Bos resultado d@s nos@s atletas nun intenso fin de semana

 

"XIII Copa Deputación de Lugo - 1ª Xornada"

Estadio Gregorio Pérez Rivera, Lugo

Sábado 14 de xaneiro de 2023

O sábado celebrouse en Lugo a "XIII Copa Deputación de Lugo - 1ª Xornada", onde o noso club estivo representado por vari@s d@s nos@s atletas.

Na xornada matinal acadaron os seguintes resultados:

  • Irma Veiguela Tizón na proba de 600 ml, acadou unha marca de 1'41"54.
  • Isabel Rodríguez Pérez participou na proba de 800 ml logrando un rexistro de 2'44"68.
  • Adrián Rivadulla Alonso, cruzou a liña de meta na primeira posición nos 800 ml cunha marca de  2'02"30.
  • Olga Sánchez Romar competiu nos 300 ml logrando un rexistro de 49"97.

Na xornada vespertina, a nosa atleta Antía Martínez Queimaño, competiu na proba de 60 mv, onde acadou un rexistro de 9"67 na semifinal e na final logrou unha marca de 9"69, conseguindo o segundo posto das participantes.

 

 

"IV Control Pista Cuberta S.G. Pontevedra - C.A. Sada"

Expourense, Ourense

Sábado 14 de xaneiro de 2023

Na tarde do sábado celebrouse en Ourense o "IV Control Pista Cuberta S.G. Pontevedra - C.A. Sada", ata alí desprazáronse tres atletas do noso club, obtendo os seguintes resultados:

  • Lucía Blanco Méndez na proba de 60 mv logrou unha marca de 9"42.
  • Alicia Barreiro López competiu nos 400 ml acadando un rexistro de 58"67, o que supon a marca mínima para participar no Campionato de España de Pista Cuberta Sub18.
  • Xiana Lago Andrade participou na proba de peso realizando un lanzamento de 12.80 m.                                                                                                        
  • Resultados                                                           

 

 

"Málaga Indoor Match 2023"

Antequera, Málaga

Sábado 14 de xaneiro de 2023

En terras malagueñas, a nosa atleta Ana Carvajal Herrera, representou ó noso club na "Málaga Indoor Match 2023" competindo na proba dos 1500 ml onde acadou un rexistro de 4'49"23

 

 

"Reunión FAM 3"

Centro Deportivo Municipal Gallur, Madrid

 Sábado 14 de xaneiro de 2023

A pista cuberta de Gallur, acolleu a "Reunión FAM 3" onde a representante do noso club, Diana Jiménez Guerrero, logrou un rexistro de 3.61 m na proba de pértiga

 

 

"II Control de Invierno FCA" 

Complexo Deportivo Ruth Beitia, Santander 

Sábado 14 de xaneiro de 2023

O "II Control de Invierno FCA", celebrado o sábado pasado en Santander, contou coa presenza da nosa atleta Rocío Díaz Granda que competiu na proba de altura logrando un salto de 1.63 m.

 

 

"Campeonato Autonómico de Combinadas Abs-Sub23-Master PC 2023"

Velódromo Luis Puig, Valencia 

Sábado 14 de xaneiro de 2023

O velódromo Luis Puig, en Valencia, foi a sede do "Campeonato Autonómico de Combinadas Abs-Sub23-Master PC". A atleta do noso club Celia Muñoz de Morales Castro tomou parte na proba de 60 ml, facendo un rexistro de 7"96.

 

 

"LXXXVII Campionato Xunta de Galicia Absoluto de Campo a Través Individual, Sub23 e Sub20"

Xinzo de Limia, Ourense

Domingo 15 de xaneiro de 2023

Na mañá do domingo tivo lugar a celebración do "LXXXVII Campionato Xunta de Galicia Absoluto de Campo a Través Individual, Sub23 e Sub20" nas instalacións do hipódromo de Antela, na localidade ourensá de Xinzo de Limia.

A representación do noso club estivo formada por Sofía Fernández Castro que acadou a terceira posición na categoría absoluta, e na categoría Sub20 as atletas Ararat Pazos Meixus, que logrou a oitava posición e Carolina Santos Villalón que non puido rematar a proba.

 

 

"XXXIX Carreira Popular San Xiao" 

Ferrol, A Coruña

Domingo 15 de xaneiro de 2023

As rúas de Ferrol foron de novo o escenario da celebración da clásica proba popular "XXXIX Carreira Popular San Xiao", que está incluida no Circuito Escolar Ferrolán de Carreiras Populares e Campo a Través .

Un total de corenta das nosas "balitas vermellas" participaron nesta proba, logrando unha destacable actuación. Os resultados acadados son os seguintes:

Categoría Sub16

  • Irma Veiguela Tizón 1ª posición.
  • Olga Sánchez Romar 14ª posición.
  • Idaira Maceiras López 19ª posición.

