Noticias Club

Amplia representación do clube en varias competicións esta fin de semana.

"Campeonato Absoluto de Castilla y León de PC"

"Control RFEA 200ml"

Salamanca

Sábado 5 de febreiro de 2022

Este sábado dispútase o "Campeonato Absoluto de Castilla y León" onde contaremos coa participación de Paula González García na proba de  60ml. Ademáis, dentro do campionato, celébrase un "control RFEA de 200ml" oinde estará presente a nosa atleta Talia Mara Pérez Dambrauskas.

"XI Campionato Xunta de Galicia Inverno Absoluto de Lanzamentos Longos"

"Control Inverno FGA Aire Libre

Pontevedra

Sábado 5 de febreiro de 2022

En Pontevedra celébrase o "Campionato Galego de Lanzamentos Longos" onde teremos participación local da man das atletas Laura Rico Bouza na proba de xavelina Xiana Lago Andrade na proba de disco. Por outra parte, no control de inverno da FGA teremos ao noso atleta Adrián Rivadulla Alonso nas probas de 800ml.

"Control Inverno FGA Pista Cuberta"

Ourense

Sábado 5 de febreiro de 2022

O sábado pola tarde dispútase o "Control Inverno FGA PC" na pista cuberta de Ourense onde contaremos coa presenza de Antía Martínez Queimaño nos 60mv Lia Caride Arufe nos 200ml.

"XXVIII Campeonato de Cantabri Absoluto de Invierno"

Mañá, sábado día 5, celébrase a primeira xornada do Campionato Absoluto de Inverno en Cantabria onde estará na liña de saída Paula González García na proba de 60mv.

"Campionat de Catalunya Absolut i Sub23 en Pista Coberta"

Pista Coberta de Catalunya (Sabadell)

Sábado 5 de febreiro de 2022

Este sábado, tanto en xornada matinal como vespertina, celébrase o Campionato autonómico de Catalunya onde teremos competindo a catro das nosas atletas. Elena Llobera Miro saltará na proba de salto de lonxitude, na proba de 800ml contaremos con Ona Alonso Camps  Irene Bonafonte Pardas, quen tamén correrá a proba de 1500ml. E, por último, nos 400ml tomará a saída Laura Alonso da Costa.

"XLIX Campionato de Galicia sub18H - XLI sub18M - XV sub16 de Campo a Través"

"XXV Memorial “Alejandro Lorenzo” – Campionato Xunta de Galicia de Campo a Través de Menores"

A Pobra do Caramiñal

Domingo 6 de febreiro de 2022

A Pobra do Caramiñal albergará este domingo a cita autonómica de campo a través en categorías sub18, sub16 e inferiores onde o noso clube terá unha amplia representación. En categoría sub 18 masculino competirán Ricardo Negrete Barrioluenga, Joel Novoa Gayoso, Adrián Rivadulla Alonso, Marcos Pérez Calvo, Sergio Fernández Rafales Diego Sánchez Aneiros. En categoría sub18 feminina estarán Carolina Santos Villalón Carmen Carrera Veiga.  En categoría sub16 feminina competirá Aroa Amado Prieto.

Por outra banda, en categoría sub14 competirán Adriana Castiñeira de Castro, Irma Veiguela Tizón, Olga Sánchez Romar, Billy Delgado Díaz, Brais Troitiño Díaz Bruno Castro Pereira. En categoría sub12 teremos a máxima representación coa presenza de Noa Seoane Rubiños, Lara  Fernández López, Carla Rioseco San José, Gala Fernández Castro, Claudia Garrido Gimeno, Manuela Baeza Rey, Adriana Sedes Montero, Elena Pita-Romero Brage, Carolina Ramil López, Hugo Veiguela Tizón  e  Arsenio Romero López. E, por último, en categoría sub10 tomarán a saída Martín Castiñeira de Castro  e Daniel Fachal de Castro.

¡Moítisima sorte a tod@s @s nos@s atletas!

Irene Bonafonte estrease esta tempada recollendo o billete directo para o Campionato Nacional

Onte celebrouse o "Gran Premio Internacional de Pista Cubierta Ciudad de Valencia" onde tivemos unha boa representación vermella. Por un lado, Laura Alonso da Costa finalizou os 400ml nun tempo de 56.42s. Por outro, Marta Pla finalizou os 800ml en 2'12''48 e, por último,  Irene Bonafonte Pardas estreouse esta tempada, nin máis nin menos, facendo a mínima para o Campionato Nacional Absoluto ao acadar unha marca de 4'26''34 na proba de 1500ml. 

¡Noraboa ás nosas chicas!

