maravillosa  terceira posición ao realizar unha marca de 30'51'' sobre os 8km do circuito de Granollers.