O Club Atletismo Ria Ferrol e o Banco de Alimentos Ferrol Rías Altas únense para amosar toda a solidaridade có pobo ucraniano

Desde  o Club Atletismo Ría Ferrol, en colaboración có Banco de Alimentos Ferrol  Rías Altas imos a arrimar o hombro e enfocar toda a axuda da comarca de Ferrol  nunha Gran Campaña de Solidaridade có pobo ucraniano.

Nesta recollida imos a centrarnos principalmente en tres cousas:

✅Leite infantil

✅ Comida preparada en lata

✅ Material Sanitario de urxencia (Vendas, Betadine, material para curas,etc)

Podedes entregar todo o que se necesita no local do Club ( Pistas A Malata s/n .Serantes. FERROL)

O pobo ucraniano os necesita.

#riaferrol #unidoscontraelhambre #noalaguerra #stopwar

Esta fin de semana déixanos un posto de finalista nacional e novas experiencias na mochila para seguir mellorando.

Esta fin de semana celebrouse o “Campeonato de España sub18 de PC” en terras valencianas ata onde se desprazaron catro atletas do noso clube.

Alicia Barreiro gañou a súa serie de semifinais do 400ml cun tempo de 58’’19 conseguindo o pase directo á final, onde quedaría en 6ª posición cun tempo de 58’’14.

Por outro lado, Ricardo Negrete conseguiu o 4º posto da súa serie dos 800ml cun tempo de 1:58.49 que lle dificultou a clasificación para a final de mañá. E, así mesmo, Carolina Santos e Carmen Carreira correron as semifinais dos 1500ml realizando un tempo de 4:55.67 e 5:01.54, respectivamente, sen posibilidad de poder acceder á final de mañá.

Ademáis de isto, Ourense acolleu o “Campionato Xunta de Galicia sub16” onde participaron dúas atletas da canteira.

Por un lado, Aroa Amado participou nos 600ml quedando en 8ª posición da súa serie e parando o crono en 1:56.00 e, por outro, Aldara Ruiz acabou en 4ª posición da súa serie na proba de 300ml cun tempo de 47”82.

Dende Ourense fumos ata Lugo onde disputouse a 5ª xornada do Circuito Deputación de Lugo onde a nosa canteira obtuvo os seguintes resultados.

En categoría sub12 feminina:

  • Noa Seoane fixo unha marca de 9’’16 nos 60ml e 1:33.7 nos 500ml.
  • Alicia Jove parou o crono en 9’’66 nos 60 ml e 1:34.3 nos 500ml.
  • Lara Fernández realizou un rexistro de 9’’81 nos 60ml e 1:36.4 nos 500ml.
  • Pilar Sánchez correu os 60ml en 10’’12.

En categoría sub12 masculina:

  • Hugo Veiguela parou o crono en 9’’91 na proba de 60ml e 1:39.6 nos 500ml.

En categoría sub14 feminina:

  • Irma Veiguela realizou un rexistro de 8’’68 nos 60ml e 1:26.5 nos 500ml.

E, por último, en categoría sub14 masculina:

  • Bruno Castro fixo unha marca de 8’’60 nos 60ml e un salto de 4.28m na proba de lonxitude.

E xa para rematar, como broche final, o domingo celebrouse a “I Carreira da Muller” de Narón onde participaron atletas da nosa canteira obtendo os seguintes resultados.

Por un lado, en categoría sub10 masculina, o 1er foi para Lucas Jiménez, mentres que o seu compañeiro Mario López acabou en 10ª posición. En categoría feminina, Laura Fernández conseguiu subirse ao pódium en 3ª posición, mentres que as súas compañeiras Cayetana Barro e Noelia Cabrero acadaron a 5ª e 7ª posición.

Por outro, en categoría sub12 feminina Lara Fernández e Noa Seoane acadaron a 1ª e 2ª posición respectivamente, mentres que a 3ª posición sería para Alicia Jove e Gala Fernández conseguiu cruzar a línea de meta en 7ª posición.

Así mesmo, en categoría sub14 feminina Marta Cuadrado acadou a 6ª posición.

