Xa está aberto o prazo de inscripción para participar nas dúas accións formativas que organizará a FGA nos vindeiros meses. Trátase do Curso de Monitor Nacional de Atletismo, autorizado pola RFEA e que terá lugar en dúas sedes este ano. Os interesados poderán escoller a cidade da Coruña ou Pontevedra para facelo. O prazo de inscrición remata o día 2 de outubro e haberá un total de 30 prazas asignadas por riguroso orde de inscrición.
O horario do curso será venres pola tarde e sábado mañá e tarde, ao longo de 8 fins de semana. Inscríbete aquí
Curso de Adestrador Nacional de Atletismo
Por outra parte, a FGA xa vai iniciar nestes días os trámites para organizar en Galicia no verán 2016 o Curso de Adestrador Nacional de Atletismo e convertirse así nunha das poucas comunidades que oferta este curso, que sen dúbica algunha cubrirá unha importante demanda existente.
|