Noticias Club

Primeira gran cita ao aire libre para os intereses dos nosos atletas sub18 coa disputa do Campionato Galego

"Jornadas salto con pértiga"

Vallehermoso (Madrid)

Venres 20 de maio de 2022

No día de hoxe celébrase as "Jornadas salto con pértiga" nas pistas de atletismo de Vallehermoso, en Madrid, onde competirá a nosa saltadora Diana Jiménez Guerrero.

"4ª Xornada Coruña Corre en Pista"

Pistas Universitarias de Elviña (A Coruña)

Sábado 21 de maio de 2022

O sábado en xornada vespertina dispútase a 4ª Xornada Coruña Corre en Pista" nas pistas de Elviña onde teremos presenza departamental.

Antía Martínez Queimaño competirá na proba de 300 metros valos, mentres que a súa compañeira Lía Caride Arufe o fará nos 200 metros lisos. Así mesmo, en peso 3kg teremos a presenza de Jana Cano Grueiro e Laura Castro Pereira , mentres que Marta Gómez Pico e Adriana Suárez López lanzarán na proba de martelo 3kg.

"Control"

Pistas de las Mestas (Gijón)

Sábado 21 de maio de 2022

Na tarde do sábado terá lugar un control dentro do Campeonato Asturiano sub18 e de combinadas onde na proba de lanzamento de martelo (4kg) participará a nosa atleta Lucía Majo Villegas.

 

"Campionato Xunta de Galicia Individual sub18"

Pistas de atletismo do CGTD (Pontevedra)

Domingo 22 de maio de 2022

Ao longo do día 22 disputaráse o "Campionato Xunta de Galicia sub18" onde contaremos cunha amplia representación tanto en categoría masculina como feminina.

Por un lado, en categoría masculina, na proba de 800ml estarán presentes Adrián Rivadulla Alonso e Ricardo Negrete Barrioluenga. En 1500ml tomarán a saída Sergio Fernández Rafales, Joel Novoa Gayoso Diego Sánchez Aneiros. E, na proba dos 3000ml participará Mohammed Kassimi Idrissi.

En categoría feminina, Lucía Blanco Méndez disputará os 400 metros valos, mentres que Alicia Barreiro López estará nos 400 metros lisos. Carolina Santos Villalón competirá nos 800 ml Carmen Carrera Veiga fará o mesmo nos 1500ml. Laura Rico Bouza tomará parte nas probas de lanzamento de xavelina (500 gr) e disco (1kg), mentres que Marina Pajón Area fará o menos na proba de martelo (3kg) 5km marcha.

"1ª Xornada Municipal 2022"

Pistas de atletismo de Balaídos (Vigo)

Domingo 22 de maio de 2022

O domingo pola tarde terá lugar a "1ª Xornada Municipal 2022" de Vigo, onde estarán presentes tres atletas do noso clube.

Por un lado, Xiana Lago Andrade competirá na proba de Peso 3kg e, por outro lado, Lía Caride Arufe estará presente na proba de 200ml onde tamén estará Lucía Sicre Maside, que tamén estará na saída dos 800 metros lisos.

Marta Pla súmase á lista e non quere perderse o nacional absoluto

Boas noticias as que nos chegan dende Mataró, localidade catalana que celebrou onte un control absoluto onde a nosa atleta Marta Pla Botella conseguiu o billete directo para o campionato de españa absoluto  na proba de 800 metros lisos ao parar o crono en 2:07.00, o que significa unha nova marca persoal para ela.

Así mesmo, Elena Llobera Miró volve a superar unha vez máis a franxa dos 6 metros na proba de lonxitude ao saltar 6.13m, moi preto da súa marca persoal. 

¡Noráboa chicas!

As nosas atletas seguen coa súa posta a punto en Pontevedra

Hoxe celebrouse en Pontevedra o XLVI Trofeo S.G. Pontevedra onde o noso clube estivo presente da man de Carmen Carrera Veiga na proba de 800 metros lisos onde conseguiu facerse coa victoria cunha marca de 2:23.54, mentres que nos 200ml Lía Caride Arufe obtivo a 4ª posición cun tempo de 27''47, conseguindo así a súa mellor marca da tempada. Asimesmo, Iria Rivas Iglesias estivo presente nos 3km marcha conseguindo a victoria cun rexistro de 14:14.96, a súa nova mellor marca persoal.

¡Noráboa chicas!