¡Noráboa a tod@s!

Catro atletas sub18 loitando no campionato nacional

"XLIV Campeonato de España sub18 en Pista Cubierta"

Palacio Velódromo Luis Puig (Valencia)

5-6 de marzo de 2022

Valencia acolle esta fin de semana o Campeonato Nacional sub18 de PC onde teremos a catro atletas do noso clube.

  • Ricardo Negrete participará na proba de 800ml.
  • Alicia Barreiro estará na proba de 400ml.
  • Carmen Carreira e Carolina Santos correrán os 1500ml.

Todo o campionato se poderá seguir a través do canle LaLigaSportsTV.

"XXXV Campionato Xunta de Galicia sub16"

Ourense

Sábado 5 de marzo 2022

O sábado disputaráse en Ourense o Campionato Galego sub16 onde participará Aroa Amado nos 600ml e nos 300ml correrá Aldara Ruiz.

"XII Copa Deputación de Lugo - 5ª Xornada"

Lugo

Sábado 5 de marzo de 2022

En Lugo dispútase a 5ª Xornada da Copa Deputación onde contaremos coa presenza de varias atletas do clube.

En categoría sub12 feminina participarán Alicia Jove, Noa seoane e Lara Fernández nas probas de 60ml 500ml, mentres que Pilar Sánchez correrá solo os 60ml. En categoría masculina, Hugo Veiguela correrá as probas de 60ml e 500ml.

En categoría sub14 feminina contaremos coa presenza de Irma Veiguela nas probas de 60ml e 500ml e, en categoría masculina, participará Bruno Castro nas probas de 60ml e lonxitude.

¡Moita sorte a tod@s!

Dous postos de finalista, un récord autonómico e dous marcas persoais no nacional absoluto de Ourense

Esta fin de semana Ourense foi o epicentro do atletismo nacional ao celebrar o Campeonato Nacional Absoluto de PC onde tivemos unha boa actuación das nosas atletas.

Por un lado, Talía Mara Pérez demostrou o bo estado de forma co cal chegou a dita cita ao pulverizar o seu récord de Asturias nas rondas eliminatorias de 200ml realizando un tempo de 24’’29 que levouna directa a semifinais. Non contenta con iso, nas semifinarias faría un rextistro de 24’’34, moi preto da súa mellor marca, e conseguiría o premio tan desexado de estar pelezando coas 8 mellores de España na final, onde acabaría en 7ª posición cun tempo de 24’’75. Por outro lado, Irene Bonafonte correu as semifinais de 1500ml cunha marca de 4:27.48 que serviulle para ganar a súa serie e obter unha plaza fixa na final nacional, onde quedou, tamén, en 7ª posición cun rexistro de 4:32.17.

Así mesmo, Paula González quedou 5ª da súa serie de 60 metros valos en primeira ronda cun tempo de 8’’72, preto da súa mellor marca. Marta Pla competiu nas semifinais de 800ml onde acabou en 6ª posición da súa serie realizando unha marca de 2:11. Elena Llobera acadou un magnífico 5º posto na proba de salto de lonxitude conseguindo unha marca persoal de 6.09m. E, no mesmo foso, Diaou Diallo, pese a que non se atopou cómoda ao longo da proba de triplo salto conseguiu unha 9ª posición nun nacional absoluto cunha marca de 12.37m. 

Entre medias, celebrouse en Cataluña o Campionato autonómico sub20 na Pista de Atletismo de Sabadell onde a nosa atleta Ona Alonso Camps conseguiu facerse có titulo de Campioa Catalana na proba de 800ml cun rexistro de 2:17.43. Ademáis, en Valencia celebrouse un control de 60ml dentro do "Campeonato provincial sub18 y sub20" onde competiu a Celia Muñoz realizando unha marca de 7''81.

E, por último, a nosa atleta Antía Sestelo participou na 3ª Xornada de Lanzamentos celebrada en Vilanova da Cerveira na proba de lanzamento de xavelina (600gr) acadando unha marca de 36.22m.

