Noticias Web FGA .- Un Campionato de Galicia cargado de simbolismo

Noticias FGA

Un Campionato de Galicia cargado de simbolismo

Logo duns últimos días de intenso e frenético traballo de acondicionamento e de xestións a dúas bandas entre Universidade e Concello, xa se atopa todo preparado e dispoto para que mañá as Pistas Universitarias de Elviña acollan unha nova edición correspondente ó Campionato de Galicia Absoluto de Atletismo.
Como novidade este ano, conmemóranse os cincuenta anos ininterrumpidos de atletismo feminino que se veñen desenvolvendo nos Campionatos de Galicia. Por todo elo a Federación Galega de Atletismo quere aproveitar este aniversario para por en valor a igualdade entre ambos sexos como un principio básico e fundamental sobre o que se sustenta o atletismo, facendo do mesmo, un elemento reivindicador que trascende máis alá do ámbito deportivo.
Lembramos que a incorporación da muller ó deporte de maneira plena ten sido una loita longa e dificultosa ata o punto de que o creador dos Xogos Olímpicos, o baron Pier de Coubertain, se posicionara en contra de que as mulleres tomaran parte nos mesmos.
Pouco a pouco o cambio de mentalidades, pero sobre todo o activismo de moitas atletas que en tempos de oscuridade serían quen de rachar barreiras e mesmo de enfrontarse ó socialmente prohibido, daría paso a unha apertura cara as mulleres no atletismo.
Precisamente algunhas desas mulleres galegas pioneiras, transgresoras pero sobre todo valentes, terán unha homenaxe no transcurso deste campionato no día de mañá na que se lles fará entrega dunha distinción e recoñecemento.

Noticias Web FGA .- Os Máster e os Sub16 ante os seus nacionais

Noticias FGA

Os Máster e os Sub16 ante os seus nacionais

Victoria dará acollida os 2.097 atletas que durante os días 29 de xuño ó 1 de xullo, tomarán parte no Campionato Nacional Máster de Aire Libre.
A nosa comunidade acude cun total de 78 representantes tomando parte, entre outros, algúns dos medallistas do último  campionato de Europa de pista cuberta que se desenvolvería en Madrid o pasado mes de marzo. Entre elas Esther Pedrosa do Universitario de Santiago na W55 competirá nas probas de 1.500 m. e 5.000 m. Emilia Mesa do Ourense Atletismo na W65 será outra das protagonistas completando os tres lanzamentos de peso, xavelina e disco. As probas de velocidade dos 100 m. e dos 200 m. M35 contarán ca presencia de Miguel Gómez do Real Club Celta ó igual que os valados baixos contarán con José Miguel Cordal do Marineda A. na M60
Por último José Vicente Rioseco, o plusmarquista mundial na M75 tanto dos 800 m. pista cuberta como nos 1.500 m., figura inscrito nesta última proba.
Si todo esto acontecerá en Castellón, a preto de 530 km. de distancia os Sub16 desenvolverán nas pistas de Mendizorroza de Vitoria o seu campionato número dazasete á que acuden preto do 80 atletas galegos.
Entre eles destaca a presencia no sector de velocidadede Jorge Román do Real Club Celta quen sairá na proba dos 300 m. No medio fondo e fondo Carmen Vitoria González do Franciscanos de Lugo tomará parte nos 600 m. ó igual que Lope Quinteiro do Vila de Cangas nos 1.000 m. con claras opcións de medalla. Hugo García Souto da Gimnástica tamén é outra das claras apostas ó título nacional nos 3.000 m. na que tentará revalidar o seu triunfo no nacional indoor de Sabadell logo de estar a completar unha extraordinaria tempada.
Nos valados Belén García do ADAS Proinor intentará poñer remate a esta fantástica tempada co título nacional nos 300 m.v.
No concurso de saltos tanto Aitor Fernández da Atlética Lucense en Pértega como Alba Cuns do C.A. Negreira en triplo,  intentará mellorar as súas marcas sen descartar ningunha sorpresa.
Xa nos lanzamentos estaremos pendentes tanto das evolucións de Antía Sestelo do A.F. Celta e deVictoria Eiriz da Atlética Lucense en peso, como a de Nicolás Ortega do Coruña Comarca en disco, quen loitará a priori pola prata. Paula Piñón do Friol no lanzamento de disco así como Laura Tilde eMarta Neira en martelo, completarán esta especialidade. Atención a xavelina ca presenza novamente de Antía Sesetelo favorita ó titulo, que estará acompañada por María Pena do Clube A Silva e de Paula Piñón do Friol
Eric Méndez acaparará o protagonismo no concurso de martelo ó ter todas as papeletas para proclamarse campión nacional. Interesante será ver na loita polas medallas o tamén celeste David García e non menos a Daniel Mato do Millaraio en xavelina, na que acude co segundo mellor rexistro dos inscritos.
Por último na marcha destacada presencia do representante da Atlética Lucense Mateo Díaz e de Ana Piñeiro do Vila de Cangas.

