Noticias Web FGA .- 18/07/2015 . Campionato de Galicia: Riazor Coruña, record galego absoluto de 4x100 e Lidia Parada record sub'23 na xavelina

Noticias FGA

Actualidade do Atletismo Galego

 Campionato de Galicia: Riazor Coruña, record galego absoluto de 4x100 e Lidia Parada record sub´23 na xavelina

As Pistas Josefina Salgado de Ourense albergaron o Campionato de Galicia Absoluto con algo de vento pero boa temperatura e cos nosos mellores atletas en competición salvo Denis Galán y Ana Peleteiro por lesión. A protagonista do Campionato foi Lidia Parada ao bater de novo o record galego promesa de lanzamento de xavelina con 56.27, o anterior record era 55.12 feito por ela en Tarragona en xuño, recien chegada de Tallín onde foi sexta no Europeo Sub 23 a atleta da Atlética Barbanza continúa coa súa excepcional progresión, Belén Toimil en peso lograba un novo título de campioa galega cun bo rexistro de 15.97 e en disco con 44.51. En salto de lonxitude Jean Marie Okutu volveu demostrar que está nun grande estado de forma co seu primer salto que foi de  7.99 con +2.1 de vento o que augura un bo fin de tempada preto do seu record de 8.01. Nas probas de velocidade dominio do atleta do Coruña Comarca Mauro Triana vencedor en 100 e 200 con 10.91 e 21.61 prexudicado polo vento, Eugenia Gil nos 100 metros e Lidia Casal do Ria Ferrol nos 200 con 25.38 subiron o mais alto do podium. O equipo do Riazor Coruña vén de completar unha excepcional semana batendo nesta ocasión o record galego absoluto de 4 x 100 con 41.43, os integrantes deste foron Javier García, Francisco Rodriguez, Carlos Moro e Enrique Prego. A proba feminina dos 400 foi sen dúbida a máis esperada da tarde e non defraudou, a vencedora foi Candela Diaz con 55.22, segunda Paula Ferreiros do Lucus con 55.90 e terceira Eugenia Gil do Marineda con 56.35. Nos 400 masculinos marcas persoais para Javier Regueiro do Santa Uxia Atletismo con 49.51 e Angel Vargas da SGP con 49.69. No medio fondo Jorge Puig demostrou a súa calidade e a súa lectura das carreiras en 800 e 1500 vencendo nas dúas probas cun final sensacional, Solange Pereira carreira en solitario nos 1500 con 4.16.43 seguida de Leticia Fernández do Ria Ferrol con 4.21.95, nos saltos David Barreira con 2.05 proclamábase Campión Galego mentres que Saleta Fernández volvía estar a un gran nivel con 1.72, Santiago Ferrer en pértega 4.72, Isaac Vicente martelo con 68.39, José Alfonso Palomanes con 15.76 en triplo, Angela González nunha carreira en solitario nos 800 metros con 2.10.50, Manuel Hurtado nos 5000 con 14.59.31, Claudia Rojo con 1.01.98 e Teresa Rodriguez con 14.68 en 100 valos foron outros dos protagonistas do Campionato de Galicia 2015.

Noticias Web FGA .- 18/07/2015 . RESULTADOS EN DIRECTO: Campionato de Galicia absoluto

Actualidade do Atletismo Galego
18/07/2015 . Campionato de Galicia absoluto

 

Noticias Web FGA .- 15/07/2015 . Ourense, acolle o Campionato de Galicia Absoluto

Noticias FGA

Actualidade do Atletismo Galego
15/07/2015 . Ourense, acolle o Campionato de Galicia Absoluto

Nas Pistas Josefina Salgado de Ourense disputarase ou sábado 18 de Xulio ou LXXXII Campionato de Galicia absoluto masculino ou XLVII Campionato de Galicia Absoluto Feminino e Campionato de Galicia de substitucións por clubs. 
Ademais de estar en xogo vos titulos de Campións Galegos a competición decidirá ou equipo que ha de representar a Galicia en Xixón ou 25 de xullo non Campionato de España de Federacións, tamén ou aliciente dous premios económicos do sistema de axuda a vos deportistas de elite galegos 2015, premios eles que serán entregadas non mesmo día.
Coas únicas ausencias por lesión de Denis Galan e Ana Peleteiro vos mellores atletas estarán en Ourense, disputados serán vos 100 metros masculinos con Javier Cancela Atletismo Narón e Mauro Triana do Coruña Comarca, ou 400 feminino con opción de título para catro atletas Jenny Fernandez do Atletismo Feminino Celta, Candea Díaz do Ría de Ferrol, Eugenia Gil do Marineda e Paula Ferreiros do Lucus, a lonxitude feminina con Iria Forján dá Atletica Barbanza e Leticia Gil do ADAS, outros nomes importantes son Jean Marie Okutu, Lidia Parada, Isaac Vicente, Francisco Durán ,Belén Toimil, Frank Casañas, Jose A. Palomanes entre outros

Cadencias saltos: 
- Pértega masculina: 3.32-3.42-3.52-3.62-3.72-3.82-3.92-4.02-4.12-4.22-4.32-4.42 (5/5) 
- Pértega femenina: 2.22-2.32-2.42-2.52-2.62-2.72-2.82-2.92-3.02-3.12-3.22-  3.32-3.42-3.52 (5/5) 
- Altura masculina: 1.65-1.70-1.75-1.78 (3/3) 
- Altura femenina: 1.35-1.40-1.45-1.50 (3/3)

NOTA:Os atletas que non estean nas listas de saída non poderán tomar parte no Campionato