¡Noráboa a todas! 

6 balas vermellas entre a élite nacional esta fin de semana en Ourense

"LVIII Campeonato de España Absoluto de Pista Cubierta"

Pista Cuberta de Atletismo (Ourense)

25-26-27 de febreiro de 2022

Este fin de semana as nosas cores estarán no Campeonato de España Absoluto de PC da man das seguintes atletas:

  • Talia Mara Pérez Dambrauskas correrá a proba de 200ml.
  • Elena Llobera Miro estará na proba de salto de lonxitude.
  • Marta Pla Botella estará loitando nos 800ml.
  • Diaou Diallo Chao buscará caer o máis lonxe posible na proba de triplo salto.
  • Irene Bonafonte Pardás participará nos1500ml.
  • Paula González García correra na proba de 60 metros valos.

O campionato será retransmitido a través do canle de teledeporte. ¡Moita sorte a todas elas!

"30è Campionat de Catalunya sub20 en Pista Coberta"

Pista Coberta de Catalunya (Sabadell)

26 de febreiro de 2022

Sabadell acogerá este fin de semana o Campionat  de Catalunya sub20 de PC onde estará presente a nosa atleta Ona Alonso Camps loitando na proba de 800ml.

"Campeonato Provincial sub18/sub20 + Control 2ª Jornada"

Palacio Velódromo Luis Puig (Valencia)

Sábado 26 de febreiro de 2022

O sabádo celébrase o Campeonato Provincial sub18/sub20 + Control onde teremos a presenza de Celia Muñoz de Morales Castro na proba de 60 metros lisos.

¡Moitísima sorte a todas!

A boa dinámica das nosas e dos nosos atletas segue presente: ata 12 medallas autonómicas en un posto de semifinalista nacional se conseguiron nesta fin de semana.

Durante todo o día do sábado levouse a cabo en Ourense o “Campionato Galego sub18 de PC” onde tivemos unha boa actuación dos/as nosos/as atletas:

En categoría masculina, Marcos Pérez acadou unha marca de 25’’77 en semifinais, mentres que na proba de 400ml conseguiu parar o crono en 56’’19 rematando en 12ª posición. Na proba de 800ml Ricardo Negrete fíxose co título de Campión Galego cunha marca de 1:57.54 mentres que Adrián Rivadulla acadaría o tercer posto cun tempo de 2:02.06. e Joel Novoa cruzaría a línea de meta cun tempo de 2:10.19 en 11ª posición e, nos 1500ml, Sergio Fernández acabou en 11ª posición cun rexistro .de 4:47.58. En 3000ml Diego Sánchez rematou en 9ª posición cunha marca de 10:18.19.

Así mismo, en categoría femenina, Lucía Blanco correu os 60 metros valos realizando unha marca de 9’’81 en semifinais e na final parou o crono en 9’’54 conseguindo subirse ao tercer caixón do pódium. Na proba de 200ml fixo un rexistro de 27’’88 en semifinais e 27’’99 na final, conseguido o 7º posto. Por outro lado, Alicia Barreiro conseguiu o título de Campioa Galega na proba de 400ml cunha marca de 58’’38, mentras que, Carolina Santos quedou en 2ª posición na proba de 800ml cunha marca de 2:19.76 e Carmen Carrera acadou tamén o 2º posto cunha marca de 5:10.43 na proba de 1500ml.

Nese mesmo día, pero só en xornada matinal, celebrouse en Lugo a “XII Copa Deputación de Lugo – 4ª Xornada” onde en categoría sub 10 Laura Fernández Pérez e Noelia Cabrero Bouza participaron na proba de 500ml e cruzaron a línea de meta en 1:49.7 e 2:03.7, respectivamente. Tamén participaron en lanzamento de peso, onde Noelia conseguiu unha marca de 3.46m, mentras que Laura lanzou 2.38m. En categoría masculina, Lucas Jiménez Vilches parou o crono en 1:49.9 e Mario López Piñón faría o mesmo en 2:18.4 na proba de 500ml. Por outra parte, en categoría sub 12 Hugo Veiguela Tizón participou na proba de 60ml realizando unha marca de 9’’89, mentras que en mulleres, Pilar Sánchez Paz parou o crono en 10’’60. Xa en categoría sub 14 participou Irma Veiguela Tizón na proba de 60ml facendo unha marca de 8’’64.

