Noticias Web FGA .- COMPETICIONES: HORARIOS-INSCRITOS

Noticias FGA

Actualidade do Atletismo Galego
COMPETICIONES: HORARIOS-INSCRITOS

 

 

 

 

 

LISTADO DE COMPETICIÓNS F.G.A.

TEMPADA 2016/17

 

 

FECHA
COMPETICION
HORARIO
INSCRITOS
28/01/2017 XOGADE - comarcal escolar de campo a traves Horario

Inscritos

28/01/2017 CAMPIONATO DE GALICIA CADETE pista cuberta - Horario

Inscritos

 29/01/2017  CAMPIONATO DE GALICIA ABS.PRO,JUNIOR DE CAMPO A TRAVES Circular Inscritos
 29/01/2017  FASE FINAL V LIGA ESCOLAR FEDERADA A BANCA - Benxamin  Circular Inscritos
  29/01/2017  FASE FINAL V LIGA ESCOLAR FEDERADA A BANCA - Alevin   Circular  Inscritos
  29/01/2017  FASE FINAL V LIGA ESCOLAR FEDERADA A BANCA - Infantil   Circular  Inscritos
 28/29/01/2017  CAMPIONATO DE GALICIA DE PROBAS COMBINADAS ABSOLUTO (XUV/JUN/PROM) Novo Horario   Inscritos
 29/01/2017 CAMPIONATO  DE GALICIA PENTATHLON VETERANS - Lugo Novo Horario Inscritos

NOTICIAS DEL CLUB: Hoy viernes, se celebraron las Asambleas Generales Ordinaria 2016 y Extraordinaria del Club de Atletismo "Ría Ferrol"

Noticias CLUB

ASAMBLEA GENERAL ORDINARIA  2016
ASAMBLEA GENERAL EXTRAORDINARIA
CLUB DE ATLETISMO "RÍA FERROL"
Hoy viernes 27 de Enero, se celebró en el Centro Cultutal Municipal "Carballo Calero", las ASAMBLEAS GENERALES ORDINARIA Y EXTRAORDINARIA del Club de Atletismo "Ría Ferrol".
Primero se celebró la Asamblea Ordinaria, correspondiente al año 2016, en la que los Socios dieron su aprobación al acta de la Asamblea anterior, al Informe y Objetivos Deportivos y al Informe y Presupuesto Económico.
A continuación, se celebró una Asamblea Extraordinaria, que contaba con un único punto en la orden del día, como era la modificación del Artículo 9º de los Estatutos del Club, que una vez celebrada la votación, fue aprobada por los Socios.
Desde la Directiva queremos mostrar nuestro agradecimiento a los Socios por su asistencia y a la Concejalía de Cultura del Concello de Ferrol por cedernos un año más el salón de actos del Centro Cultural Municipal.

Noticias Web FGA .- 27/01/2017 . Estela Estévez, a raiña do cross galego

Noticias FGA

Actualidade do Atletismo Galego
27/01/2017 . Estela Estévez, a raiña do cross galego

Esta fin de semana disputarase como vimos anunciando no Concello de Ribadavia, o LXXXII Campionato de Galicia de Campo a Través Absoluto masculino e a L edición na categoría feminina.

Nada menos que un total de 82 edicións (50 nas mulleres) teñén pasado dende que aquel lonxano 1916 Jose Castillo do Vigo S.C. inscribira o seu nome por vez primeira  sobre unha distancia de 5 km. inaugurando o palmarés galego desta sempre dura, pero o mesmo tempo fermosa disciplina atlética.

Desde entón e con algún que otro parón que en calquer caso a partir de 1968 serían xa inexistentes, a atleta que máis títulos ten acadao na historia, é a viguesa Estela Estévez que baixo as ordes de Oliva Román acadaría nada mesmo que oito títulos autonómicos (1982,84,86,88,89,90,91,94).

Na categoría masculina hai tres atletas que comparten o título honorífico con seis victorias cada un entre os que se atopan:  Estanislao Durán (1978, 79, 81, 82, 83, 85) Alejandro Gómez (1989, 93, 94, 95, 96, 97) e Pedro Nimo (2005, 06, 07, 08, 13, 14). O de Santiago, que tomará parte no campionato, podería encabezar en solitario esa lista se consegue a victoria en Ribadavia.

Noticias Web FGA .- 6/01/2017 . Turno para os cadetes co seu autonómico

Noticias FGA

Actualidade do Atletismo Galego
26/01/2017 . Turno para os cadetes co seu autonómico

O Campionato de Galicia de Pista Cuberta para os atleta da categoría cadete terá nas instalacións do Pazo dos Deportes de Riazor a súa cita o vindeiro sábado 28 a partir dende as 11.00 horas ata a proximadamente as 19.45.

Neste campionato que tamén será Campionato de Galicia Xuvenil para as probas dos 1500 m. e dos 3000 m., agárdase unha ampla participación de atletas procedentes de tódalas delegacións e na que ademáis dun bo rexistro, unha boa posición ou un podium, está en xogo para moitos a posibilidade de acadar unhas das marcas mínimas cas que poder tomar parte no Campionato de España indoor da categoría que terá en Antequera o vindeiro dia 18 e 19 de Marzo a súa cita nacional.