Unha nova mínima nacional acadada en Lugo esta fin de semana

O sábado celebrouse en Lugo o "43º Memorial Gregorio Pérez Rivera - II Trofeo Mariano Castiñeira" onde tivemos representación departamental.

Por un lado, Ricardo Negrete competiu nos 1500 ml acadando a primeira posición cunha marca de 4:02.50, obtendo así o billete directo para o campionato nacional sub18. Na mesma proba competiron Joel Novoa e Diego Sánchez quedando en 17ª e 20ª posición, respectivamente, cunhas marcas de 4:33.79 4:54.66. En 22ª posición rematou Sergio Fernández cunha marca 5:12.89.

Na proba de 5000ml Mohammed Kassimi non pudo rematar a proba e tivo que abandonar.

¡Noráboa chicos!

A boa actuación das nosas balas na II Xornada de Liga déixanos varias marcas persoais e un pasito máis cerca de manter a máxima categoría nacional un ano máis

Esta fin de semana as nosas balas vermellas desprazáronse a terras valencianas onde celebrouse a II Xornada da Liga Iberdrola de División de Honra na localidade de San Sebastián.

A nivel individual as nosas atletas conseguiron os seguintes resultados:

  • Na proba de 100ml Talia Mara rematou en 3ª posición cun tempo de 11’’98 o que supón mellor marca da tempada. A súa compañeira, Celia Muñóz, acabou en 5ª posición realizando mellor marca persoal parando o crono en 12’’25.
  • Nos 200ml Talia Mara conseguiu a 3ª posición cun tempo de 24’’71 e a súa compañeira Inés Celorio rematou no 7º posto cunha marca de 26’’14.
  • En 400ml, Laura Alonso cruzou a liña de meta en 5ª posición cunha marca de 57’’34, mentres que Alicia Barreiro o fixo no posto 6 cun rexistro de 57’’88, estableciendo así unha nova marca persoal.
  • Na proba de 800ml Marta Pla conseguiu o 3er posto parando o crono en 2:10.71Asimesmo, Ona Alonso cruzou a liña de meta en 6ª posición cunha marca de 2:16.68, o que supón unha nova marca persoal.
  • En 1500ml a victoria sería para Irene Bonafonte cunha marca de 4:32.14 mentres que Irene Barreiro  acabou en 5ª posición cun tempo de 4:42.43, realizando así a marca mínima que lle da acceso directo ao campionato de España sub23.
  • En 3000ml competiron Silvia Guerra Carolina Santos conseguindo a 5ª e 7ª posición parando o crono en 10:13.95 11:04.59, respectivamente.
  • En 100 metros valos Paula González rematou en 2ª posición cun tempo de 14’’29 e Antía Martínez rematou en 7ª posición cunha marca de 18’’02.
  • En 400 metros valos, Lía Caride rematou na a 4ª posición parando o crono en 1:06.11 e Lucía Blanco cruzou a liña de meta en 5ª posición cunha marca de 1:07.26, o que supón nova mellor marca persoal.
  • Na proba de 3000m obstáculos Marina Bagur rematou en 3ª posción parando o crono en 10:42.73 mentres que Sofía Fernández quedou en 8ª posición cun tempo de 11:49.61.
  • Na proba de salto de altura, Rocío Díaz conseguiu a 3ª posición cunha marca de 1.66m Karolina Puchmertlova finalizou en 7ª posición cun salto de 1.30m.
  • En salto con pértega, Diana Jimenez realizou un salto de 3.80m quedando en 2ª posición e estableciendo así una nova marca persoal. A su vez, María Blanco conseguiu a 8ª posición cun salto de 2.60m, convertíndose tamén na súa mellor marca persoal.
  • Na proba de lonxitude, Elena Llobera rematou en 2ª posición cun salto de 6.17m, conseguindo billete directo para o campionato nacional absoluto, mentres que Yaiza Sanz tivo que conformarse coa 8ª posición cunha marca de 5.20m.
  • No triplo salto, Diaou Diallo conseguiu a 2ª posición ao saltar 12.64m, Eva Fernández acabou en 8ª posición cunha marca de 10.83m.
  • En lanzamento de peso Xiana Lago rematou en 3ª posición ao lanzar o artefacto ata os 12.56m, mentres que María Oliva rematou en 7ª posición cunha marca de 9.94m.
  • Na proba de disco, Iris de Castro finalizou en 2ª posición cunha marca de 40.22m Xiana Lago rematou en 5ª posición cun lanzamento de 37.75m.
  • En lanzamento de martelo, María Oliva acabou en 3ª posición lanzando o martelo ata os 44.67m e Iris de Castro conseguiu a 6ª posición cun lanzamento de 24.83m.
  • Na proba de xavelina Laura Rico rematou en 5ª posición cun lanzamento de 35.16m, nova mellor marca persoal, mentres que a súa compañeira Karolina Puchmertlova rematou en 6ª posición cunha marca de 33.96m.
  • Nos 5km marcha Iría Rivas finalizou en 3ª posición cunha marca de 24:27.67, o que supón nova marca persoal, e Marina Pajón acabou en 7ª posición cun rexistro de 29:25.86.
  • Na proba de relevos de 4x100m o relevo formado por Yaiza Sanz, Inés Celorio, Paula González Celia Muñoz rematou en 4ª posición cun tempo de 48’’64.
  • Na proba de 4x400m o relevo formado por Laura Alonso, Marta Pla, Irene Barreiro e Irene bonafonte rematou en 3ª posición cun tempo de 3:51.26.

