Enviado por RIA el Dom, 12/26/2021 - 22:58
Acércase o final de tempada e, a escasos días de rematar o ano e tras a visita de Papá Noel, anunciámosvos boas novas de cara a tempada que vai comezar en forma de fichaxes. Incorpóranse ao club as seguintes atletas:
- Nas probas de velocidade e lonxitude estará connosco Yaiza Sanz.
- Marina Bagur na proba dos obstáculos.
- En mediofondo contaremos coa presenza de Ona Alonso Camps.
- Nos 400m e 800m temos a Marta Pla Botella.
- Irene Bonilla Segura en 800m e 1500m.
- E en fondo teremos á galega Carmen Carrera, xuvenil de primer ano.
¡Desexamos unha boa tempada para todas elas!
Por outra parte, despedímonos de Paulette N. Fernández Ngo, Inés Bereijo Albo, Cristina Regalón, Nuria Montala, Candela Díaz Rivas e Nerea Iglesias Barbazan que ao finalizar esta tempada xa non seguirán defendendo as nosas cores. Dende aquí desexarlle moítisima sorte a cada unha de elas no seu futuro e agradecer a confianza posta na nosa entidade, así como, a súa dedicación e profesionalidade. ¡Vémonos no tartán!
Enviado por RIA el Dom, 12/26/2021 - 22:35
"Circuito Deputación da Crouña probas en pista 2021"
Noia
Domingo 26 de Decembro de 2021
Hoxe pola mañana disputouse en Noia a proba correspondente ao "Circuito Deputación da Coruña" onde participou o noso atleta Bruno Castro Pereira nas probas de lonxitude e 60ml. Na proba do foso acadou unha marca de 3.55m e na proba de velocidade conseguiu unha marca de 8.8s.
Enviado por RIA el Dom, 12/19/2021 - 20:50
"44º Trofeo Campo a Través San Miguel de Oia"
San Miguel de Oia, Vigo
Domingo 19 de Decembro de 2021
Hoxe pola mañá disputouse o "44º Trofeo Campo a Través San Miguel de Oia" onde tivemos representación da nosa canteira.
Irma Veiguela Tizón acadaría o segundo posto sub14 tras percorrer, aproximadamente, 1km e medio, mentres que Hugo Veiguela Tizón faría o mesmo na categoría sub10 sobre unha distancia de 700m aproximadamente.