En Salamanca celebrouse durante todo o fin de semana o "Campeonato de España sub23 de PC" onde o sábado disputou a proba de 60ml a nosa atleta Inés Celorio realizando en eliminatorias un rexistro de 7’’86 que lle permitiu acceder a semifinais, onde conseguiría unha marca de 7’’85, quedando en 12ª posición.

E, para rematar o sábado, en Valencia tivo lugar o "Campeonato Autonómico Absoluto de PC" onde a nosa atleta Marta Pla proclamouse Subcampioa Valenciana Absoluta na proba de 400ml. Así mesmo, paralelo a este campionato, celebrouse un Control RFEA de PC onde, por un lado, Rocío Díaz participou na proba de salto de altura acadando un mellor salto de 1.63 m e, por outro, Celia Muñoz correu os 60 metros lisos realizando un rexistro de 7’’92.

Por se non tivésemos suficiente, o domingo trouxéronnos máis alegrías xa que non deixaron de sair bos resultados. 

Comezando en Lourenzá (Lugo), onde disputouse o “Xogade – Campo a Través – Campionato de Galicia”, Lara Fernández e Carla Rioseco acadron a 1ª e 3ª posición respectivamente, Noa Seoane acabou en 5ª posición, Alicia Jove conseguiu o 7º posto e Adriana Sedes e Gala Fernández remataron a proba en 15ª e 26ª posición. A gran actuación de todas elas levounas, unha vez máis, ata o caixón máis alto do pódium en categoría sub12 feminina. Así mesmo, Hugo Veiguela acadou a 20ª posición na categoría sub12 masculina e, súa irmá Irma Veiguela conseguiu o 6º posto na proba sub14 feminina. Por último, Aroa Amado participo una proba sub16 feminina acadando a 30ª posición.

Por outro lado, en Ourense  celebrouse o “Campionato Galego sub20 de PC” en Ourense onde María Blanco competiu na proba de salto con pértega conseguindo o 2º posto cunha marca de 2.56m e Xiana Lago fíxose co titulo de Campioa Galega na proba de lanzamento de peso cunha marca de 12.23m. Así mesmo, fora de concurso participaron Antía Martínez na proba de 60 metros valos realizando unha marca de 9’’13 e Carolina Santos na proba de 3000ml cun rexistro de 10:49.64.

Ademáis, en Sabadell celebrouse un control Absoluto de PC onde a nosa atleta Laura Alonso parou o crono en 55’’94 na proba de 400ml.

¡Que as alegrías non paren! ¡Noráboa a tod@s un fin de semana máis!

Catro autonómicos e un nacional acaparan todas as miradas esta fin de semana

"LXV Cto. Xunta de Galicia sub18 Pista Cuberta"

Pista Cuberta de Atletismo (Ourense)

Sábado 19 de febreiro de 2022

Este sábado celébrase o "Campionato Galego sub18 en Pista Cuberta" onde contaremos coa cunha amplia representación.

Por un lado, en categoría masculina contaremos con:

  • Marcos Pérez Calvo, que correrá as probas de 200 400ml.
  • Na proba de 800ml contaremos coa presenza de Ricardo Negrete Barrioluengo, Adrián Rivadulla Alonso Joel Novoa Gayoso.
  • Sergio Fernández Rafales  disputará os 1500ml.
  • Diego Sánchez Aneiros correrá a proba de 3000ml.

Por outro lado, en categoría feminina teremos a:

  • Lucía Blanco Méndez nas probas ed 60mv e 200ml.
  • Na proba de 400ml contaremos coa presenza de Alicia Barreiro López.
  • Carolina Santos Villalón loitará nos 800ml.
  • Nos 1500ml estará Carmen Carrera Veiga.