Así mesmo, na clasificación xeral por equipos e grazas ao boa actuación realizada por todas elas o noso clube acadou a 3ª posición con 157 puntos.

¡Noráboa chicas!

II Xornada Liga Iberdrola de División de Honra

Esta fin de semana as nosas balas viaxan ata Castellón para disputar a II Xornada da Liga Iberdrola de División de Honra onde loitarán contra o Playas de Castellón, Avinent Manresa e o Atletismo Alcorcón.

Imos con todo. ¡Moita sorte chicas!

A nosa canteira consegue bos resultados na última xornada de Atletismo en Pista de en categorías menores de XOGADE

O sábado 30 de abril dispoute a 3ª Xornada de Atletismo en Pista de categorías menores en Coruña onde a nosa canteira obtivo os seguintes resultados.

En categoría sub10:

  • Sarah Lema e Noa Bermejo competiron nos 1000m marcha quedando en 3ª e 4ª posición respectivamente cun tempo de 10:04.40 e 10:45.05.
  • Na proba de salto de lonxitude feminina competiron Laura Fernández  quedando en 4ª posición cunha marca de 2.62m. En categoría masculina, na final C Marcos Mauriz fíxose co 1º posto cun salto de 2.95m, mentres que o seu compañeiro Fernando Arias acadou a 5ª posición cunha marca de 2.17m.
  • Na proba de salto de altura feminina Noelia Cabrero e Sarah Lema acadaron a 2ª e 3ª posición cunha marca de 0.85m e 0.80m, respectivamente. En categoría masculina, Lucas Jiménez quedou en 2ª posición cun salto de 1m mentres que o seu compañeiro Martín Castiñeira acabou e 7ª posición cunha marca de 0.95m.
  • Na proba de 50m femininos competiron Noa Bermejo e Noelia Cabrero facendo as dúas unha marca de 10’’12 e quedando en 21ª posición. Asimismo, Uxía Santana acabou en 27ª posición cun rexistro de 10’’54. En categoría masculina, Lucas Jiménez e Marcos Mauriz entraron en 2ª e 3ª posición cunha marca de 8’’57 e 8’’58, respectivamente. Juan Ramón rematou en 13ª posición cunha marca de 9’’23 e Fernando Arias acadou a 17ª posición cunha marca de 9’’30.
  • En lanzamento de peso feminino Uxía Santana acabou en 9ª posición cun lanzamento de 3.15m. En categoría masculina, Diego couselo fíxose coa 3ª posición cunha marca de 4.46m e Juan Ramon quedou en 9ª posición cun lanzamneto de 3.46m.
  • En 500ml Martín Castiñeira acadou o 3º posto cunha marca de 1:54.03.
  • Na proba de 1000ml femininos Laura Fernández acabou en 3ª posición cun rexistro de 4:15.80, mentres que na proba masculina Daniel Fachal acabou en 10ª posición cunha marca de 4:13.56.
  • O relevo feminino de 4x50m conseguiu a 4ª posición cunha marca de 40’’02. O equipo masculino acadou a mesma posición cun tempo de 37’’79.

En categoría sub12:

  • En triatlón femenino participaron Claudia Garrido conseguindo a 4ª posición cunha puntuación de 417, Carla Rioseco en 11ª posición con 312 puntos e Adriana Sedes en 16ª posición con 276 puntos.