Noticias Web FGA .- Elviña ultima os preparativos

Noticias FGA

Elviña ultima os preparativos

Unhas remodeladas pistas da Universidade de Elviña ultiman xa os últimos preparativos previos a disputa do Campionato de Galicia Absoluto, que convertirán a cidade herculina no epicentro do atletismo galego este sábado día 30 de xuño.
Lonxe queda xa aquel mes xullo do ano 1998 cando A Coruña recibirá por última vez a celebración deste evento e na que os nomes propios de aquela cita serían os de Julia Vaquero, Gustavo Dacal, Marta Míguez, Angeles Barreiro, ou Elisardo de la Torre.
Nesta edición contarase tamén ca participación de destacados atletas internacionais absolutos entre os que salientamos a presenza do heptaolímpico Frank Casañas en disco, Belén Toimil en disco e peso, Mauro Triana nos 200 m., Tariku Novales e Paula Mayobre nos 5.000 m., Ruth Ndoumbe en triplo ou Lidia Parada, Manuel Uriz e Borja Barbeito en xavelina por citar algúns. Non menos importante será a presencia dos xóvenes talentos internacionais do noso deporte comoOlaia Guisela Becerril quen tomará parte no concurso de lonxitude, Eva Queimaño quen o fará e altura,  Irene Gómez en martelo, Raquel Meaños nos 800 m. Antía Chamosa na marcha, Lucía Sicrenos 800 m. ou mesmo Andrea González e Ivanna Carolina Román en xavelina.
As cita dará comezo as 10:30 do sábado dando remate sobre as 20:30 horas.

Noticias Web FGA .- 13 medallas con sabor galego nos nacionaís Sub20 e Sub18

Noticias FGA

13 medallas con sabor galego nos nacionaís Sub20 e Sub18

Fantástico balance de 13 medallas o acadado polos galegos desprazados tanto a Gijón como ata Murcia para tomar parte nos Campionatos de España Sub20 e Sub18  que se desenvolverían durante esta fin de semana.
Comezando polo campionato disputado en terras asturianas un sensacional El Medhi El Naboaui, xa reposto das obrigas do Ramadán, imporía a súa clase e talento para facerse co título na proba dos 3.000 m. cun rexistro de 8:39.28 . Non menos sensacional sería a actuación da lucense Sara Lópezque volvería a amosar de novo a súa excelente calidade para facerse co campionato nacional con 10:12.94.
As medallas de prata serían para Iria Rivas nos 10.000 m. marcha con 24:45.48; Olaia Guisela Becerril do A.F. Celta no concurso de lonxitude con 5.82 m.; Jonatas Pereira do Cuntis en xavelina quen en excelente concurso lanzaría ata os  61.39 m. mellorando en preto de metro e medio a súa MMP;  Irene Gómez do A.F. Celta no martelo con 61.19 m. así como para o equipo de relevos dos4×100 m. do C.A. Santiago quenes se farían co subcampionato con 43.45.
Por último dous bronces para Lucía Sicre do Ría Ferrol nos 800 m. con 2:17.90 e para o celesteNicolás García quen enviara o disco ata os 54.00 metros xustos.
Xa no campionato de España sub 20 que se desenvolvería en Murcía os nosos representantes colleitarían un total de catro medallas de prata de mans de Antía Chamosa nos 5.000 m. marcha, cun rexistro de 50:55.41;  Raquel Meaños nos 800 m. nunha chegada de infarto que decidiría a vídeo finish e na que lle darían 2:12.5. Por último Andrea González da Gimnástica na xavelina con 43.94 m. e Elian Numa do Coruña Comarca nos 800 m. con 1:51.80 serían os que tamén logarían facerse co metal de prata nestos campionatos.

