Noticias Club

Catro cidades españolas contarán coa presenza do noso clube este fin de semana

"Campeonato autonómico 200mv absoluto"

"Control autonómico absoluto"

Pista Cuberta Carlos Gil Pérez, Salamanca

Sábado 18 de Decembro de 2021

Mañá sábado día 18 as nosas cores se verán na pista cuberta de Salamanca. Por un lado, teremos a presenza de Paulette Fernández Ngo na proba de 200mv do campeonato autonómico absoluto e, por outro lado, no control autonómico absoluto participarán Talia María Pérez Dambrauskas nos 60mlInés Celorio Sánchez nos 60ml e 200mlPaula González García nos 60ml e 60mv.

Dita competición disputaráse en xornada vespertina e se poderá seguir en STREAMING.

 

"Criterium autonómico PC + Control"

Velódromo Luis Puig, Valencia 

Sábado 18 de Decembro de 2021

Mañá sábado 18 de decembro celebrarase, tamén en xornada vespertina, o "Criterium autonómico PC + Control" na pista cuberta de Valencia onde estará competindo nos 60ml a nosa atleta Celia Muñoz de Morales Castro.

 

"Control Pista Cuberta de Sabadell"

Pista Cuberta de Sabadell (Barcelona)

Sábado 18 de Decembro de 2021

Na xornada matinal de mañá sábado terá lugar o "Control de Pista Cuberta de Sabadell" onde teremos representación do noso clube na proba dos 60ml femeninos da man da nosa atleta Elena Llobera Miro.

 

"Jornada lanzamiento de disco"

Estadio Vallehermoso, Madrid

Sábado 18 de Decembro de 2021

Na xornada matinal de mañá teremos representación do clube na "Jornada lanzamiento de disco" en Madrid gracias á participación da nosa atleta Iris de Castro González na proba de disco 1kg.

Elena Llobera e Iria Rivas melloran marca en Sabadell e Getafe, respectivamente

"Control Pista Cuberta de Sabadell"

Pista Cuberta de Sabadell (Barcelona)

Sábado 11 de Decembro de 2021

Onte celebrouse o "Control Pista Cuberta de Sabadell" onde participou a nosa atleta Elena Llobera Miro na proba de 60ml, realizando unha marca de 8.15s na semifinal e mellorando dita marca na final, onde acadou un tempo de 8.12s.

 

"XXIII Trofeo de Marcha AD Cerro Buenavista"

Getafe

Domingo 12 de Decembro de 2021

Na xornada matinal de hoxe tivo lugar o Trofeo de Marcha AD Cerro Buenavista na localidade de Getafe, Madrid, onde participou a nosa atleta Iria Rivas Iglesias na proba dos 10km marcha na categoría absoluta femenina acadando un 14º posto e cruzando a línea de meta cun tempo de 49'26''. 

Actuación das nosas balitas vermellas no "XXXV Memorial Adolfo Ros"

"XXXV MEMORIAL ADOLFO ROS - VOLTA Á RÍA 2021"

Neda

Domingo 12 de decembro de 2021

O noso clube tivo representación no Memorial Adolfo Ros nas categorías inferiores coa participación das nosas balitas vermellas.

  • Na categoría sub18 destacaron Carolina Santos conseguindo a primeira posición, e Alba Veiga acadando a segunda posición.

  • Na categoría sub16 destacaron os atletas Ricardo Negrete Joel Novoa conseguindo o 2º e 3º posto respectivamente. Tamén participaron Sergio Fernández Diego Sánchez.

  • Na categoría sub14 femenina Adriana Castiñeira acabou en 4ª posición, as irmás  Marina Blanco Virginia Blanco cruzaron línea de meta en 5ª e 8ª posición e Carlota Veiga fixo o mesmo en 9ª posición. 
  • Na categoría sub12 femenina Lara Fernández alcanzaría a primeira posición, Alicia Jove acabou en 5ª posición e na 6ª posición entrou Carla Rioseco. Tamén participaron Jimena LópezAmanda Carreño Elena Pita.

  • Na categoría sub10 femenino Carolina Ramil acadou a 4ª posición, mentres que Laura Fernández e Cayetana Rey acabaron no 7º e 8º posto. Por outra banda, na categoría sub10 masculina Hugo Veiguela rematou en 2ª posición, mentres que Martín Castiñeira Lucas Jiménez  acadaron a 8ª e 10ª posición. Así mismo, faría o mesmo no 17º posto Joaquín Lago.