En categoría sub14:

  • Na proba de 80ml Marta Cuadrado conseguiu a 6ª posición cun tempo de 11’’05, Olga Sánchez acabou en 13ª posición cunha marca de 12’’41, Irene García rematou en 19ª posición cun rexistro de 12’’78.
  • Na proba de lonxitude Irene García finalizou en 8ª posición cun salto de 3.50m.
  • En 500ml Carmen Díaz rematou en 9ª posición cun tempo de 1:39.69.
  • Na proba de 1000ml feminino Irma Veiguela conseguiu a 1ª posición cunha marca de 3:11.90 e en categoría masculina Brais Troitiño rematou en 5ª posición cun tempo de 3:53.01.
  • Na proba de 150ml Irma Veiguela rematou en 1ª posición cunha marca de 20’’44, Olga Sánchez finalizou en 14ª posición cun tempo de 23’’35, Marta Cuadrado acabou con 23’’84 en 21ª posición, Irene García conseguiu un tempo de 23’’80 acadando a 19ª posición, Edurne López rematou en 31ª posición cun tempo de 24’’95 e Sara Martínez conseguiu a 29ª posición cun tempo de 24’’71.
  • En lanzamento de xavelina Olga Sánchez conseguiu a 4ª posición cunha marca de 16.26m.
  • En tetratlón, Adriana Castiñeira acabou en 1ª posición cunha puntuación de 1187 puntos, Daniela Calvo rematou en 2ª posición cunha marca de 1067 puntos e Eugenia Baeza rematou en 4ª posición con 778 puntos.

¡Noráboa chic@s!

 

As nosas guerreiras non deixaron de loitar na I Xornada de División de Honra

O fin de semana pasado as nosas balas vermellas desprazáronse a terras vascas onde celebrouse a I Xornada da Ligar Iberdrola de División de Honra na localidade de San Sebastián.

A nivel individual as nosas atletas conseguiron os seguintes resultados:

  • Na proba de 100ml Talia Mara e Celia Muñóz acadaron a 3ª e 4ª posición, respectivamente, cuns tempos de 12’’19 e 12’’47.
  • Nos 200ml Talia Mara conseguiu a 2ª posición cun tempo de 24’’50 e a súa compañeira Inés Celorio rematou no 7º posto cunha marca de 25’’96.
  • En 400ml, Laura Alonso cruzou a liña de meta en 5ª posición cunha marca de 58’’49, mentres que Alicia Barreiro o fixo no posto 7 cun rexistro de 58’’96.
  • Na proba de 800ml Marta Pla conseguiu o 3er posto mellorando a súa marca persoal ao parar o crono en 2:08.98. Asimesmo, Ona Alonso cruzou a liña de meta en 7ª posición cunha marca de 2:19.86.
  • En 1500ml a victoria sería para Irene Bonafonte cunha marca de 4:36.18 mentres que Silvia Guerra  acabou en 7ª posición cun tempo de 4:49.42.
  • En 3000ml competiron Carolina Santos e Irene Bonilla conseguindo a 6ª e 7ª posición parando o crono en 10:52.34 e 11:08.75, respectivamente.
  • En 100 metros valos Paula González rematou en 2ª posición cun tempo de 14’’08, conseguindo así a mínima para o campionato de España sub20 e absoluto. Por outro lado, Antía Martínez non tivo un bo día e foi descalificada.
  • En 400 metros valos, Lucía Rivadulla e Lía Caride ocuparon a 7ª e 8ª posición parando o crono en 1:07.68 e 1:08.85, respectivamente.
  • Na proba de 3000m obstáculos Marina Bagur faríase coa victoria parando o crono en 10:51.73 mentres que Sofía Fernández quedou en 4ª posición cun tempo de 11:32.24.
  • Na proba de salto de altura, Rocío Díaz e Karolina Puchmertlova finalizaron en 7ª e 8ª posición cun salto de 1.55m e 1.40m respectivamente.
  • En salto con pértega, Diana Jimenez realizou un salto de 3.45m quedando en 4ª posición e, a su vez, María Blanco conseguiu a 7ª posición cun salto de 2.40m.
  • Na proba de lonxitude, Elena Llobera rematou en 2ª posición cun salto de 5.96m, mentres que Yaiza Sanza tivo que conformarse coa 8ª posición cunha marca de 5.15m.
  • No triplo salto, Diaou Diallo conseguiu a 2ª posición ao saltar 12.66m, e Eva Fernández acabou en 8ª posición cunha marca de 10.68m.
  • En lanzamento de peso Xiana Lago rematou en 3ª posición ao lanzar o artefacto ata os 11.37m, mentres que Karolina Puchmertlova rematou en 5ª posición cunha marca de 10.48m.
  • Na proba de disco, Iris de Castro e Xiana Lago remataron en 4ª e 8ª posición cuns lanzamentos de 38.32m e 28.53m, respectivamente.
  • En lanzamento de martelo, María Oliva acabou en 5ª posición lanzando o martelo ata os 44.31m e Lucía Majo conseguiu a 8ª posición cun lanzamento de 28.48m.
  • Na proba de xavelina Ivanna Carolina rematou en 6ª posición cun lanzamento de 32.84m mentres que a súa compañeira Antía Sestelo rematou en 7ª posición cunha marca de 31.59m.
  • Nos 5km marcha Iría Rivas finalizou en 3ª posición cunha marca de 24.56.93 e Marina Pajón acabou en 7ª posición cun rexistro de 28:49.73.
  • Na proba de relevos de 4x100m o relevo formado por Yaiza Sanz, Inés Celorio, Antía Alcalde e Celia Muñoz rematou en 4ª posición cun tempo de 49’’90.
  • Na proba de 4x400m o relevo formado por Lucía Rivadulla, Marta Pla, Ona Alonso e Irene bonafonte rematou, tamén, en 4ª posición cun tempo de 4:00.34.