Valencia celebra hoxe o "Gran Premio Internacional de Pista Cubierta"

"Gran Premio Internacional de Pista Cubierta Ciudad de Valencia"

Velódromo Luis Puig, Valencia

Mércores 2 de febreiro de 2022

Na tarde de hoxe terá lugar a celebración do "Gran Premio Internacional de Pista Cubierta Ciudad de Valencia" onde o noso clube estará representado da man de Marta Pla Botella na proba de 800ml, Irene Bonafonte Pardas que correrá os 1500ml e Laura Alonso da Costa que tomará a saída na proba de 400ml. ¡Moítisima sorte!

 

Crónica de fin de semana: Dous novas mínimas para campionatos nacionais.

A fin de semana competitiva comezou coa "II Xornada Copa Deputación de Lugo" cunha amplia participación da nosa canteira tanto ao aire libre como no módulo cuberto, onde conseguiron bos resultados nas diferentes probas disputadas.

Na proba de 60ml sub12 competiron Hugo Veiguela, Arsenio Romero Carolina Ramil conseguindo unha marca de 9.99s, 10.37s 10.57, respectivamente. Nos 60ml absoluto Ricardo Negrete pararía o crono en 8.03s. Na proba de salto de lonxitude participou Rosalinda Ogie voando ata os 4.28m. 

Por outro lado, nas probas disputadas ao aire libre a nosa atleta Xiana Lago lanzou o artefacto 28.28cm na proba de lanzamento de disco. En categoría sub12 tivemos a participación nos 500ml de Manuela Barza facendo unha marca de 1'48''31Carolina Ramil cun tempo de 1'54''33Hugo Veiguela rematando en 1'45''58 Arsenio Romero, quen cruzaría a línea de meta en 1'55'83. Na proba do km sub12 Noa Seoane e Alicia Jove finalizaron a proba cun rexistro de 3'41''97 e 3'43''24, respesctivamente. Na media volta á pista Adrían Rivadulla faría unha marca de 25.18s, Joel Novoa rexistrou un tempo de 26.27s, Alicia Barreiro fixo 26.67s, as irmás Lucía e María Blanco pararon o crono en 28.01s e 29.63s e Candela Ruiz faría o mesmo nun tempo de 31.39s. Nos 300ml tomaron a saída Aroa Amado realizou un tempo de 48.17sAldara Ruiz quedaría preto da súa compañeira cun tempo de 48.30sDesiré Manso acabou en 49.15s e Noa Grandal consegui rematar en 52.10s. E, nos 1500ml, participaron Joel Novoa Marcos Pérez parando o crono en 4'37''59 4'59''77, respectivamente.

 

Dende Lugo voamos ata Valencia para contarvos dúas grandes alegrías de esta fin de semana. A primeria, o debut coas nosas cores de Marta Pla na proba de 800ml do "Campeonato Provincial Absoluto de PC". A segunda, a maravillosa maneira de debutar, xa que conseguiu rematar a proba en 2'12''14, conseguindo así, un billete directo ao Campeonato de España Absoluto.¡Brava! 

 

Este domingo estivemos en Jaén, onde celebrouse o Campionato de España de Cross onde Marina Bagur competiu coas cores da selección balear correndo os 10kms do percorrido nun tempo de 37'01''. 

En Madrid, celebrouse en Gallur a "Reunión FAM 8 e 9" onde participou Talia Mara Pérez na proba de 60ml acadando unha marca de 7.60s e nos 200ml, pararía o crono en 24.55s. Por outro lado, alí disputouse tamén o "Campionato de Madrid sub23" onde contamos coa participación de Yaiza Sanz na proba de lonxitude onde alcanzaría un salto de 5.26m.

 

Percorremos uns poucos kms maís ata chegar a Sabadell sen saber que alí disfrutaríamos doutra alegría da man da nosa atleta sub20 Ona Alonso na proba de 800ml parando o crono en 2'17''25, o que supón a mínima para o Campeonato de España de dita categoría.

Volvemos a nosa terra con moita alegría e paramos en Lugo para poñerlle a guinda a outro bonito fin de semana competitivo. Alí celebrouse o "Control Marineda - Adas - Riazor" onde participou Xiana Lago na proba de lanzamento de peso conseguindo un lanzamento de 10.64m e Bruno Castro na proba de 80ml sub14 acadando un rexistro de 8.65s.

¡Noráboa a todas e todos as/os nosas/os atletas!  

 

Fin de semana cheo de competición para os nosos e as nosas atletas.

"2ª Xornada XII Copa Deputación de Lugo"

Estadio Gregorio Pérez Rivera (Lugo)

29 de xaneiro de 2022

O sábado pola mañá disputaráse a "2ª Xornada da XII Copa Deputación de Lugo" onde teremos representación da nosa canteira.