 

"XII Copa Deputación de Lugo - 4ª Xornada"

Estadio Pérez Rivera e módulo cuberto (Lugo)

Sábado 19 de febreiro de 2022

Este sábado celébrase a "4ª Xornada da XII Copa Deputación de Lugo" tanto no módulo cuberto como ao aire libre ata onde se desplazarán varios dos nosos atletas. 

Por un lado, no módulo cuberto contaremos coa presenza de Hugo Veiguela Tizón nos 60ml alevín e, na mesma proba pero en categoría femenina, participará a nosa atleta Pilar Sánchez Paz. Na proba de 60ml infantil femenino correrá Irma Veiguela Tizón.

Por outro lado, ao aire libre, teremos a participación de Lucas Jiménez Vilchez Mario López Piñón na proba de 500ml benxamín. En categoría femenina, Laura Fernández Pérez e Noelia Cabrero bouza nas probas de 500ml e lanzamento de peso benxamín.

 

"Control RFEA - Cto. Atuonómico Absoluto PC"

Velódromo Luis Puig(Valencia)

Sábado 19 de febreiro de 2022

O sábado disputarase o "Campeonato Autonómico Absoluto de Pista Cubierta" en Valencia, onde estará participando na proba de 400ml a nosa atleta Marta Pla Botella. Ademáis, fóra de concurso contaremos coas nosas atletas Rocío Díaz Granda na proba de salto de altura e Celia Muñoz de Morales Castro na proba de  60ml.

"Campeonato de España sub23 de Pista Cubierta"

Salamanca

19 - 20 de febreiro de 2022

Esta fin de semana terá lugar a celebración do "Campeonato de España sub23 de Pista" onde estará a nosa atleta Ines Celorio Sánchez disputando a proba de 60ml.

"Control Absoluto de Pista Coberta"

Sabadell

Domingo 20 de febreiro de 2022

Este domingo, tanto dispútase o "Control Absoluto en Pista Coberta" en Sabadell onde teremos competindo Elena Llobera Miro  na proba de salto de lonxitude e Laura Alonso da Costa nos 400ml.

"XLV Cto. Xunta de Galicia sub20 Pista Cuberta"

Pista Cuberta de Atletismo (Ourense)

Domingo 20 de febreiro de 2022

Este sábado celébrase o "Campionato Galego sub20 en Pista Cuberta" onde contaremos con María Blanco Méndez na proba de salto con pértegaRosalinda Ogie Ugo na proba de lonxitude e Xiana Lago Andrade no lanzamento de peso (4kg).

 

"Xogade - Campo a Través - Campionato de Galicia 2022"

Lourenzá (Lugo)

Domingo 20 de febreiro de 2022

O domingo dispútase en Lourenzá o "Campionato Galego  Xogade de campo a través" onde teremos a participación de Hugo Veiguela Tizón Fabián Iglesias Sanmartín, Gala Fernández Castro, Lara Fernández López, Alicia Jove Novo, Carla Rioseco San José, Adriana Sedes Montero e Noa Seoane Rubiños en categoría sub12. En categoría sub14 contaremos coa participación de Irma Veiguela Tizón e na categoría sub16 tomará parte Aroa Amado Prieto.

A nosa canteira segue cosechando bos resultados

A Pobra do Caramiñal acolleu o sábado o “Campionato  Provincial de Campo a Través de Xogade” onde tivemos unha amplia representación da nosa canteira obtendo os seguintes resultados:
 
CATEGORÍA BENXAMÍN MASCULINA (800m):
 
  • Martín Castiñeira de Castro finalizou en 28ª posición cun tempo de 4:10.
 
CATEGORÍA BENXAMÍN FEMININA (800m):
  • Laura Fernández Pérez acadou a 5ª posición cun tempo de 4:01.
  • Cayetana Rey Dobarro conseguiu o 20º posto cun tempo de 4:23.
 
CATEGORÍA ALEVÍN MASCULINA (1,3km):
 
  • Hugo Veiguela Tizón conseguiu un 5º posto cun tempo de 5:23.
  • Fabian Iglesias Sanmartin acadou a 9ª posición cun tempo de 5:27.
 