Así mesmo, na clasificación xeral por equipos e grazas a o sacrificio realizado por todas elas o noso clube acadou a 3ª posición con 136 puntos.

¡Noráboa chicas!

Catro localidades españolas contarán coa presenza de atletas do clube nas súas respectivas competicións

"Campionat de Catalunya Universitari"

Lleida

Sábado 23 de abril de 2022

O sábado en xornada matinal dispútase o Campionato universitario catalán en Lleida onde estará competindo a nosa atleta Ona Alonso Camps na proba de 800ml.

"Control"

Gijón

Sábado 23 de abril de 2022

Este sábado celébrase un control na localidade asturiana de Gijón onde teremos a participación de Rocío Díaz Granda nas probas de 100 metros valos salto de altura e Lucía Majo Villegas na proba de martelo (4kg).

"Control FGA de Marcha Aire Libre"

Ourense

Sábado 23 de abril de 2022

Na xornada matinal do sábado ten lugar un Control FGA de Marcha onde teremos a presenza de Iria Rivas Iglesias na proba de 5km marcha.

"IX Liga Cántabra de Atletismo"

Santander

Domingo 24 de abril de 2022

O domingo dispútase a "IX Liga Cántabra de Atletismo" onde formará parte da proba de salto de lonxitude a nosa atleta Rocío Díaz Granda.

Tres anos despois, o Club Atletismo Ría Ferrol tivo unha gran representación na XXVII Gala do Deporte Ferrolán

O Auditorio de Ferrol acolleu este xoves a XXVII Gala do Deporte Ferrolán onde foron recoñecidas as traxectorias deportivas dos mellores deportistas da nosa cidade nos anos 2019, 2020 e 2021.

Tras tres anos de ausencia derivada da situación sanitaria, volvimos a vestirnos de gala nunha tarde fascinante para o noso clube, xa que ata nove galardóns foron recollidos polos nosos atletas.

Como mellores atletas do ano 2019 foron premiados Laura Rico e Martín Rodríguez. Así mesmo, a Diaou Diallo otorgáronlle o premio á mellor deportista promesa.

En relación coa tempada 2020, os mellores atletas recoñecidos polo Concello foron Marina Pajón e Adrián Rivadulla. Ademáis, Laura Rico conseguiu o premio á mellor promesa, grazas ao seu título de campioa de España de xavelina en lanzamentos de menores.

E, por último, no 2021 como mellores atletas foron recoñecidos Ricardo Negrete e Alicia Barreiro. Ademáis, Diaou Diallo conseguiu alzarse coa Carabela de Plata convertíndose así na mellor deportista ferrolá do ano.

Dende o Club Atletismo Ría Ferrol gustaríanos felicitar a todos os galardoados e, en especial, aos nosos deportistas.

¡Noráboa chic@s!

Páginas

Suscribirse a RSS - Noticias Club