Na categoría alevín masculino participarán Hugo Veiguela Tizón Arsenio Romero López nas probas de 60 ml e 500ml e, na categoría alevín femenina, a presenza do noso clube correrá a cargo das atletas Alicia Jove Novo e Noa Seoane Rubiños na probada de 1000ml e na proba de 500ml tomarán a saída Manuela Baeza Rey Carolina Ramil López, quen tamén correra a proba de 60ml. Na proba dos 200ml masculinos contaremos con Adrián Rivadulla Alonso Marcos Pérez Calvo, mentres que na categoría feminina correran Alicia Barreiro López, María Blanco Méndez, Candela Ruiz López  e Lucía Blanco  Méndez. Nos 300 e 60 ml homes tomará a saída Ricardo Negrete Barrioluenga. Na proba de 300ml mulleres correrán as atletas Aldara Ruíz MartínezDesireé Manso López, Noa Grandal Pérez Aroa Amado Prieto, que correrá tamén a proba de 600ml. En 1500ml estaremos representados da mán de Joel Novoa Gayoso e Sergio Fernández Rafales. Por último, na proba de lanzamento de disco e salto de lonxitude participarán Xiana Lago Andrade Rosalinda Ogie Ugo, respectivamente.

"Control B de Pista Cuberta"

CTD Adarraga (Logroño)

29 de xaneiro de 2022

En Logroño celébrase o "Control B de Pista Cuberta" onde contaremos coa presenza de Ana Camino Lacarte na proba dos 200ml.

"I Reunión Atletismo de Invierno"

Centro de Alto Rendimiento de León

29 de xaneiro de 2022

Na "I Reunión Atletismo de Invierno" que se disputará en el CAR de León participará a nosa atleta Inés Celorio Sánchez na proba de 60ml. 

"Campeonato Provincial Absoluto de PC 1ª Jornada"

Velódromo Luis Puig (Valencia)

29 de xaneiro de 2022

En Valencia celébrase o "Campeonato Pronvicial Absoluto de PC 1ª Jornada" onde contaremos coa presenza de Marta Pla Botella na proba do 800ml.

"Control de Marcas Marineda Atlético - ADAS Cupa - Riazor Coruña"

Estadio Gregorio Pérez Rivera (Lugo)

30 de xaneiro de 2022

O domingo celébrase o "Control de Marcas Marineda Atlético - ADAS Cupa - Riazor Coruña" onde contaremos con con Bruno Castro Pereira na proba de 60ml infantil masculino e Xiana Lago Andrade na proba de lanzamento de peso.

"Campeonato de España de Campo a Través"

Campo de fútbol de la Federación Sebastián Barjas (Jaén)

30 de xaneiro de 2022

Este domingo vaise celebrar o "Campeonato de España de Campo a Través" na localidade andaluza de Jaén participará a nosa atleta Marina Bagur Olives coa selección das Islas Baleares na categoría absoluta feminina sobre un percorrido de 10km.

"Control Absolut en Pista Coberta"

Pista Cubierta de Atletismo de Cataluña (Sabadell)

30 de xaneiro de 2022

No "Control Absoluto PC" de Sabadell contaremos coa participación da nosa atleta Ona Alonso Camps na proba dos 800 metros lisos.

"Campeonato de Madrid de Lanzamientos Largos"

Pista Atletismo C.D.M. Aluche

30 de xaneiro de 2022

O "Campeonato de Madrid de Lanzamientos Largos" contará coa participación da nosa atleta Iris de Castro González na proba de lanzamento de disco 1kg en categoría absoluta femenina.

"Reunión FAM 8"

"Reunión FAM 9"

Pista Cubierta de Gallur, Madrid

30 de xaneiro 2022

Este domingo disputaráse na Pista Cubierta de Gallur de Madrid a "Reunión FAM 8 e 9" onde participarán as nosas atletas Talia Mara Pérez Dambrauskas nas probas de 60 200ml  e Yaiza Sanz na proba de salto de lonxitude.

 

 

     

    Ata 5 mínimas nacionais acadadas esta fin de semana

    Este sábado disputouse na Pista Cuberta de Ourense a "XVI Copa Xunta de Galicia de Clubs" onde as nosas balas vermellas deixáronnos unha magnífica actuación, loitando ata o final e conseguindo un maravilloso 3er posto. Ademáis, ata catro atletas fixeron a mínima para os seus respectivos campionatos nacionais de pista cuberta. 

    Por un lado, Carolina Santos nos 800ml, Alicia Barreiro nos 400ml e Carmen Carrera nos 1500ml fixeron a mínima para o Campionato de España sub18. Por outra banda, Diaou Diallo fixo a mínima no triple salto para o Campionato de España sub20.

    Primeira competición de clubes superada con éxito. Gracias por facernos vibrar ata o último momento, por percorrer cada metro da pista, cada salto e cada lanzamento coa intención de deixarvos a pel pasase o que pasase.  Que o vivido o sábado sexa un aprendizaxe máis, esto só acaba de comezar. ¡Noraboa, chicas!