Resultados

Campionato de España Sub 16 en Pista Cuberta

      

                                            

A pasada fin de semana disputouse na pista de Expourense o "Campeonato de España Sub 16 en Pista Cubierta". 

Irma Veiguela competiu na proba de 600 m, na súa primeira participación nun Campionato de España, rematando no 4º posto da súa serie cun rexistro de 1'40"23 MMP.

¡Parabéns Irma!

XXX Carreira Pedestre San Xosé - Campionato de Galicia 5K

 

 

As rúas da localidade de As Pontes foron o escenario, o pasado domingo, do Campionato Xunta de Galica 5 K para as categorías absolutas, sub23, sub20 e máster.

A atleta Carolina Santos proclamouse campiona galega na categoría sub20 cun rexistro de 18'56".

Na mesma categoría, Ararat Pazos rematou na 25ª posición cunha marca de 21'43. 

Na categoría Master 55, o noso atleta José Manuel Insua cruzou a liña de meta na 6ª posición cun rexistro de 22'07".

¡Parabéns!

Campionato Autonómico de Lanzamentos Largos de Inverno.

O sábado 18 de marzo tivo lugar no C.A.R. de León o "Campeonato Autonómico de Lanzamientos Largos de Invierno".

Dúas das nosas atletas tomaron parte na competición acadando os seguintes resultados:

Erika Martínez acadou un rexistro de 45.40 m en lanzamento de martelo 3 kg.

Xiana Lago realizou un mellor lanzamento de 36.16 m en lanzamento de disco 1 kg.

 

 

¡Parabéns rapazas!

1ª Xornada en pista o aire libre do programa XOGADE.

 

O pasado sábado comezou a modalidade de Atletismo en Pista do programa XOGADE da Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia.

A competición desenroluose na Pista Universitaria de Elviña e os resultados d@s nos@s baliñas vermellas foron os seguintes:

 

Categoría Sub 10 masculino

- Hugo Cajamarca 9"70 nos 50 ml.

- Mario López 10"96 nos 50 ml.

 

Categoría Sub 12 femenino

- Julia Peñas 10"57 nos 60 ml e 2.58 m en lonxitude.

- Cayetana Rey 10"66 nos 60 ml e 2.27 m en lonxitude.

- Laura Fernández 10"72 nos 60 ml e 1.99 m en lonxitude.

- Lara Pita 11"06 nos 60 mle 2.49 m en lonxitude.

- Cecilia Moreira 11"43 nos 60 ml e 2.22 m en lonxitude.

- Sara Lema 11"78 nos 60 ml e 2.39 m en lonxitude.

 

Categoría Sub 12 masculino

- Hugo Veiguela 9"46 nos 60 ml e 3.85 m en lonxitude.

- Marcos Mauriz 10"19 nos 60 ml e 2.94 m en lonxitude.

- Fernando Arias 10"30 nos 60 ml e 2.58 m en lonxitude.

- Juan Ramón Martínez 10"59 nos 60 ml e 2.65 m en lonxitude.

 

Categoría Sub 14 femenino

- Marta Cuadrado 11"65 nos 80 ml.

- Edurne López 12"71 nos 80 ml e 8.28 m en xabalina (400 gr).

- Sara Martínez 12"92 nos 80 ml e 9.21m en xabalina (400 gr).

- Sara Fernández 13"08 nos 80 ml e 6.15 m en xabalina (400 gr).

 

Categoría Sub 14 masculino

- Alejandro Soto 11"50 nos 80 ml e 7.92 m en xabalina (500 gr).

 

 

¡Parabéns!

Control de marcas USC

 

Na tarde de onte celebrouse un control de marcas na pista da Universidade de Santiago, onde o noso club tivo representación na mesma por partida dobre. 

A atleta Adriana Reguera competiu na proba de martelo (4 kg), acadando un mellor lanzamento de 41,13 m.

Pola súa banda, Erika Martínez participou na proba de martelo (3 kg), na que logrou un rexistro de 44,48 m.

¡Parabéns rapazas!

Magnífico rexistro de Marina Bagur nos 10 km Villa de Laredo.