CATEGORÍA ALEVÍN FEMININA (1,3km):
 
  • Lara Fernández López rematou a proba en 1ª posición cun tempo de 5:13.
  • Carla Rioseco San José conseguiu o 2º posto cun tempo, tamén, de 5:21.
  • Noa Seoane Rubiños quedou en 3ª posición cun tempo de 5:22.
  • Gala Fernández Castro alcanzou a 13ª posición cun rexistro de 5:50.
  • Adriana Sedes Montero finalizou no 14º posto cunha marca de 5:53.
  • Mencia Padín Sanesteban acadou o 50º posto cun tempo de 6:30.
  • Manuela Baeza Rey fixo o mesmo en 61ª posición parando o crono en 6:37.
  • Lorena Piñeiro Anca finalizou en 72ª posición cun tempos de 6:45
E, por equipos, a magnífica actuación de todas elas as levou ata o caixón máis alto do podium.
 
CATEGORÍA INFANTIL FEMININA (1,8km)
 
  • Irma Veiguela Tizón conseguiu o 3º posto cun tempo de 7:31.
  • Adriana Castiñeira de Castro quedou en 21ª posición realizando un tempo de 8:30.
  • Olga Sánchez Romar conseguiu a 41ª posición parando o crono en 9:05.
  • Eugenia Baeza Rey acabou en 52ª posición facendo un tempo de 9:22.
  • Marta Cuadrado Dorrio finalizou en 60ª posición cun tempo de 9:29.
  • Virginia Blanco López rematou no 61º posto cun rexistro de 9:29.
  • Carolina Piñeiro Anca acabo una 75ª posición parando o crono en 9:50.
E, por equipos, alcanzaron unha boa 5ª posición.
 
CATEGORÍA CADETE FEMENINA (2,3km):
 
  • Aroa Amado Prieto finalizou en 13ª posición cunha marca de 9:47.
 
¡Noráboa a tod@s!
 

Crónica da fin de semana: dúas mínimas nacionais, un récord autonómico e varias mellores marcas para as nosas atletas.

Esta fin de semana Ourense acolleu o “Campionato Galego Absoluto e sub23 de Pista Cuberta” e, como non podía ser menos, as nosas atletas conseguiron bos resultados.

Alicia Barreiro López conseguiu o subcampionato galego absoluto na proba de 400ml cunha magnífica actuación parando o crono en 57’’89, dándolle un bo mordisco a súa anterior marca.

Diaou Diallo Chao alcanzou a medalla de prata na proba de triple salto cunha marca de 12.18m.

Xiana Lago Andrade obtuvo, tamén, a medalla de prata na proba de lanzamento de peso cunha marca de 12.23m, o que supón mellor marca da tempada e quedándose a tan só 2cm da súa mellor marca persoal.

Ricardo Negrete Barrioluengo quedou en 6ª posición na proba de 800ml realizando unha magnífica marca de 1:56.33 o que supón mellor marca persoal e mínima para o Campionato Nacional sub18, rebaixando o tempo requerido en case 3 segundos.

Antía Martínez Queimaño acadou o 4º posto na proba de 60 metros valos realizando mellor marca da tempada ao parar o crono en 9.10s.

 

 

 

 

En Salamanca celebrouse o "IV Control Autonómico Absoluto" onde Talía Mara Pérez Dambrauskas correu os 60ml facendo un rexistro de 7.58s en semifinais e 7.56s na final e, na proba dos 200ml, parou o crono en 24.47s facendo mellor marca persoal, novo récord asturiano e mínima para o Campionato Nacional de PC. Por outra banda, Laura Alonso da Costa participou na proba de 400ml do "Contro RFEA" realizando unha marca de 55.77s.

En Madrid celebrouse o "Campeonato Autonómico de Pista Cubierta" onde Diana Jiménez Guerrero acadou o subcampionato de salto con pértega cun salto de 3.66m e Yaiza Sanz Calvo términos no 12 posto na proba de salto de lonxitude cuna salto de 5.27m.