Noticias Web FGA .- Rumbo ó nacional Sub18

Noticias FGA

Rumbo ó nacional Sub18

Un total de 64 son os galegos que se desplazaran ata Gijón para tomar parte no LXVI Campionato de España Sub18
Nas probas de velicidade, destacamos a Víctor Mosteiro do A. Santiago quen tomará parte nos 100 m. intentando baixar novamente dos once segundos. Xunto él Rodrigo Álvarez do RÍA Ferrol loitará por un posto na final. Completan o sector de velocidade Nerea Iglesias do Fontes do SAR sobre os 100 m. e 200 m. e Carlos Argibay do Santa Uxía Atletismo.
No medio fondo, atención a presenza das ferrolanas do RÍA Ferrol Lucía Sicre que parte como favorita, e a Irene Barreiro quen sobre os 800 m. intentará estar no top5 da final.
El Mehdi El Nabaoui do San Paio A Estrada e Sara López da Atlética Lucense centrarán a atención na proba dos 3.000 m. o igual que Lía Caride do RIA sobre os 400 valos
O concurso de lonxitude terá en Olaia Guisela Becerril do A.F. Celta a unha seria aspirante ó ouro ó mesmo que a altura terá en Raúl Cortizo da Gimnástica ó seu referente. Xa no disco Nicolás Garcíado R.C. Celta estará de cheo na loita polas medallas grazas ós seus 55.40 m. No mesmo concursoMarcos Bouza do Beade intentará acceder á final ó igual que Cristina Freire do AVA e María Jiménez da Gimnástica quenes terán moito que decir nesta proba.
Irene Gómez en martelo ca prata ó seu alcance irá a mellorar a súa MMP de  61.55 m. Na mesma proba presenza da céltica Patricia Correa e Yago Araujo do Beade. Na xavelina baza importante para Jonathas Pereira do Cuntis e na que Andrea Botella do C.A. Santiago tentará estar sobre os 39 metros.
Por último a marcha volverá ser protagonista grazas a presenza de Roberto Vieiro do A. Santiago como un dos claros favoritos e a de Alex Novas do A. Narón como aspirante a medalla. Nas mulleres Iria Rivas do Celta terá una excelente oportunidade para estar na loita polo podio.

Noticias Web FGA .- Claras opcións para os galegos en Murcia

Noticias FGA

Claras opcións para os galegos en Murcia

Son dous os importantes Campionatos de España que esta fin de semana se van a desenvolver e na que tomarán parte atletas galegos.
Para comezar Murcia acollerá o LXIV Campionato de España Sub20 ó que acoden vintetrés deportistas con opcións tanto ós postos de finalistas como mesmo de podio. Os focos de atención recaerán nos 800 m. no que o atleta do Coruña Comarca Elian Numa parte ca segunda mellor marca dos participantes. Interesantes resultarán tamén os 200 m. femininos ca presenza da atleta do Celta Andrea Pais cun rexistro acreditado este ano de 25.18
Sen lugar a dúbidas unha das claras apostas pola medalla de ouro será a que represente Raquel Meaños quen correrá os 800 m. figurando ca mellor marca das participantes con 2:07.05. Fernando Rial do A.Naron sairá nos 5.000 m., co obxetivo de estar nos postos altos da clasificación.
Nos valados curtos Santiago Rozas do Lucus Caixa Rural intentará acadar un bo resultado que pasa por rebaixar esos 14.33 MMT
Na especialidade de lanzamentos a presenza de Andrea González da Gimnástica en xavelina dalle un claro papel de favorita grazas a esos 45.59 m. que a sitúan cómodamente á cabeza das participantes. Xunto ela estará a coruñesa Ivanna Carolina Roman do RÍA Ferrol campioa nacional Sub18 o ano pasado. No resto de lanzamentos Jaime Arias do Riazor Coruña andará na procura de pasar dos 15.00 metros en peso ó igual que Claudia Puig da Gimnástica en disco sobre os 37.00.
De novo a marcha será a proba que máis opcións depare para os nosos atletas xa que na categoría feminina Antía Chamosa parte como indiscutible favorita sendo tamén clara candidata á prata Leyre Aramburo. Nos homes o celeste Brais Prieto nos 10.000 m.  estará metido de igual modo, na loita pola título nacional.

