Circular RFEA Nº: 14/2015 .- SELECCIÓN ESPAÑOLA ENCUENTRO PRUEBAS COMBINADAS FRA-ESP-GBR

 
 
Circular RFEA Nº: 14/2015 .- SELECCIÓN ESPAÑOLA ENCUENTRO PRUEBAS COMBINADAS FRA-ESP-GBR

Circular RFEA Nº: 13/2015 .- SELECCIÓN ESPAÑOLA ENCUENTRO PRUEBAS COMBINADAS HOL-ESP-FRA-GBR-CZE

 
 
Circular RFEA Nº: 13/2015 .- SELECCIÓN ESPAÑOLA ENCUENTRO PRUEBAS COMBINADAS HOL-ESP-FRA-GBR-CZE

Noticias Web DELEGACIÓN FGA LUGO .- 13/01/2015 . CTO. GALEGO DE CLUBES DE COMBINADAS E GALEGO VETERANOS

 
 

CTO. GALEGO DE CLUBES DE COMBINADAS E GALEGO VETERANOS

O Pasado fin de semana o Módulo de Atletismo de Lugo volveu a ser escenario dun novo Campeonato Galego. Nesta ocasión, se disputou ca organización da Delegación Lucense de Atletismo o Campeonato Galego de Clubs de Probas Combinadas, así como o Campionato Galego Heptathlón e Pentathlón de Veteranos.
O gran triunfador deste campeonato foi a Sociedade Gimnástica de Pontevedra, que se proclamaría vencedor tanto no apartado masculino como no femenino. Ademáis, os atletas de ditos clubs, Santi Ferrer e Sandra Carballo foron os máis destacados no plano individual.
O segundo caixón do podium no apartado masculino foi para O R.C. Celta de Vigo, mentras que a Agrupación Viguesa de Atletismo lograba o tercer escalafón do podium. No tocante a proba femenina, a segunda posición foi para a Agrupación Viguesa de Atletismo e a Atlética A Silva lograba o tercer posto.
Entre os locales, destacou a actuación do xoven atleta de Castro Adolfo Sainz-Maza (R.C. Celta) que lograba a segunda posición individual, mentras que o mesmo posto o firmaba a lucense Alicia Merino (Lucus Caixa Rural).
Entre os veteranos, títulos para Gabriel Lorenzo (Atletismo Morrazo), José Luis Domínguez (R.C. Celta) e Francisco Quintáns (S.G. Pontevedra) no apartado masculino, mentras que no femenino, Mónica Yañez (ADAS O Barco), Lucía Doval (Atlética A Silva), María de los Ángeles Bernárdez (Atletismo Morrazo), Rosario Sureda (ADAS O Barco) e María de los Ángeles Rodríguez (ADAS O Barco) conseguían a medalla de ouro entre as féminas.

 

Noticias Web FGA .- 12/01/2015 . Campionato de Galicia de Clubes Probas Combinadas e Campionato de Galicia Heptathlón / Pentathlón Veterán

 
 
Actualidade do Atletismo Galego
Campionato de Galicia de Clubes Probas Combinadas e Campionato de Galicia Heptathlón / Pentathlón Veterán
Celebrouse no módulo e pistas do Gregorio Pérez de Rivera de Lugo o Campionato de Galicia de Clubes de Probas Combinadas e Campionato de Galicia de Heptathlón e Pentathlón veterán. En homes venceu a Sociedade Gimnástica de Pontevedra seguida do R.C. Celta e a Agrupación Viguesa de Atletismo mentres que en mulleres foi o xovencisimo equipos do AVA o vencedor. Completaron o podium o Atlética A Silva e a Sociedade Gimnástica de Pontevedra. Individualmente, os mellores foron Anxo Breogán (AVA) en cadete, Brandán Candal (C.A. Santiago) en xuvenil, Darío Costas (SGP) en junior, Santi Ferrer (SGP) absoluto e Gabriel Lorenzo (Atletismo Morrazo), José Luis Domínguez (R.C. Celta) e Francisco Quintás (SGP) en veterán M-35, M45 e M50 respectivamente. Nas mulleres as millores foron Silvia Dorila (RIA) en cadete, Andrea González (C.A. Santiago) en xuvenil, Sandra Carballo (SGP) absoluta e Mónica Yañez (ADAS), Lucía Doval (Atlética Silva), María Rosario Sureda (ADAS), María de los Angeles Rodríguez (Atlética A Silva) en veterán W-35, W-40, W-50 e W-55. Asemade, celebrouse probas de control de 60m e 60m valado con alta participación destacando o rexistro de Denis Galán do Coruña Comarca con 6.98 e os 7.55 do marinense Jean Marie Okutu nos seu quinto salto.
Salientar, tamén, a participación de atletas galegos no Campeonato do Norte de Portugal. Solange Pereira e Leticia Fernández foron primeira e segunda nos 1500 con 4.23.16 e 4.24.93 A tudense correu tamén os 800m  vencendo con 20.13.23.