 
Por outro, na localidade mallorquina de Inca disputouse o "Campeonato Balear de Campo a Través" onde Marina Bagur Olives conseguiu alzarse con título autonómico de cross cun tempo de 34'39'' nos 9,3km do percorrido.

E, en Oviedo, celebrouse o "Campeonato Asturiano Absoluto y sub23" onde Rocío Díaz Granda saltou 1.63m na proba de salto de altura que lle serviu para subirse ao caixón máis alto do podium.

Fin de semana competitivo para o noso clube

"XXXVII Cto. Xunta de Galicia Absoluto-sub23 Pista Cuberta"

Pista Cuberta de Atletismo (Ourense)

Sábado 12 de febreiro de 2022

Este sábado celébrase o Campionato Galego absoluto e sub23 en Pista Cuberta onde contaremos coa seguinte representación:

  • Xiana Lago Andrade participará na proba de lanzamento de peso (4kg).
  • Alicia Barreiro López correrá os 400ml.
  • Diaou Diallo Chao tomará parte na proba de triple salto.
  • Lia Caride Arufe correrá os 200ml.
  • Antía Martínez Queimaño participará nos 60mv.
  • Ricardo Negrete Barrioluenga fará o mesmo na proba de 800ml.

A Federación Galega retransmitirá a través da súa canle de youtube tanto a xornada matinal como a xornada vespertina.

"Xogade - Campo a Través- Campionato Provincial A Coruña 2022"

A Pobra do Caramiñal (A Coruña)

Sábado 12 de febreiro de 2022

Esta fin de semana dispútase en A Pobra do Caramiñal o "Campionato Provincial de campo a través" en categorías de base, onde contaremos cunha amplia representación da nosa canteira.

En categoría benxamín participarán Martín Castiñeira de Castro, Laura Fernández Pérez e Cayetana Rey Dobarro. En categoría alevín teremos a Fabian Iglesias Sanmartin, Hugo Veiguela Tizón, Manuela Baeza Rey, Gala Fernández Castro, Lara Fernández López, Alicia Jove Novo, Mencía Padín Sanesteban, Lorena Piñeiro Anca, Carla Rioseco San José, Adriana Sedes Montero e Noa Seoane Rubiños. En categoría infantil contaremos coa participación de Eugenia Baeza Rey, Virginia Blanco López, Julia Casal Fernández, Adriana Castiñeira de Castro, Marta Cuadrado Dorrio, Carolina Piñeiro Anca, Olga Sánchez Romar e Irma Veiguela Tizón. E, por último, en categoría cadete tomará parte Aroa Amado Prieto.

"IV Control Autonómico Absoluto e Control RFEA de 400ml"

Pista Cubierta de Salamanca

Sábado 12 de febreiro de 2022

Mañá sábado dispútase o "IV Control Autonómico Absoluto e RFEA" en Salamanca onde teremos a participación de Talia Mara Pérez Dambrauskas nas probas de 60 e 200ml e Laura Alonso da Costa nos 400ml.

"Cto. Absoluto de Madrid"

Pista Cubierta de Atletismo de Gallur (Madrid)

Domingo 13 de febreiro de 2022

Este domingo dispútase o "Campeonato madrileño de Pista Cubierta" onde na proba de salto con pértega teremos a nosa atleta Diana Jiménez Guerrero.

"Cto. Balear de Cross"

El Serral de ses Monges, Inca (Mallorca)

Domingo 13 de febreiro de 2022

El municipio mallorquín de Inca acogerá este domingo el "Campeonato Balear de Cross" onde competirá a nosa atleta Marina Bagur Olives na categoría absoluta sobre unha distancia de 10km aprox.

"Campeonato Asturiano de Pista Cubierta"

Palacio de los Deportes (Oviedo)

 12 - 13 de febreiro de 2022

Entre o sábado e o domingo disputarase o "Campeonato Asturiano de Pista Cubierta" onde, na xornada do domingo, entrará en liza a nosa atleta Rocío Díaz Granda na proba de salto de altura.

Páginas

Suscribirse a Ría Ferrol Concepción Arenal RSS