Circular Campionato - Lista de saidas      Horario Camara de Chamadas

Triptico

Circular FGA / CGJ Nº: 7/2015 .- DESIGNACIONES 7-2015

Circulares FGA

Circular FGA / CGJ Nº: 7/2015 .- DESIGNACIONES 7-2015

Noticias Web FGA .- 17/07/2015 . Presentación do Campionato de Galicia Absoluto

Noticias FGA

Actualidade do Atletismo Galego
Presentación do Campionato de Galicia Absoluto

Onte foi a presentación do Campionato de Galicia Absoluto, que terá lugar o sábado, nas Pistas Josefina Salgado de Monterrei (Ourense). O Vicepresidente da Deputación Rosendo Luís Fernández neste acto eloxiou a competición que convertirase no foco do atletismo galego e nacional, xa que vai contar con figuras internacionais como Jean Marie Okutu, Belén Toimil, Frank Casañas, Lidia Parada ou Solange Pereira. No acto estiveron presentes, tamén, o xefe do Servicio Provincial de Deportes, Mario Guede; o secretario da delegación da FGA, Ángel Fidalgo; o asesor de Deportes da Diputación, Bernardino González; o delegado da FGA en Ourense, Manuel Blanco; e o vicerrector do campus de Ourense, Virxilio Rodríguez.

Foto: La Región

Noticias Web FGA .- 16/07/2015 . O Centro Galego de Tecnificación publicou as bases para optar a unha beca no centro

Noticias FGA

Actualidade do Atletismo Galego
16/07/2015 . O Centro Galego de Tecnificación publicou as bases para optar a unha beca no centro

A Secretaría Xeral para o Deporte publicou a semana pasada a convocatoria de Axudas para atletas que desexen acudir ao Centro Galego de Tecnificación. En breve publicarase o listado de atletas que presentaron a súa solicitude.

http://deporte.xunta.es/index.php?idMenu=67&int1=2795&idIdioma=2

PRENSA: DiariodeFerrol.com / Miércoles, 15 Julio 2015 .- Varios atletas locales subieron al podio en las citas de Vigo y A Coruña

Prensa

Diario de Ferrol

Varios atletas locales subieron al podio en las citas de Vigo y A Coruña

 | Actualizado 15 Julio 2015 - 01:20 h.
Algunos de los más prometedores atletas gallegos se reunieron el pasado sábado en las pistas de atletismo de Balaídos para dirimir el Gran Premio Ciudad de Vigo. La competición, que contó con representación local de la mano del Ría Ferrol y el Atletismo Narón, tuvo en Leticia Fernández a la local más destacada. 

La atleta de la entidad departamental se proclamó vencedora de la prueba de 800 metros lisos con una autoridad rotunda y más de cuatro segundos de ventaja sobre la segunda clasificada. 

No fue la única deportista de la comarca en subirse al podio. Así, Javier Cancela, del Atletismo Narón, se colgó la medalla de plata, quedándose a solo una centésima del oro en los 100 metros lisos. El deportista de la entidad naronesa rindió a un gran nivel toda la jornada. Su compañero Santiago García también fue segundo en la final de 1.500 metros lisos. Su tiempo de 3:54.24 supone, además, mejorar ampliamente su mejor marca personal y situarse en el segundo puesto de la clasificación histórica del club. Asimismo, tanto André Castelo, del Atletismo Narón, como Elvira Okutu, del Ría Ferrol, acabaron sus concursos de salto con pértiga y salto de longitud, respectivamente, en la cuarta posición.

Para Javier Cancela, la pasada semana fue de lo más provechosa pues, a mayores, el viernes había alcanzado un meritorio doblete en la sexta jornada del Circuito Coruña Corre en Pista, gracias a su victoria en los 100 y 200 metros lisos. 

En esta misma competición, los atletas del Ría Ferrol Lidia Casal y Pablo Loureiro se impusieron también en dos pruebas de velocidad, los 200 y 400 metros lisos, respectivamente. En la primera de ellas, además, otra deportista del club, Candela Díaz, acabó en la segunda posición de la carrera.
 

Tags:

Noticias Web FGA .- 16/07/2015 . Concentracións da RFEA

Noticias FGA

Actualidade do Atletismo Galego
Concentracións da RFEA

Os campións de España da categoría cadete, Santiago Represas do Club Atletismo Sada e Pedro Osorio do Club Ría Ferrol foron convocados pola Federación Española para acudir a concentración que se celebrará en Soria do 25 o 29 de xullo dentro do progama Nacional de Tecnificación Deportiva que centrase na detección, avaliación, selección e seguimento de novos talentos, Represas incluído na concentración de velocidade compite este fin de semana no Campionato Absoluto de Galicia, mentres Pedro Osorio foi chamado para a concentración de mediofondo. Na Circular da RFEA tamén consta como reserva na concentración de lanzamentos a realizar en Granada a atleta do AVA María del Mar Pérez no peso.

Fotos: La Voz de Galicia

Noticias Web FGA .- 15/07/2015 . Concentración de saltos

Noticias FGA

Actualidade do Atletismo Galego
Concentracción de saltos

Baixo a dirección do responsable de saltos Santi Ferrer estase a celebrar nas pistas do Centro Galego de Tecnificación unha concentracción na que atletas e adestradores compartirán adestramentos e experiencias.

Circular RFEA Nº: 171/2015 .- CONCENTRACIONES DE VERANO DEL PROGRAMA NACIONAL DE TECNIFICACIÓN DEPORTIVA

Circulares RFEA

Circular RFEA Nº: 171/2015 .- CONCENTRACIÓNES DE VERANO DEL PROGRAMA NACIONAL DE TECNIFICACIÓN DEPORTIVA
 

Páginas

Suscribirse a Ría Ferrol Concepción Arenal RSS