 

Noticias Web DELEGACIÓN FGA FERROL .- FASE INTERCOMARCAL DE CAMPO A TRAVÉS

 
 

FASE INTERCOMARCAL DE CAMPO A TRAVÉS

Secretaría Xeral para o Deporte e Federación Galega de Atletismo, coa colaboración do Club  ATLETISMO NARÓN.
GANDARA (NARON) – 31 de Xaneiro de 2015
INSCRICIÓN
A inscrición dos atletas clasificados para esta Fase Intercomarcal de Campo a Través Escolar, farase antes das 14 horas do martes 27 de xaneiro do 2015, utilizando a folla que se inclúe nesta normativa, que deberán enviar por correo electrónico a DEPORTEIDADEESCOLAR@HOTMAIL.COM e ou tamén pódese facer a inscrición a través do sistema on-line da Federación Galega de Atletismo https://isis.rfea.es/sirfra2/ , coas claves de Usuario e contrasinal asignadas e enviadas a cada club, no caso de non ter dita clave poden solicitala ao Servizo de Deporte ou a Federación Galega de Atletismo. Aínda así, e por cuestións prácticas, prégase o emprego da citada Plataforma, xa que facilita o manexo da información.

 

Noticias Web FGA .- 12/01/2015 . Convocados os representantes da Asemblea Xeral da FGA da provincia de Pontevedra a unha xuntanza informativa en Vigo, maña martes ás 20,00 horas na Casa do Deporte

 
 
Actualidade do Atletismo Galego
12/01/2015 . Convocados os representantes da Asemblea Xeral da FGA da provincia de Pontevedra a unha xuntanza informativa en Vigo, maña martes ás 20,00 horas na Casa do Deporte
Convócase unha xuntanza informativa mañá 13 de xaneiro aos representantes da Asemblea Xeral adscritos á provincia de Pontevedra na Casa do Deporte (Vigo) ás 20:00 horas. Á mesma acudirá o delegado da FGA en Vigo D. Miguel Martínez, o Director Técnico D. Óscar Fernández e o presidente da FGA D. Isidoro Hornillos Baz, que estará acompañado por membros da Xunta Directiva e Comisión Delegada que se reunirá con carácter urxente unha hora antes no mesmo local.

 

Circular RFEA Nº: 12/2015 .- ESTADILLOS CAMPEONATO DE CLUBES DIVISIÓN DE HONOR 2015

 
 
Circular RFEA Nº: 12/2015 .- ESTADILLOS CAMPEONATO DE CLUBES DIVISIÓN DE HONOR 2015

Circular RFEA Nº: 11/2015 .- ESTADILLOS CAMPEONATO DE CLUBES 1ª DIVISIÓN

 
 
Circular RFEA Nº: 11/2015 .- ESTADILLOS CAMPEONATO DE CLUBES 1ª DIVISIÓN

Circular RFEA Nº: 10/2015 .- CURSO ENTRENADOR NACIONAL 1ª FASE FINES DE SEMANA

 
 
Circular RFEA Nº: 10/2015 .- CURSO ENTRENADOR NACIONAL 1ª FASE FINES DE SEMANA

Circular RFEA Nº: 9/2015 .- CURSO ENTRENADOR CLUB FINES DE SEMANA

 
 
Circular RFEA Nº: 9/2015 .- CURSO ENTRENADOR CLUB FINES DE SEMANA

Páginas

Suscribirse a Ría Ferrol Concepción Arenal RSS