Noticias Club

PROGRAMA DE LA FUNDACION UNIVERSITARIO DE FERROL PARA EL PATROCINIO DE EQUIPOS FERROLANOS DE ALTO NIVEL

 

EQUIPOS

 

 

Crónica da fin de semana: Dende a ledicia en Navarra ata o debut en Sabadell.

Esta fin de semana disfrutamos do regreso ao tartán da nosa atleta  Ana Camino Lacarte por partida dobre, xa que o venres disputou a proba de 60ml das "Pruebas de Control FNA PC" no módulo Zizur Mayor de Navarra acadando unhaa marca de 8.22s e o sábado pola tarde competiu no "Control A" disputado en Logroño tamén na proba curta de velocidade obtendo unha marca de 8.31s na seminifal.

Por outra banda, o sábado celebrouse en Asturias o "Campionato de Asturias de Inverno e Control de xavelina e marcha" na localidade asturiana de Gijón. onde tivemos a participación de tres das nosas atletas. Marina Pajón Area gañou a proba dos 5km marcha mellorando marca persoal ao facer 28'28''92. Así mismo, Laura Rico Bouza impúsoxe na proba de xavelina 500gr sub18 cunha marca de 35.71m. Por último, Paula González García proclamouse Campioa Asturiana de Inverno de 60 metros valos parando o crono en 8.86s.