Noticias Web FGA .- Pleno dos equipos galegos nas categorías de Honra e Primeira

Noticias FGA

Pleno dos equipos galegos nas categorías de Honra e Primeira

Pleno dos equipos galegos nesta fin de semana durante o transcurso da terceira e última xornada do Campionato Nacional de Liga tanto en Honra como en Primeira División.
En Honra masculina, e como estaba previsto, magnífico encontro da Gimnástica de Pontevedra en Elche na que non tivo problemas para ocupar o segundo posto do grupo de permanencia o que lle garante sobradamente un ano máis na élite do atletismo nacional.
Na categoría feminina o RÍA Ferrol que a priori o tiña máis difícil, solventaría a súa fase de Valladolid cun gran encontro na que as ferrolanas amosaron motivos sobrados para manter a categoría. O remate ocuparon a quinta posición  a un só punto das cuartas nun moi traballado encontro.
Xa na primeira división e logo do excelente comportamento nas dúas fases previas dos equipos celestes, tocaba gozar desta fase de ascenso na que o equipo feminino asinaría un sexto lugar en Alcorcón e os homes o oitavo en Salamanca. Mesma sorte como se agardaba para o equipo da feminino da Gimnástica quen na súa fase de permanencia disputada en Valencia remataría nunha cómoda 4º posición.
Outro dos protagonistas sería o Atletismo Narón que viaxaba ata Madrid nunha empresa nada doada. Pese a elo e tamén nun magnífico encontro de permanencia dos naroneses, rematarían a súa fase de cuartos o que lles permite estar una ano máis nesta categoría xunto os dous conxuntos do Celta e da Gimnástica
Na fase de ascenso a Primeira Divisón o Club Atletismo Santiago que aspiraba a estar na loita directa polo ascenso, tería que conformarse ca quinta posición deixando malia elo, moi boas sensacións ós santiagueses.
Por último na Fase B2 de Primeira División disputado en Durando, o Lucus Caixa Rural Galega que acudía cos seus dous equipos, imporíase na categoría feminina ocupando o segundo lugar na masculino.

Noticias Web FGA .- A pista e a ruta marcaron a axenda para os Sub14 e os Máster

Noticias FGA

A pista e a ruta marcaron a axenda para os Sub14 e os Máster

Ata Santader desprazáronse varios atletas galegos para tomar parte no Campionato de España de 100 km. Na capital cántabra  Ramón Villar do Verxel Nutrición ocuparía o 9º lugar na categoría máster 50 cun rexistro de 10:29:43 o que representa un novo récord galego da súa categoría. Un posto máis abaixo chegaría o representante do Esprintes Ourense José María Levoso que invertiría un tempo de 10:34:04.
Outro foco de atención sería a cidade castelán manchega de Guadalajara sede do Campionato de España Sub14 na que tomarían parte cinco conxuntos galegos.
Na categoría masculina o mellor clasificado sería o C.A. Millaraio que ocuparía o sexto lugar sendo o decimonoveno para a Atlética Lucense. A nivel individual os mellores postos dos galegos corresponderían a Elias Klein da Atlética Lucense 3º nos 3.000 m. marcha con 10:02.24; David Garcia Blanco do Millaraio 5º en altura con 1.53 m. e Daniel Cariñena López do Millaraio 6º en peso con 10.73.
Na clasificación xeral por clubs feminina a mellor posición sería para o A.V.A. no posto decimoterceiro,  vixésimo o RÍA Ferrol – CCA e vixesimosétimo Franciscanos de Lugo
A nivel de actuacións individuais o máis destacado sería o primeiro lugar de  Enma Sihuang Pérez Soto do Franciscanos Lugo en altura con 1.55; Carolina Santos Villalón do A.V.A., 2ª nos 1.000 m. con 3:04.95; Xela Martínez Domínguez do Franciscanos Lugo 3ª nos 1.000 m. con 3:05.98 e Laura Rico Bouza Ría Ferrol – C. Arenal 3º en xavelina con  29.84 m.