 

 

Na tarde de onte, a nosa atelta Marina Bagur participou nos "10 Km Villa de Laredo", onde acadou un fantástico rexistro de 34'44" quedando a tan só un segundo de batir o récord de Baleares.

¡Parabéns Marina!

Carolina Santos dobre medallista no Campionato de Galicia de 5KM en Ruta.

Na tarde de onte tivo lugar, nas rúas de Santiago de Compostela, o "Campionato Galego de 5 km en Ruta", tras ser aprazada por mor do mal tempo o pasado 31 de decembro do 2022.

A nosa atleta Carolina Santos, cun rexistro de 19'13", proclamouse Campiona Galega na categoría Sub18 e 3ª na categoría Absoluta.

¡Parabéns Carolina!

Un bronce e tres MMP no Campionato Xunta de Galicia Sub16 en Pista Cuberta.

                                                   

              

Onte celebrouse en Ourense o "Campionato Xunta de Galicia Sub16 en Pista Cuberta" e onde participaron catro das nosas atletas.

Nos 300 ml competiron:

Olga Sánchez que rematou na 2ª posición na súa serie, acadando MMP cun tempo de 48"40.

Daniela Alonso finalizando na 4ª posición na súa serie cun rexistro de 49"16.

Desiree Manso que gañou a súa serie na semifinal, cun tempo de 44"70 MMP, e na final acadou un rexistro de 46"25

Nos 600 ml, Irma Veiguela cruzou a liña de meta cun tempo de 1'40"85 MMP, acadando a medalla de bronce.

¡Parabéns rapazas!

CAMPIONATO DE ESPAÑA SUB18 EN PISTA CUBERTA.

 

                                            

Esta fin de semana disputouse en Salamanca o "XLVI Campeonato de España Sub18 en Pista Cubierta".

Na xornada matinal de onte, a atleta Alicia Barreiro competiu na proba de 400 ml rematando na 4ª posición da semifinal cun rexistro de 58"11.

Adrián Rivadulla, na xornada vespertina, disputou a semifinal dos 800 ml acadando a 5ª posición cun tempo de 2'00"65.

​¡Parabéns!

Intensa fin de semana con varios Campionatos Autonómicos e un Campionato Nacional.

 

 

  

O sábado día 4 tivo lugar nas pistas de Balaídos o "VII Campionato Xunta de Galicia de Lanzamentos Longos Sub 20, Sub 18 e Sub 16". 

Os resultados acadados polas nosas atletas foron os seguintes:

Laura Rico proclamouse Campiona de Galicia Sub 20, na proba de Xavelina, cun lanzamento de 33,82 m.

Erika Martínez acadou o Subcampionato de Galicia Sub 18, na proba de Martelo, cun rexistro de 45,12 m, que supón MMP.

Marta Gómez competiu na proba de Martelo na categoría Sub 16 na que acadou un mellor lanzamento de 27,83 m.

Adriana Suárez non tivo o seu mellor día na proba de Martelo, na que reralizou tres nulos.

¡Parabéns rapazas!

 

 

 

                              

O Circuito da Praia de Cabío, na Pobra do Caramiñal, foi o escenario o pasado sábado do "Campionato Galego de Campo a Través Xogade".

O atleta Hugo Veiguela acadou unha estupenda 8ª posición na categoría Sub 12.

¡Parabéns Hugo!

 

                             

 

                                              

 

     

Durante a pasada fin de semana disputouse, na pista cuberta de Sabadell, o "50 Campeonato de España Sub20 en Pista Cubierta". 

Competiron catro atletas do noso club acadando os seguintes resultados:

Lucía Blanco competiu nos 60 mv cun rexistro de 9"19 nas eliminatorias, que lle supón MMP,  e unha marca de 9"32 na semifinal.

Carolina Santos participou nos 1500 ml rematando na 5ª posición na súa serie unha marca de 4'56"89. 

Diaou Diallo acadou a medalla de bronce, na proba de Triplo, cun salto de 12,33 m.

Xiana Lago proclamouse Subcampiona de España na proba de Peso ó realizar un mellor lanzamento de 13,48 m, que supón MMP. 

¡Parabéns rapazas!

Páginas

Suscribirse a RSS - Resultados