Horario definitivo

Noticias Web FGA .- 26/01/2017 . A gran festa do atletismo base indoor o domingo ca final da V Liga Escolar Federada ABANCA

Noticias FGA

Actualidade do Atletismo Galego
26/01/2017 . A gran festa do atletismo base indoor o domingo ca final da V Liga Escolar Federada ABANCA

A pista cuberta de Riazor acollerá este domingo a partir das 10.30 a proba máis espectacular do calendario indoor autonómico ca disputa da fase final correspondente a V Liga Galega Escolar Federada ABANCA que se desenvolverá en xornada de mañán para os benxamíns e alevíns e en xornada de serán para os atletas da categoria infantil

Como ten  ocurrindo nas edicións anteriores, agárdase para esta final un magnífico ambente tanto nas pistas como nas bancadas, na que preto de seiscentos nenas e nenos tomarán parte nesta presente edición 

Por entidades clasificadas, destácase a presenza do Clube Ourense Atletismoquen sería capaz de colocar os seus seis equipos en cada unha das categorías. Tamén destacada presenza dos equipos do Millaraio, RIA Ferrol Vila de Cangas quenes tomarán parte con cinco equipos na citada final.

Serán precisamente os cangueses quenes partan como un dos favoritos a acadar o maior número de podiums por equipos xa que parte na defensa dos títulos colleitados na pasada tempada nas categorías de benxamín feminino así como de alevín e infantil masculino.

Circular     Cadencia dos listóns
Inscritos Benxamín     Inscritos Alevín     Inscritos Infantil  

Noticias Web FGA .- 26/01/2017 . De novo as combinadas cítanse en Lugo

Noticias FGA

Actualidade do Atletismo Galego
26/01/2017 . De novo as combinadas cítanse en Lugo

Como xa acontecera as pasadas fins de semana ca disputa dos distintos  Campionatos de Galicia de Probas Combinadas desenvoltos (clubs, veteranos, e cadete) o Módulo Cuberto de Lugo derá acollida a unha nova edición correspondente o Campionato de Galicia de Combinadas absoluto, xuvenil, junior,  promesa e veterán (pentathlon)

As probas terán comezo no serán de sábado as 16.00 horas dando remate nesa mesma xornada sobre as 21.30 horas. Xa na sesión do domingo abrirán os veteranos cos valados as 10.00 horas poñendo remate en torno as 13.15 cas carreira dos miles

Novo Horario (modificado)

Relación de admitidos (Abs.Xuv.Jnr.Pro.)

Relación de admitidos (Veteranos)

Noticias Web FGA .- 25/01/2017 . Todo a punto para a gran cita do Campo a Través en Galicia

Noticias FGA

Actualidade do Atletismo Galego
25/01/2017 . Todo a punto para a gran cita do Campo a Través en Galicia

O domingo 29 de xaneiro acontecerá no Circuito de Campo a Tarvés da Area recreativa de "A Veronza" do Concello de Ribadavia a disputa correspondete ó LXXXII Campionato de Galicia de Cross Absoluto, Promesa e Junior individual e por equipos masculinos e o L Campionato de Galicia Absoluto, Promesa e Junior Individual e por equipos femininos.

O evento que conta ca organización do Concello de Ribadavia, Xunta de Galicia e Clube Deportivo Aurum, está integrado dentro do II Circuito Galego de Campo a Través integrado por sete carreiras do circuito autonómico.

Con este Campionato a nosa comunidade desenvolverá o acontecemento atlético máis importante da especialidade que terá a súa continuidade o vindeiro dia 3 de Marzo ca celebración do Campionato de España en Xixón, para a reglón seguido continuar ca gran cita internacional da tempada, como son os Campionatos do Mundo da especialidade que este ano terá na capital ugandesesa de Kampala, o seu pais organizador.

   LISTADO ATLETAS:  CLUBES    DORSAL   

 Circuito - Camara de chamadas

Noticias Web DELEGACIÓN FGA OURENSE .- Campionato de Galicia Aboluto, Promesa e Junior de Campo a Través

Del. OURENSE

Campionato de Galicia Aboluto, Promesa e Junior de Campo a Través

cros ribadavia-web

O vindeiro día 29 de xaneiro, no circuito de campo a través da Area Recreativa de "A Veronza" en Ribadavía, o Concello de Ribadavia, o Servizo Provincial de Deportes de Ribadavia, a Federación Galega de atletismo e o Club Deportivo Aurum, organizan o: LXXXII Campionato de Galicia de Campo a Través Absoluto, Promesa e Junior, Individual e por Equipos Masculino e o L Campionato de Galicia de Campo a Través Absoluto, Promesa e Junior, Individual e por Equipos Feminino. [CIRCULAR].

As dúas probas están incluídas no II Circuto Galego de Campo a Través. [REGULAMENTO]

As inscricións realizaranse a través da EXTRANET na web da Real Federación Española de Atletismo (Enlace), como data límite o martes día 24 de xaneiro as 20'00 horas.

A Organización e a Federación Galega de Atletismo, aproveitando o feito de que se cumplen 50 edicións da 1ª disputa do Campionato de Campo a Través en categoría Feminina, honenaxeará a 1ª Campeona Galega de Campo a Través, a Ourensana Aurora Salgado (imaxe protagonista do Cartel do Campionato), que resultara vencedora da primeira edición disputada en Santiago de Compostela o 18/02/1968.

[INSCRITOS]

[DOCUMENTACION] Dossier do Campionato.

LOCALIZACIÓN [PincharAqui]

Circular FGA Nº: 15/2017 .- CONCENTRACIÓN FGA DE SALTOS

Circulares FGA

Circular FGA Nº: 15/2017 .- CONCENTRACIÓN FGA DE SALTOS

Circular FGA Nº: 14/2017 .- CAMPIONATO DE GALICIA DE PENTATLÓN DE LANZAMENTOS DE VETERÁNS

Circulares FGA

Circular FGA Nº: 14/2017 .- CAMPIONATO DE GALICIA DE PENTATLÓN DE LANZAMENTOS DE VETERÁNS

Páginas

Suscribirse a Ría Ferrol Concepción Arenal RSS