Noticias Web FGA .- Bo papel da Selección Sub16 en Avilés

Noticias FGA

Bo papel da Selección Sub16 en Avilés

Excelente balance colleitado pola selección galega Sub16 nesta fin de semana no Campionato de España de Federacións Autonómicas disputado nas pistas avilesinas “Yago Lamela”
Ata alí chegou a Selección para tomar parte no campionato durante o sábado e domingo e na que por parte do equipo femenino o máis salientable sería o récord galego da atleta do ADAS ProinorBelén García Arias quen na proba dos 300 m.v. establecería un rexistro de 43.73. Con esta marca a xoven valor do ADAS sitúase líder do ránking nacional. O relevos 4×300 m. feminino e masculino serían outros dos protagonistas grazas a esos 2:49.85 que constitúen da mesma maneira un novo tope Sub16. As súas artífices serían, Carla Pérez, Carmen González, Natalia Meaños e de novoBelén García.  A maiores compre falar do triunfo de Antía Sestelo na xavelina con 45.67 m. o segundo lugar de Ana Piñeiro na proba de marcha así como os terceiros lugares de Carmen González  nos 1.000 m. e de Victoria Eiríz no peso e na que xunto o resto de actuacións, darían a Galicia a quinta praza nun encontro gañado por Catalunya
O equipo masculino da mesma maneira asinaría unha formidable cuarta posición tras Catalunya, Madrid e Andalucía destacando a nivel xeral o excelente comportamento e rendimento do grupo. Por resultados individuais salientar a Eric Méndez gañador do concurso de martelo, as segundas posicións de Lope Quinteiro nos 1.000 m., Hugo García nos 3.000 m. e de Nicolás Ortega no disco, así como os terceiros postos de Jorge Román nos 300 m. e do equipo de relevos 4×300 m. cuxo cuarteto integrado por Jorge Román, Aleix Díaz, Lope Quinteiro e Daniel Ngwudile acadaría un novo récord galego con 2:27.39. Excelente prestacións do relevo curto dos 4×100 quenes acadarían o terceiro lugar establecendo igualmente un rexistro de 45.74 que supón un novo récord galego da categoría. O relevo estaría formado por Javier Placer, Adrián Villares, Erik Fernández e Aléix Díaz

Noticias Web FGA .- Un Máster de nivel mundial

Noticias FGA

Un Máster de nivel mundial

Nada menos que un récord do mundo, vinteún récords galegos e un sinfín de mellores marcas personais, sería o excelente balance do XXXI Campionato de Galicia de Máster que se desenvolvería o pasado sábado nas pistas do CGTD de Pontevedra.
Moita da xente que se achegou ata as bancadas do estadio, podería gozar do que sen dúbidas foi o mellor de todos cantos campionatos máster se veñen desenvolvendo nestas últimas trinta e unha edicións. Efectivamente este evento viría marcado por unhas importantes cifras récord tanto no que atinxe a resultados, como sobre todo, ó número de participantes que amosa a gran evolución deste colectivo nas probas de pista nos últimos anos.
Si houbera que poñer un título para definir esta cita, este sería o de Pepín Rioseco. De novo este ferrolán de nacemento (1941) protagonizaría a nova do campionato ó acadar nada menos que o récord mundial na proba dos 1.500 m. con 5:11.27 rebaixando en preto de dez segundos a anterior plusmarca. Este fantástico rexistro engádeselle os xa varios récords autonómicos, nacionais e mesmo mundial que ten este atleta do Egovarros, xa que lembramos,  posúe o récord mundial na proba dos 800 m.l. en pista cuberta.
A maiores deste excelente rexistro, Pontevedra presenciaría varios récords galegos que foron os seguintes:
Máster 40: Irene Fernández (A. Narón) en martelo con 6.64 m.
Máster 45: Araceli Salgueiro (Samertolameu) nos 80 valos con 13.59; Juán Caamaño (Marineda A.) nos 100 m. con 11.99;  Basi Bernardez (A Silva) en triplo con 12.58 m.;
Máster 50: Isabel Bermúdez (A Silva) nos 80 valos con 19.80;  José Gonta (A Silva) 100 valos con 17.68; Carlos Alvarez (Val Miñor) en altura con 1.65 m;
Máster 55: Esther Pedrosa (Universidad Santiago C.) nos 1.500 m. con 5:06.15.
Máster 60: Carmen Novo (LUCUS CRG) nos 5.000 m. con 26:28.39; Angeles Rodríguez (A Silva) en altura con 1.05 m.;  José Guimeráns (Samertolameu) na lonxitude con 4.32 m.;
Máster 65: Pilar Marquiz (A. Sada) nos 1500 m. con 6:42.43; Emilia Mesa (Ourense A.) peso con 9.10 m. e disco con 19.54 m. ; Xosé Ferreiro (indep.) nos 100 m. con 14.47;
Máster 70: José Santamaría (A.Barbanza) nos 100 m. con 15.34.
Máster 75: Julio García (Ourense A.) en xavalina con 19.03 m.; Manuel García (ADAS) nos 100 m. con 19.95; Manuel García (ADAS) en lonxitude con 2.37 m.; José Rioseco (Egovarros) nos 1.500 con 5:11.27 (RECORD DO MUNDO).

Páginas

Suscribirse a Ría Ferrol Concepción Arenal RSS