Categoría Sub14

  • Alejandro Soto Montes de Oca 11ª posición.
  • Marta Cuadrado Dorrio 15ª posición. 
  • Edurne López Cordero 19ª posición.
  • Bárbara Requejo Regal 26ª posición.
  • Alba Bonome Pereda 28ª posición.
  • Sara Martínez Campos 29ª posición.
  • Sara Fernández Rodriguez 31ª posición.

Categoría Sub12

  • Hugo Veiguela Tizón 3ª posición.
  • Fernando Arias Vázquez 16ª posición.
  • Juanra Martínez Rodríguez 19ª posición. 
  • Asier San Emeterio Carballeira 36ª posición.
  • Ángel Martínez Yáñez 41ª posición.
  • Laura Fernández Pérez 12ª posición.
  • Cecilia Fernández Pérez 17ª posición.
  • Cayetana Rey Dobarro 21ª posición.
  • Julia Peñas Moriceau 23ª posición.
  • Lara Pita Cereijo 24ª posición.
  • Sara Lema Gosset 27ª posición.
  • Aroa Goti Vidal 35ª posición.
  • Uxía Santana López 44ª posición.

Categoría Sub10

  • Hugo Cajamarca Díaz 27ª posición.
  • Xoel Regueiro González 29ª posición.
  • Mario López Piñón 32ª posición.
  • Leo Garabana Rey 41ª posición.
  • Paula Rascado Piñeiro 31ª posición.
  • Noelia San Martín Martínez 33ª posición.

Categoría Sub8

  • Roi Agra Pita 11ª posición.
  • Lucas Ramos Santamaría 13ª posición.
  • Ezequiel Otero Méndez 44ª posición.
  • Héctor Fernández Rodríguez 68ª posición.
  • Miguel Rivera Díaz 69ª posición.
  • Neizan Cabaleiro Fernández 70ª posición.
  • Luka Domínguez Rojas 71ª posición.
  • Mario Ramos López 72ª posición.
  • Javier Pita Torreiro 73ª posición.
  • Daniela Varela Pardo 5ª posición.
  • Sofía Rey López 10ª posición.

 

¡Parabéns a tod@s!

Fin de semana con pista, ruta e campo a través

"XIII Copa Deputación de Lugo – 1ª Xornada"

Lugo

Sábado 14 de xaneiro de 2023

O sábado celébrase en Lugo a 1ª Xornada da Copa Deputación, onde o noso club estará representado por Adrián Rivadulla e Isabel Rodríguez nos 800 ml, Irma Veiguela nos 600 ml, Olga Sánchez nos 300 ml e Antía Martínez na proba de 60 mv.

TABLON DE FICHAJES

O Club está buscando para reforzar o equipo de D.H Femenino nas seguintes disciplinas:

  • 100 ml
  • 200ml
  • 400ml
  • 1500ml
  • 3000ml
  • 3000obs
  • 100 mv
  • Triplo
  • Lonxitude
  • Martelo 
  • Peso   

​Todos aqueles atletas interesados contactar no correo riaferrol@hotmail.com ou Tlf 650902410

A Coruña acolle o Campionato Xunta de Galicia absoluto esta fin de semana

As Pistas Universitarias de Elviña (A Coruña) acollerán o Campionato Xunta de Galicia Absoluto ao longo do sábado 23 de xullo. Ata alí desprazaranse seis atletas do noso clube.

Na proba de 800ml competirá Carmen Carrera, mentres que Lucía Sicre tomará a saída nos 400ml.
En 100mv e 200ml estará presente Antía Martínez. Asimismo, Lia Caride loitará nos 200ml e 400ml.
Na proba de lanzamento de xavelina estará Laura Rico e na proba de lanzamento de peso e disco competirá Xiana Lago.

¡Moitisima sorte para as nosas!

Xiana Lago viaxa a Munich coa selección española

 
No dia de onte levamos unha alegría ao coñecer que a nosa lanzadora Xiana Lago é convocada para participar no encontro internacional sub20 coa selección española que disputarán as seleccións de Alemania, Austria, Suiza e España na localidade alemana de Munich o próximo día 13 de agosto.
 
Toca disfrutar dunha nova experiencia.
¡Parabéns, Xiana!

Unha medalla de prata e un posto de finalista no Campeonato de España sub20

A pasada fin de semana disputouse o Campeonato de España sub20 de aire libre na localidade valenciana de Torrent onde están a participar tres atletas do clube.

Por un lado, Ona Alonso competiu na proba de 800ml onde acabou en 3ª posición da sua semifinal cun tempo de 2:18.00, quedándose ás portas de clasificarse para a final.

Xiana Lago proclamouse subcampioa de España sub20 en lanzamento de peso cun mellor lanzamento de 12.52m.

E, por último, Paula González competiu nos 100 metros valos conseguindo a 5ª posición na final cun tempo de 14"59.

¡Parabéns, chicas!

A pasada fin de semana Santander foi o epicentro do atletismo nacional sub23

A pasada fin de semana tivo lugar o Campeonato de España sub23 al aire libre onde, por un lado, Irene Barreiro estivo presente nas semifinais de 800ml conseguindo a 6ª posición da sua serie cunha marca de 2:17.46.

Por outra banda, Lia Caride competiu nas semifinais dos 400 metros valos quedando en 7ª posición da sua serie cun tempo de 1:08.83.

¡Parabéns, chicas!

Exitosa fin de semana para as nosas atletas

Ao longo desta fin de semana a localidade gaditana de Jerez de la Frontera acolleu o Campeonato Nacional sub18 ata onde desprazáronse tres atletas do clube.

Por un lado, Alicia Barreiro conseguiu o pase directo á final dos 400ml tras acadar a 2ª posición na súa semifinal cun tempo de 56''76 quedándose a tan só 1 centésima do récord galego. Xa na final, quedou en 8ª posición cunha marca de 57''54.

Por outro, Ricardo Negrete competiu na proba de 1500ml onde acadou a 9ª posición na súa semifinal cun tempo de 4:06.68, mentres que na categoría feminina, Carolina Santos rematou en 7ª posición da súa semifinal cun tempo de 4:55.77. Ambos os dous non poideron clasificarse para á final.

Ademáis, o sábado disputouse a "6ª e 7 ª Xornada  Coruña Corre en Pista ao Aire Libre" onde Adriana Suárez acadou 4ª posición en lanzamento de martelo (3kg) realizando marca persoal cun lanzamento de 28.29m, mentres que a súa compañeira  Marta Gómez rematou en 8ª posición cunha marca de 24.24m.

Na proba de 300ml Aldara Ruiz rematou en 5ª posición cunha marca de 47''01 e Noa Grandal finalizou en 13ª posición cun tempo de 52''27.

En 400ml Adrián Rivadulla finalizou en 1ª posición cunha marca de 52''37, o que supón nova marca persoal.

Antía Martínez competiu na proba de 100mv quedando en 2ª cunha marca de 15''28 e, en 200ml, conseguiu tamen a 2ª posición cun registro de 27''21. Na mesma proba, María Blanco rematou en 7ª posición con 29''60.

E, por último, na proba de lanzamento de xavelina 600g Laura Rico rematou en 2ª posición cun lanzamento de 33.72m.

Ao mesmo tempo, en Gavá disputouse a 5ª Reunió de Velocitat Ciutat de Gavà onde estivo presente Ona Alonso na proba de 800 ml, conseguindo a 4ª posición cunha marca de 2:17.43. Mentras tanto, a localidade portuguesa de Braga celebrou o Meeting de Braga 2022 ata onde se desprazou Lia Caride para competir nos 400 metros valos, onde acadou a 9ª posición cun rexistro de 1:05.60.

Por outra banda, Albacete celebrou o seu Meeting Internacional onde as nosas cores estiveron representadas por Celia Muñoz na proba de 100ml onde finalizou en 5ª posición na súa semifinal cun tempo de 12''18 conseguindo o pase para a final, onde rematou tamén en 5ª posición cunha marca de 12''12.

E, como broche final a este sábado, Pontevedra acolleu aos mellores atletas sub23 de Galicia coa disputa do Campionato Xunta de Galicia sub23 onde a nosa atleta Lucía Sicre finalizou en 2ª posición nos 400ml cun tempo de 1:00.73. Así mesmo, Xiana Lago competiu fora de concurso na proba de lanzamento de peso conseguindo o triunfo cunha marca 12.08m.

Trasladándonos ao domingo, na xornada matinal tivo lugar o "Campeonato Asturiano Absoluto" na localidade asturiana de Gijón. Talía Mara Pérez competiu na proba de 200ml onde conseguiría unha nova marca persoal nas semifinais de 24''31 quedando na 2ª posición e conseguindo o pase directo á final. Xa na final, conseguiu facerse co título de campioa asturiana parando o crono en 24''55. Por outra parte, na proba de lanzamento de martelo (4kg) María Olives proclamouse tamén campioa asturiana cun mellor lanzamento de 49.38m tras realizar un bo concurso, mentres que a súa compañeira Lucía Majo tivo que conformarse coa 6ª posición tras un mellor lanzamento de 29.81m.

E, como colofón a este fin de semana, a nosa atleta Marina Bagur conseguiu unha magnífica 3ª posición no "Campeonato de España de 5km en Ruta" celebrado en Paterna cun tempo de 16:58.